domingo, 20 de marzo de 2022

Semana da prensa con...LIBRIA!!

Ola de novo peques e familias!! 

LIBRIA e o seu equipo non 

deixan de sorprendernos!! 

Desta vez con motivo da 

SEMANA DA PRENSA 

e axudada polos carteiros de SEXTO...

visitou as aulas con moitas SORPRESAS!!  

Botade un ollo na última entrada 

do BLOG DA BIBLIOTECA!!

BLOG DA BIBLIOTECA.


A maior sorpresa para nós sempre é...

escoitar os seus cascabeis 

e volver a vela!! 

Que ilusión nos fai!!

ATA PRONTO LIBRIA!!

venres, 18 de marzo de 2022

Excursión con mooooito deporte!!

                                                         Ola peques e familias!!

Como nos gustan as saídas!!

E esta xuntou de todo!! 

Primeiro unha andaina!! 

E cando chegamos...

tocou merendar e repoñer forzas!! 

Para que? Para XOGARRRR!! 

Primeiro aos relevos con sumas e restas!! 

@s mestr@s non perden unha!!

E despois...unha de saltos!!

                                     Saltos de todos os tipos!! 

Pero todos con moita enerxía!! 

Como lle costou á mestra

 collernos no aire!! 

E para rematar... 

escribimos os nosos nomes 

con elementos da natureza e...

xogo libre!!


E tocou volver!!


Saída moi ben aproveitada!!
Deporte, xogos en equipo, socialización, 
matemáticas, lectoescritura, vivenciando 
o aprendido en ciencias naturais: 
seres vivos e inertes e os seus tipos, 
coidado do medio ambiente, educación vial, 
creatividade...e moita diversión!!

 
Volvemos tan felices que...
REPETIREMOS!!


ATA PRONTO 
AMIGUIÑAS E AMIGUIÑOS!!

luns, 14 de marzo de 2022

Día de Rosalía de Castro!!

 Ola peques e familias!! 

Máis ben na nosa aula...

mes de Rosalía de Castro!! 

O partido que lle estamos sacando 

á súa figura e ás súas obras!! 

E con SORPRESAS incluídas!! 

Fai uns días....

GRAVAMOS no patio para 

a TV CARCAMÁN 

como todos uns profesionais!!

Ilustramos os poemas, 

dramatizámolos e...ata algunhas e algúns 

valentes atrevéronse a aprendelo enteiro!! 

E cal foi a recompensa?? 

Estrearse na GRAVACIÓN dun 

programa de RADIO!! 

Foi moi emocionante!!

E para rematar hoxe...asistimos á

estrea das gravacións para 

TV CARCAMÁN e RADIO CARCAMÁN 

coas TABLETS no cole!! 



Xa somos uns e unhas expertas!!

Aquí vos deixo ambos enlaces!!

RADIO CARCAMÁN.

TV CARCAMÁN.

E aproveitamos o traballo coas TABLETS 

para introducir o seguinte tema de 

ciencias naturais: SERES VIVOS E INERTES!! 


Tivemos que buscar dous de 

cada tipo pero...sendo CRÍTICOS 

coa información que aparecía, 

xa que "NON TODO VALE"!! 

Continuaremos!! 

Polo de agora...un vídeo de repaso 

co CAMALEÓN!! Encántanos!!

VÍDEO SERES VIVOS E INERTES.

E...dous xogos 

PARA LER E ADIVIÑAR!!

SOPA DE LETRAS.

XOGO SERES VIVOS E INERTES. 

Reto, intenta facer o último correctamente 

no menor tempo posible e pon nun comentario 

o teu RECORD!! Adiaaante!!

Saudiños!!

venres, 4 de marzo de 2022

ENTROIDEANDO!!

OLA, OLA!! 
CHEGOU O GRAN DÍA!! 
Amaranta xa levaba días preparándose 
aínda que...sen acertar moito!! 
Xa sabedes que a pobre é despistadiña!!

 Mirade o último día como veu...
OFICIO DO MAR precisamente non era!!
Pero para iso...xa viñamos nós ben ataviad@s!! 

QUE VIVAN AS XENTIÑAS DO MAR!!


Non se nos escapou detalle!!

Vaia día máis divertido!! 
Comemos os nosos POSTRES típicos 
e FIXEMOS UN TREN moi marchoso!!

Sen olvidarnos de DESFILAR con moito 
estilo e facer unhas bonitas e divertidas 
FOTOS DE GRUPO 
xunto a Rosalía de Castro!!

Despedímonos cunha RIMA!!

Ata pronto ENTROIDO!!


xoves, 3 de marzo de 2022

Achegábase o ENTROIDO!!


Ola familias e peques!!

Varias pistas indicaban fai uns días que...

se achegaba o ENTROIDO!! 

O MECO aparecía dando instruccións 

moi...curiosas e divertidas!!



Ata viñemos en PIXAMA ao cole!! 
Foi moi divertido!! 
Encantounos tamén o DISFRAZ LIBRE!!

E mentras esperabamos ao GRAN DÍA.... 
fixemos moitas cousas!!
LEMOS MOITO DESTA TEMÁTICA!!
Aprendemos moitísimas cousas sobre 
ROSALÍA DE CASTRO cun LIBRO-ACORDEÓN 
creado por nós!!
E seguimos practicando os
 SINÓNIMOS e ANTÓNIMOS 
cun xogo de retos e o noso amigo...
O CAPITÁN ANTÓNIMO!!


Ao que lle buscamos compañeira!!  
A CAPITANA SINÓNIMA!!
Cada cal máis orixinal!! 
E ambos...disfrazados, claro!!



VAIA SEMANA DE EMOCIÓNS!! 
E aínda quedaba o GRAN DÍA!! 
Estades preparad@s para velas fotiños?? 
Desexádeo moi forte e cumprirase!!
Apertiñas entroideiras!!

mércores, 2 de marzo de 2022

Vai de LECTURA!!

  Ola familias e peques!! 

Esta entradiña vai de LECTURA!! 

Primeiro porque os LIBROS comezaron 

a pasear ás casas dos nenos e nenas 

de primeiro fai unhas semaniñas!! 

VAIA FELICIDADE!!


Hainos de todos os tipos e temáticas 
que lle pedimos á mestra!! 
Coa axuda de LIBRIA conseguiron 
cumprir os nosos desexos!! 
E falando de LIBRIA...

vaia RENOVACIÓN está a facer 
da BIBLIOTECA DO COLE!! 

Parece que prontiño a poderemos visitar!! 

Sería xenial!! Que ilusión e que nervios!! 

Polo de pronto visitade o BLOG DA BIBLIOTECA 

para un pequeno adianto... 

PINCHADE AQUÍ DEBAIXO: 


E non deixedes de visitalo a miúdo!! 
Sempre hai novidades interesantes!! 
E recordade que: 

"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO".



Por certo, pronto teremos fotiños 
do ENTROIDO por aquí...

Apertiñas lectoras!!

Unidades temporais!!

  Ola peques e familias!!  Xa que comezamos co traballo do TEMPO ... toca repaso ás UNIDADES TEMPORAIS: OS MESES DO ANO!! Seguro que record...