venres, 18 de febreiro de 2022

Aprendendo, repasando...

 Ola familias e peques!!

Estas semaniñas avanzamos 

moito á hora de traballar!! 

Estreamos a libreta de "MAIORES"!! 

Estamos sendo conscientes dos 

diferentes SONS que pode ter a letra C!! 

E despois de traballar moito os 
TIPOS DE LOCALIDADE...
Comezamos coas PAISAXES e tamén...
fixemos o noso PRIMEIRO ESQUEMA!!


Agora a repasar!! 
Pincha primeiro: RETO INTERACTIVO.
Agora pensa e responde!!
Agora...A BUSCAR NA ILLA DE AROUSA!! 
Nesta PAISAXE DE COSTA...
que ELEMENTOS NATURAIS E CONSTRUÍDOS 
atopas?? Respondede nun COMENTARIO!!
Ata tivemos agasallo de LIBRIA 
que nos trouxo...AMARANTA!! 
Libros dos BOLECHAS de PAISAXES!!


E canto nos gustou o seguinte 
tema de MATEMÁTICAS!! 
Non paramos de MEDIR!! 
Primeiro con PALMOS, PASOS E PÉS...
E xa despois complicámolo 
cos CENTÍMETROS e os METROS 
coa REGRA e cunha CINTA MÉTRICA!!
E traballar coa INVESTIGACIÓN trae 
cousiñas espontáneas incribles!! 
Como que unha compi decidise 
ir apuntando as súas medidas!!


Uns RETOS para practicar!!
Pincha primeiro:

Agora responde...canto miden??
Coñecemos a un novo AMIGO tamén!! 
Un pouco cabezota pero simpático!!
Grazas a el coñecemos e entendemos 
as PALABRAS ANTÓNIMAS!! 
Reeeepasemos e xoguemos!!


Coa despistada pero XENIAL 
AMARANTA nos despedimos...
ESPERANDO O ENTROIDO!!


Ata prontiño!!

sábado, 12 de febreiro de 2022

Coñecemos a Amaranta!!

  Ola familias e peques!!

Este trimestre comezou tranquilamente 

co DÍA DA PAZ ao ritmo 

das MARABILLOSAS TANXUGUEIRAS 

recordándonos que 

"NON HAI FRONTEIRAS"!!

Pero pronto se encheu de SORPRESAS 

coas accidentadas visitas de Amaranta!! 

Carta tras carta non deixou de 

sorprendernos e de divertirnos 

cos seus despistes! 

A primeira vez...

tróuxonos unha carta de Libria, 

propúxonos un traballiño interesante e

deixounos un agasallo pero 

tropezou con todos os libros dela!! 

Puxémonos MANS Á OBRA!!


Na segunda visita...

a pobre quedou enganchada 

na ventá pero cunha pista na man!!

 E xa na terceira...

parecía toda unha pescadora 

pero moito non podía ver!! 

Equivocouse de talla no sombreiro 

pero estaba tan simpática!!

Na cartiña dábanos a súa opinión 

sobre as ideas de disfraces que 

tiñamos e tamén unhas pistas 

sobre o seu AMIGO MISTERIOSO!! 

Nós xa o sabiamos!! E sabedes? 

Tamén é CARTEIRO!!

Xa estamos agardando 

a próxima aventura!! 

Mentras...toca INVESTIGAR 

e...preparar a próxima conmemoración!! 

O DÍA DA GRAN ROSALÍA DE CASTRO!! 

Que tal nos está quedando o seu recunchiño? 



A nós encántanos e estamos facéndoo

 entre todo o cole con moita ilusión!! 

E cun poemiña...moi "pesqueiro"!! 

ATA PRONTIÑO!!

Xogando cos tipos de palabras!!

Ola peques e familias!!  Levamos unhas semanas profundizando no coñecemento dos TIPOS DE PALABRAS !! Ata o de agora NOMES COMÚNS E PROPIOS ...