30 maio 2026

Un obradoiro moi interesante!!

Ola peques e familias!!
Fai uns días visitounos a nai de Iván que é operaria nunha fabrica!! 
Explicounos todos os procesos que levan a cabo, as máquinas que usan e os produtos do mar que envasan!! Foi moi interesante!! 
Pero nos gustou aínda máis cando nos fixo esta pregunta!! 
Por suposto, dixemos que si e puxémonos mans á obra!! Repartimos os postos porque tocaba TRABALLAR EN EQUIPO!!  Tiñamos ao barco, ao camión, á xefa, ao encargado de mantemento, aos operarios...todos cunha función importante!! 
Así que primeiro chegou o barco co produto e tocou separar os corpos das cabezas para despois colocalos en bandexiñas coa mesma cantidade!! 
Despois, chegou o envasado e o camión finalmente trasladou o produto listo ao supermercado!!! 
Foi un proceso longo pero rematou con éxito grazas á colaboración de todos/as!! Antes de marchar, clasificamos a súa profesión no sector correspondente e entregámoslle un merecido DIPLOMA!!
Grazas Esther por todo o que preparaches e por todas as aprendizaxes!!
Apertiñas interesadas!!

28 maio 2026

Saída ao CENTRO DE DÍA AROUSA!!

 Ola peques e familias!! 
Hoxe vivimos unha xornada moi especial!! Despois de cartearnos co CENTRO DE DÍA AROUSA e recibir a súa resposta en forma de invitación para visitalos e poder coñecernos non o dubidamos e alá nos fomos moi ilusionados/as!! Xa só pensar en PINTAR ALGÚN SORRISO nas súas cariñas nos motivaba!! 
Chegamos e o primeiro foi presentarnos!! Enzo nos axudou xa que coñece moi ben este lugar!!
 Despois de merendar, nos propuxeron facer unha actividade preciosa conxunta!! Nunha cartolina debiamos plasmar en forma de COLLAGE os GUSTOS dos membros do equipo formado por usuarios/as do centro de día e por algún/algunha de nós a través de pegatinas e de imaxes que debiamos recortar e pegar!!
Isto xerou CONVERSA, AXUDA, COMPRENSIÓN, PACIENCIA, AGARIMO, CONEXIÓNS PRECIOSAS...
Os resultados foron preciosos pero os momentos, os sorrisos, os valores e aprendizaxes que nos brindou o proceso foi o realmente importante!!
Por exemplo, "profe, eu xa son amiga de Rosa", ou... "profe, sabes que a Manolo gústanlle os cans como a min?" ou... "sabes profe? Lola pediume que lle recortara un corazón de recordo e quedou moi contenta!!"ou...frases espontáneas que aparecían nos debuxos como esta:
Ou..."profe, eu fíxenlle este debuxiño para Carmela" (un pequeno corazón precioso que pegaron no medio do collage).
Antes de marchar quixemos entregarlles un detalliño. Elaboramos entre todos/as unha postaliña polo seu terceiro aniversario!! 
Eles/as tamén tiñan algo preparado para nós!! Fixérannos xabóns e galletiñas eles/as mesmos/as!! 
A mestra emocionouse cando lle deron unha bolsiña cunha mensaxe moi especial!! 
Grazas a vós sempre!! Porque efectivamente moitas aprendizaxes importantes non saen nos libros!! 
Apertiñas emocionadas!!

23 maio 2026

Que chulas as mates!!

 Ola peques e familias!! 
Imos cara o final de curso e iso significa un avance moi grande en todos os aspectos!! As mates é algo no que o notamos moito!! Agora ao comezar a mañá ademais de contar os días que levamos de cole (xa máis de 150!!) o/a encargado/a do día debe realizar o RETO dun CRUCINÚMERO!! 

Aínda que comeza cunha simple cruz pero a profe vaina complicando e complicando... e iso aínda nos motiva máis!! Non se nos escapa unha e nos encanta!!
Que vos parece se xogamos un pouco??
Este é un gran reto que aínda estamos practicando pero podedes intentalo... atrevédesvos??
As pirámides de números apareceron na aula fai pouco pero xa son a actividade estrela!! Cada vez as queremos máis e máis complicados porque xa nos estamos convertendo en auténticos/as expertos/as!! 
Atréveste a resolver esta con cálculo mental?? 
Agora toca coller lapis, goma e papel!! Fíxate que na base falta un número... 
Agora podedes inventar vós máis na casa e facelas en familia!!
E ultimamente traballamos moito tamén sobre as figuras planas e os corpos xeométricos!! Encantounos visitar a pequena exposición que fixeron os nosos padriños lectores!! Nela convertiron corpor xeométricos que eles/as mesmos/as construíron en obxectos cotidianos que lle quedaron impresionantemente ben!!

Tamén fixemos máis actividades entre as que destacan os xogos na pantalla que sempre triunfan e son unha excusa perfecta para repasar!!
 Apertiñas matemáticas!!

22 maio 2026

Décimo sexto protagonista da semana!!

 

 Ola peques e familias!! 

Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! O décimo sexto protagonista da semana foi Martiño!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 
Neste caso, obxectos de cando era bebé e os seus xoguetes favoritos!! 


Trouxo tamén un contiño especial que lemos na aula!! A súa lanterna máxica encantounos!!


E nos presentou a parte da súa familia cunhas fotiños moi bonitas!! 

O que non esperaba é que o seu irmán o visitaría de sorpresa para contarnos un conto xunto cunha compi da súa aula!! Alucinou!!


Aínda que el tamén tiña unha gran sorpresa para despedir a súa semana!! Invitounos a merendar unha tarta que el mesmo fixo coa súa familia!! Alucinamos e encantounos!!

Grazas Martiño por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

20 maio 2026

Materiais e máquinas!!

 

Ola peques e familias!! 
Hoxe toca repasar dous temiñas!! 
Comezamos co tema dos materiais e as súas propiedades!!


Uns xogos para repasar!!

XOGO 1

XOGO 2
XOGO 3
XOGO 4

Agora toca adentrarnos no mundo das máquinas con outro vídeo!!

MÁQUINAS
Nos seguintes esquemas podemos recordar que os tipos de MÁQUINAS!! 






Agora a xogar un pouquiño máis!!

XOGO 1

XOGO 2

XOGO 3

E recordade tamén repasar os corpos xeométricos nunha entrada anterior!!

Apertiñas estudosas!!


Festa da auga!!

Ola peques e familias!!  Onte tocou despedir o curso e foi unha mañá moi especial chea de sorpresas!! O que máis nos gustou foi a festiña na...