30 abril 2026

Unhas semanas moi variadas!!

Ola peques e familias!! 
Estas semanas estan sendo realmente variadas e interesantes!! Aínda non rematamos de contarvos todas as actividades que Libria organizou para a SEMANA DO LIBRO!! No seu blog podedes coñecelas!!
Ademais, xa estamos lendo o libriño que nos deixou para estar ben preparados/as para o ESPECTÁCULO ao que acudiremos todo o cole no auditorio o próximo venres!! Que nervios e que ilusión!! A historia de Begoña Caamaño estanos encantado!! Tanto que estamos realizando actividades sobre o conto!! Mirade que ilustracións están xurdindo e que actividade tan creativa, de atención e relaxación sobre uns personaxes do conto!!
Tamén nestes días seguimos a tope coas MATES!! As GRÁFICAS resúltannos moi motivadoras!! Xa practicaramos nas semanas da froita e agora toca aprender máis!! 
Encantounos realizar unha gráfica sobre os contos que cada un/unha de nós escolleu entre os da MOCHILA VIAXEIRA que, por certo, xa rematou as súas viaxes!! Que peniña nos deu!! Foi unha actividade especial!! Unha vez feita, rexistramos o traballo na nosa libreta!!
Seguindo coas mates, comezamos a SUMAR LEVANDO, a realizar sumas de tres números e cun novo RETO para os/as encargados/as!! Trátase dos CRUCINÚMEROS que xa levamos tempo practicando pero que agora se convertiron en reto diario ao chegar!!
 Encántanos este RETO MATEMÁTICO, así que aquí vos quedan uns xogos para practicar en familia cunha axudiña!!
Neste debedes adiviñar o número antes de pulsar!!
Tamén continuamos coa ROBÓTICA, cada vez con retos máis complicados e interesantes!! Xa somos uns expertos/as!! Estamos moi centrados/as agora no reforzo da LATERALIDADE!! 
Xa vedes que estamos moi atarefados/as!! Agora toca descansar uns diíñas para coller forzas para o final do trimestre!! 
Apertas traballadoras!!

29 abril 2026

Día internacional da danza!!

 Ola peques e familias!! 
Hoxe é o DÍA INTERNACIONAL DA DANZA e os/as peques e a profe de música Patri aliáronse para sorprendernos a todos/as os/as mestres/as do cole que non sabiamos nada!! Nun momento da mañá comezou a soar unha canción que daba o sinal de que debiamos baixar todo o cole ao patio a BAILAR!! E así foi!! Reunímonos todos/as e non paramos de mover o esqueleto viaxando como bos "CARCAMÁNS POLO MUNDO" a través de cancións doutros países!!
Bailamos "An Dro", unha danza da Bretaña francesa, interpretada por Carlos Núñez!!
Tamén o "Merengue Apambichao" de República Dominicana!!
E rematamos co coñecidísimo e divertidísimo "Cavalinho" de Brasil!! Animádevos a bailar en familia!!
E rematamos cun agradecemento especial á nosa supermestra de música por motivarnos e facernos emocionarnos coa música e a danza!!
 Coas nosas cariñas sobran as palabras!!
Apertiñas bailadoras!!

28 abril 2026

Décimo terceiro protagonista da semana!!

 Ola peques e familias!! 

Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! O décimo terceiro protagonista da semana foi Enzo!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 

Neste caso, os seus xoguetes máis especiais nos que destaca o seu personaxe favorito: Sonic!!

 Pero sorprendeunos ao día seguinte cunha supermochila que nos deixou alucinados/as!!


Trouxo tamén un contiño especial que quixo ler na aula e transmitiunos con el unha mensaxe ben importante para coidar o planeta Terra!!


Tamén nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!! 

O que non esperaba era que a súa irmá Zoe nos visitaría no cole e se quedaría un ratiño a xogar con nós!! VAIA SORPRESÓN LEVOU!! 

Grazas Enzo por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

26 abril 2026

Obradoiro de bateeiros!!

Ola peques e familias!! 

O pasado venres tivemos un obradoiro de familias que tivemos a sorte de disfrutar no pantalán do Xufre!! Alí nos esperaban os pais de Vega, Lara e Lucas Otero para ensinarnos o seu traballo!! 

