domingo, 28 de novembro de 2021

A nosa PRIMEIRA SAÍDA!!

 Bo día peques e familias!! 

Canto se aprende nas SAÍDAS fóra 

do cole e que ben o pasamos!! 

Por iso este mes realizamos dúas!! 

Na primeira, xunto coa ASOCIACIÓN 

AMICOS de BOIRO, fixemos unha 

LIMPEZA DA PRAIA DO CABODEIRO!!


Despois das instruccións e de contar 
con todas as medidas de seguridade...
puxémonos MANS Á OBRA!!


Canto traballiño pero que satisfeit@s 

quedamos co noso traballo!! 

Traballar EN EQUIPO 

sempre da bos resultados!! 

Así que sentámonos a comprobalo!!

Xuntamos todo o LIXO, CLASIFICAMOS 

SEPARANDO segundo a TIPOLOXÍA 

e...a PESALO!!

Pero isto non rematou aquí!! 

Repartíronnos moitos AGASALLOS 

prácticos e saudables en agradecemento 

á nosa colaboración!!

Así que regresamos ao COLE 

felices e orgullos@s!!

Ao chegar reflexionamos todo 
o que aprendemos e sentimos!!
E temos clara unha cousa...
sempre que o MEDIO AMBIENTE 
precise de nós aí estaremos!! 
E iso é...TODOS OS DÍAS!!
Apertiñas!!

xoves, 25 de novembro de 2021

25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

 Ola peques e familias!! 

Vaia semaniñas levamos!! 

Tivemos dúas SAÍDAS das que 

pronto veredes fotiños, 

pero tamén aniversarios 

e conmemoracións importantes!! 

Hoxe é unha delas!! 

O 25 DE NOVEMBRO é o 

"DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN 

DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER." 

Este foi o noso graniño de area 

para a montaxe dun VÍDEO 

que podedes ver na páxina do colexio 

pinchando no seguinte enlace:

Estas semanas tamén continuamos 

coas MATES a tope!! 

Cada vez somos máis expertos 

e nos gustan máis!! 

A data xa está controlada 

de miles de maneiras!!

Ultimamente estamos experimentando 

con todas as DECENAS COMPLETAS 

grazas á TÁBOA DO CEN!!

E tamén con ELEMENTOS DA RÚA!!

E a RECTA NUMÉRICA...

está sendo un descubrimento!! 

Hoxe realizamos unhas series!!

Que interesantes son as MATES!! 

Pero tamén a estación na que seguimos!! 

ENCÁNTANOS O OUTONO!! 

Por iso lle adicamos un TRABALINGUAS!! 

Podemos presumir de memoria, 

entoación, motivación e ilusión!! 

E, por se non fora pouco, 

a MALETIÑA DO RATIÑO PÉREZ 

viaxou desta vez á casa de JAVI!! 

VAIA EMOCIÓN!! 

E recordando o noso compromiso con 

este día rematamos esta entrada!! 

ATA PRONTO!!


mércores, 17 de novembro de 2021

20 de NOVEMBRO: "Día universal da infancia"

Ola peques e familias!! 

Estes días están soando unhas cancións 

MOI ESPECIAIS!! As dos nosos DEREITOS!!

Hoxe ao chegar aproveitamos o NÚMERO 

DA DATA para DESCOMPOÑELO

coa axuda das DECENAS.


Despois seguimos traballando 

MATEMÁTICAS!!

Aprendendo a seleccionar as 

PALABRAS CLAVE dos PROBLEMAS...

E todos os PASOS para darlle 

SOLUCIÓN!! Despois elaboramos as nosas 

propias MANS con BASE 10 

coas que hoxe traballamos RESTAS!!

Nun ratiño...descubrimos unha boa nova!! 

LIBRIA hoxe si estaba contenta coa ORDE!!

E agora si...puxémonos MANS Á OBRA 

co traballo dos DEREITOS DAS NENAS 

E DOS NENOS!! Os nosos DEREITOS!! 

Preparamos uns preciosos BANDERÍNS 

e un MURAL coa axuda de MAFALDA!! 


De paso continuamos traballando matemáticas 

ordenando os dereitos do 1 ao 10!! 

Que casualidade, UNHA DECENA!!

Canto aprendemos, descubrimos 

e nos demos conta de canta sorte temos!! 

E de MURAL a MURAL...

quedaba ensinarvos este rematado!! 

RECORDADES??



NÓS, O ALUMNADO, formamos unha parte 

importante do cole e temos os NOSOS DEREITOS, 

pero vós tamén estades sempre presentes, 

FAMILIAS!! Grazas!! 

Apertiñas!!

sábado, 13 de novembro de 2021

Chegou o MAGOSTO!!

Ola peques e familias!!

Estamos en OUTONO, RECORDADES? 

Imos aproveitar para repasar:

Nesta estación temos 

unha FESTA IMPORTANTE!! 

No cole festexámola así!!

Preparamos os traxes e as 
castañas picadas, unha manualidade, 
un contiño coa letra C... 
E A PAPAR!!


 Primeiro un exquisito BOLIÑO PREÑADO!! 

E despois chegaron os cucuruchos...
cheos de CASTAÑAS ASADAS!! 
Ummmm...TODO DELICIOSO!! 





E non faltaron os XOGOS POPULARES 
durante esta semana...



...e para rematar: unha CANCIÓN!! 
A CANTAR E BAILAR!!


Como nos gusta a FESTAAAAA!! 
A FESTA RACHADA!!
ATA A PRÓXIMA!!

Xogando cos tipos de palabras!!

Ola peques e familias!!  Levamos unhas semanas profundizando no coñecemento dos TIPOS DE PALABRAS !! Ata o de agora NOMES COMÚNS E PROPIOS ...