Ola peques e familias!!
O primeiro día de curso en primaria comezamos contando os días lectivos!!
Pasiño a pasiño xuntamos UNIDADES que se foron convertindo en DECENAS...
E DECENAS que se foron
convertindo en CENTENAS!!
Ata que fai uns días contabilizamos 2 CENTENAS DE COLE!! É dicir...
Ese día celebramos a FESTA DAS CENTENAS con moitas sorpresas!! A que máis nos gustou foron os MANDALAS xigantes que xa comezan a decorar a aula!!
Traballamos sen darnos conta a paciencia, a motricidade fina, a atención, o traballo en equipo, a relaxación, a creatividade, ...
Pero as MATES estiveron tamén moi presentes en diferentes actividades!! Este xogo manipulativo encantounos!!
Despois tocou trasladalo á libreta!! Primeiro preparamos o guión!!
Despois tocou recortar con moita precisión e organizar todo nun sobre para non perder nadiña!! Sen olvidarnos de deixar todo recollidiño e limpiño!!
Eran moitos pasos que seguir pero despaciño e con moita paciencia e atención conseguímolo!!
Cada vez controlamos mellor a libreta e a presentación tamén mellora!!


















Ningún comentario:
Publicar un comentario