mércores, 18 de maio de 2022

17 de maio: DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Ola peques e familias!! 

POR FIN CHEGOU O 

DÍA DAS NOSAS LETRAS!! 

E con el...dúas 

PUBLICACIÓNS IMPORTANTÍSIMAS!! 

A recopilación de todo 

o traballado no cole 

dentro do PROXECTO 

do EDLG: 

"Tíralle da rede", 

englobado no PDI 

deste curso: 

"ENREDANDO COA PESCA". 

Aí poderedes ver a 

nosa aportación coas 

"ANÉCDOTAS DA PESCA" 

e...as nosas GRAVACIÓNS 

por fin!!E tamén... 

A REVISTA CARCAMÁN 21-22!! 

É espectacular!!ENLACE:

PÁXINA WEB DO CEIP TORRE-ILLA.

Grazas familias pola 

vosa colaboración!! 

Os froitos do traballo 

en equipo non puideron 

ser mellores!! 

Apertiñas!!


venres, 13 de maio de 2022

Encántanos a BIBLIOTECA!!

 Ola, ola familias e peques!!  

Se xa quedaramos alucinados o día 

da INAUGURACIÓN...

LIBRIA non deixa de sorprendernos!! 

A semana pasada xunto con

AMARANTA e XELO...

descubrimos o destino ao que iremos de 

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!!

AO GROVE!! Cantas sorpresas agochan os libros!! 

Por se fose pouco...

esta semana LIBRIA preparounos un 

SHOW CIENTÍFICO da man da Toupiña!! 

No blog da biblio poderedes velo con detalle!! 

(Pinchade aquí).

O que podemos dicir...é que a BIBLIOTECA 

cada día nos gusta máis!! 

Só tedes que ver estas fotiños!!



Ademais de disfrutar moito alí 

e de preocuparnos de coidala...

sempre marchamos cargad@s de 

libros novos!! E iso si que mola!!

FELICES LECTURAS!!

venres, 6 de maio de 2022

Enredando coa PESCA e o MAR!!

  Ola, ola familias e peques!!  

Vaia semanas de emocións!! 

Tantas que nin tempo tivemos de 

pasarnos por aquí moito!! 

Tivemos obradoiros seguindo o fío 

do proxecto: "ENREDANDO COA PESCA"!! 

O primeiro..."Fai click ao teu bocata." 


Pescamos facéndonos máis conscientes 

do lixo que se atopa no mar!! 

Seguindo coa investigación proposta por Xelo...


Traballamos tamén a alimentación 

saudable!! Con moito peixe!!

E, por suposto, merendamos 

un SAUDABLE BOCATA!!

Credes que nos gustou??

O segundo... "Ti si que es un bo peixe." 

Canto aprendemos...

No que nos convertimos en PEIXEIR@S 

por un día e ata bailamos!!

E de PRAIA en PRAIA...

investigar nos toca para saber máis 

do NOSA SUPEREXCURSIÓN 

de FIN DE CURSO!!

Na biblio tivemos unha GRAN PISTA...

O DESTINO?? O GROVE!! 

Agora a cumprir os RETOS e 

seguir investigando para saber máis!! 

Ata prontiño!!

domingo, 1 de maio de 2022

A repasar!!

 Ola, ola familias e peques!!  

Toca repasar!! 

Repasar...O RELOXO!!


Polo de agora, imos aprender 

"EN PUNTO" e "E MEDIA"!! 

Estes vídeos e un XOGO que aparece 

neles axudaravos!! Adiaaaaaante!!




Tamén comezamos a SUMAR LEVANDO!! 

Como? Fixándonos nas DECENAS!! 

Mirade, mirade!!

A practicar!!

Como vos foi? Xa tedes todo dominado?? 
Pois toca practicar todos os días un 
pouquiño e estar atent@s ao blog que non para!!
PRACTICADE TAMÉN NESTA ENTRADA
 o CÁLCULO MENTAL!! 
Pinchade no seguinte enlace:


APERTIÑAS!! 

Xogando cos tipos de palabras!!

Ola peques e familias!!  Levamos unhas semanas profundizando no coñecemento dos TIPOS DE PALABRAS !! Ata o de agora NOMES COMÚNS E PROPIOS ...