Ensináronnos a corda onde os cultivan, o cepillo que utilizan para sacalos da mesma e a cesta  onde os recollen para despois volcalos no barco. 

Neste momento, puidemos subir ao barco para ver como suben polo tornillo que os leva a unha máquina para agrupalos en sacos para a súa venda. 

Encantounos descubrir moitos animaliños do mar entre os MEXILÓNS e coñecer todo o barco, especialmente, o timón!!

 Ademais, tíñannos preparados uns agasalliños!!

 Ao rematar, visitamos o barco da familia de Lucas Otero e recunchos interiores do mesmo!! 

Finalmente, puxemos rumbo ao Cabodeiro onde merendamos, xogamos no parque e aproveitamos para distinguir en persoa dúas plantas con flores moi parecidas das que falaramos na aula: a flor do toxo (chorima) e a da xesta. Encantounos descubrilas!! 

Ao volver ao cole tiñamos unha sorpresa!! A merendola rematou cuns mexilóns cocidos que estaban boísimos!! 

Clasificamos a profesión nas que traballan na NATUREZA e mandamos un DIPLOMA para os tres pais!! 

Moitísimas grazas por esta experiencia tan enriquecedora que fai que nos acheguemos a unha profesión moi importante na nosa contorna!!

 Apertiñas bateeiras!!

21 abril 2026

Semana do libro!!

 Ola peques e familias!! 

Esta semana é moi importante na BIBLIOTECA e por iso recibimos na aula unha visita moi especial!! Vos imaxinades de quen se trata?? Vamos a mantelo en segredo e deixarlle a Libria que volo conte no seu recunchiño!! Aquí vos queda o enlace: 

BLOG DA BIBLIOTECA


Recordade deixarlle algún comentario, xa que lle encanta lelos!!

Esta semana temos moitas máis sorpresas que prontiño vos contaremos!! 
Apertiñas lectoras!!

17 abril 2026

Décimo segundo protagonista da semana!!

 Ola peques e familias!! 

Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! O décimo segundo protagonista da semana foi Mateo!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 

Neste caso, recordos bonitos de cando era bebé e tamén unha foto dun animal mariño que lle encanta!! Ademais de obxectos especiais para el, o seu xoguete favorito e unhas medallas importantes!! 

Pero o que non podía faltar era a súa CANA DE PESCAR!! Así que argallamos a maneira de que puidese chegar ao cole para ensinala!!

Trouxo tamén uns contiños especiais!! Un deles o quixo ler na aula e nos rimos moito!!

Tamén nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!! 

O que non esperaba era que a súa irmá Carolina nos visitaría no cole e se quedaría un ratiño a xogar con nós!! VAIA SORPRESÓN LEVOU!! 

Grazas Mateo por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

15 abril 2026

Como molan as mates!!

 Ola peques e familias!! 
Sempre nos encantaron as mates pero este trimestre está sendo xenial!! Xa levamos unhas semaniñas practicando conceptos matemáticos, entre outros, nas horas de ROBÓTICA. Nas últimas semanas descubrimos un novo robot: o CODING!!
 Como esta semana comezamos a traballar máis a fondo a LATERALIDADE esta actividade tamén nos está axudando moito mentras o pasamos ben e nos convertimos por un ratiño en ROBOTS!! Mola moito!! 
É un temiña que nos costa un pouco por iso quedan aquí uns xogos para practicar!!

As unidades de medida tamén forman parte do noso día a día!! Enchemos a clase de materiais para realizar EXPERIMENTOS e investigar as medidas de CAPACIDADE e os litros e as medidas de PESO cos kilogramos.
 Temos vasos medidores, balanzas de varios tipos e unha báscula e sempre que temos un ratiño libre nos encanta probar e investigar!!
 Ademais, estamos traballando tamén a medida do tempo e repasando moito os DÍAS DA SEMANA e os MESES DO ANO. A relación cos planetas que acabamos de estudar deixounos alucinados!! Aquí un repasiño!!

E, para rematar, un RETO. Intentade escribir nun comentario os MESES DO ANO en galego!! Noutras entradiñas vos contaremos máis!!

Apertiñas matemáticas!!

Un obradoiro moi interesante!!

Ola peques e familias!! Fai uns días visitounos a nai de Iván que é operaria nunha fabrica!!  Explicounos todos os procesos que levan a cabo...