Amosando publicacións coa etiqueta PDI Carcamáns polo mundo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI Carcamáns polo mundo. Amosar todas as publicacións

18 xuño 2026

Merendola do noso hortiño!!

Ola peques e familias!! 

Xa fai un tempiño comezamos unha nova aventura nunha parceliña do HORTO ESCOLAR do cole!! Primeiro tocou preparar o terreo, conseguir as plantas e preparar todo para sementar!! 

Veunos xenial para coñecer máis MÁQUINAS MANUAIS e aprender sobre as PLANTAS e o MEDIO AMBIENTE!! 

As seguintes semanas seguimos coidando o terreo e regando!! 

Tocou entrenar a paciencia para ver algún froito pero pronto tivemos algún pementiño de Padrón e leitugas grandiñas!! 

Así que a mestra propúxonos seguir co proxecto "COCIÑEIROS/AS VIAXEIROS/AS" e facer unha MERENDOLA con elas para que todos/as as puideramos disfrutar!! Foi diferente, chea de cores, riquísima e moi saudable!!

Canto nos gusta merendar xuntos/as 

e comer rico!!

 Apertiñas saudables!!

08 xuño 2026

Visita do centro de día Lembranzas!!

 Ola peques e familias!! 
Hoxe vivimos unha mañá moi especial!! Despois de mandar unha cartiña ao CENTRO DE DÍA LEMBRANZAS DE VILAGARCÍA e de recibir a súa resposta dicíndonos que lles encantaría visitar o noso cole e coñecernos... hoxe tivo lugar o ENCONTRO!! 
Foi precioso recibilos e as conversas que xurdiron!! Despois invitámolos/as á nosa EXPOSICIÓN DO PROXECTO e explicámoslle todo o traballado durante este curso!! 
Unha das usuarias emocionouse moito ao descubrir todo o que traballamos de COLOMBIA xa que é o seu país de orixe!!
Antes de marchar, agasalláronnos cun tres en raia moi especial para cada un/unha!! 

E ás mestras cunha flor preciosa feita por eles/as cunha frase moi especial!! 
Nós tiñamos para eles/as unha postaliña asinada por todos/as xa que este mes están de aniversario!! 
Incluso a nosa cumpleañera de hoxe quixo ofrecerlles un trociño de biscoito!! Quedaron encantados/as!!
Finalmente, tocou a hora do recreo pero como non querían marchar sentáronse nun banquiño á sombra e acompañáronnos durante ese momentiño!!
Que xornada tan emotiva chea de sorrisos, miradas cómplices, apertas, valores e moitas aprendizaxes!! 
Canto temos que aprender dos/as nosos/as maiores e canto podemos tamén ensinarlles nós!! 
Despedímonos coa promesa de continuar o contacto o próximo curso e facer cousiñas xuntos/as e así será!! Grazas por vir!!
Apertiñas emocionadas!!

05 febreiro 2026

Viaxamos polo noso continente!!

Ola peques e familias!! 

A semana pasada a nosa viaxe transcorreu por lugares moi interesantes do noso continente!! Grazas ao mono Bono apareceu a nosa maleta chea de ATLAS e información interesante!! 

Axudounos tamén unha viaxe de Karmen grazas á que puidemos viaxar a Francia, concretamente a París, a cidade da Torre Eiffel!! Coñecemos monumentos e comidas deliciosas!! 

Tamén grazas á nai de Emma puidemos descubrir moitas cousas interesantes de Londres, a cidade do Big Ben!! 

Rematamos ensinándovos que presente está o tema do proxecto nos CONTOS das nosas HORAS DE LECTURA!! 

Nos encantan os ATLAS, os contos en INGLÉS de Emma, o conto dos BOLECHAS sobre EUROPA e os libriños da Arousa!! 

Pero o que triunfa é o de "Pepita viajera", no que a súa protagonista percorre o continente na súa moto!! 

Canto recordamos grazas a relacionalo coas nosas realidades!! 

A seguinte parada por suposto é... Colombia!! Xa estamos coñecendo máis sobre este lugar xa que... o entroido nos espera!! 

Apertiñas viaxeiras!!

23 xaneiro 2026

Xogando cos continentes!!

Ola peques e familias!! 

Como estamos entusiasmados/as coas nosas viaxes non podía faltar unha entradiña cheeeeeea de xogos nos que aprender máis!! 


A próxima semana temos novo destino e con sorpresa, estade moi atentos/as ao blog!!

 Apertiñas curiosas!!

22 xaneiro 2026

De continente en continente!!

Ola peques e familias!! 

Esta semaniña retomamos as nosas VIAXES COA IMAXINACIÓN!! Comezamos recordando os nomes e situación dos CONTINENTES!!


No primeiro trimestre viaxaramos a México que se atopa no continente Americano grazas aos libriños e ás fotos que nos trouxera Lucas da súa viaxe!! 

Aprendemos moitas cousas sobre ese lugar ademais de aprender un baile chulísimo coa profe Patri!!

  Agora toca centrarnos e coñecer un pouquiño máis o noso continente que é... EUROPA!! E, por suposto, o noso país: España!!

Así que grazas novamente a unha MALETIÑA chea de información coa que apareceu o mono Bono puxémonos a investigar e aprender!!

 Concretamente a nosa viaxe comezou con BÉLXICA aproveitando que a nosa compi Vega agasallou a Libria cun libro deste lugar que está en FRANCÉS!! 

Tocou situala no mapa!!


Tamén aprendemos a súa bandeira!! 

Aproveitamos a viaxe para visitar outros lugares que nos interesaban moito e aprender máis sobre eles!! Grazas a este tema xurden momentos espontáneamente na aula que son ouro!! 

Grazas a Thiago por compartir con nós a súa chulísima bóla do mundo e Lucas o seu incrible ATLAS de animais!! A Libria gustoulle tanto que xa encargou un para a biblio!! E tamén xurden instantes de axuda e traballo en equipo incribles!! 

Estade atentos/as que prontiño teredes unha entrada cheíña de xogos sobre este tema!!

 Apertiñas viaxeiras!!

23 novembro 2025

Viaxamos a México!!

 Ola peques e familias!! 

Por fin a nosa viaxe polo mundo despega cara a un novo continente!! Neste caso visitamos América, en concreto, México!! Aproveitando que o noso compi Lucas viaxou a ese país fai pouco e nos trouxo fotiños e uns libriños moi interesantes de alí, o mono Bono non perdeu a ocasión de aparecer lendo sobre ese país!! 

E cun mapamundi xigante que nos motivou moitísimo a querer saber máis!!

Uns días máis tarde tamén apareceu coa MALETA cargadiña de materiais para investigar!! Fíxonos moitísima ilusión!! 

Pero aínda había máis!! Os contos que Lucas trouxo de alá máis outro, moitos mapas e unhas sorpresiñas para o noso pasaporte gastronómico apareceron ao final da semana!! 


Canto investigamos e aprendemos sobre este marabilloso país!! Pero esta aventura aínda non rematou!! Estade atentos/as!! 

Apertiñas viaxeiras!!

Festa da auga!!

Ola peques e familias!!  Onte tocou despedir o curso e foi unha mañá moi especial chea de sorpresas!! O que máis nos gustou foi a festiña na...