xoves, 3 de marzo de 2022

Achegábase o ENTROIDO!!


Ola familias e peques!!

Varias pistas indicaban fai uns días que...

se achegaba o ENTROIDO!! 

O MECO aparecía dando instruccións 

moi...curiosas e divertidas!!



Ata viñemos en PIXAMA ao cole!! 
Foi moi divertido!! 
Encantounos tamén o DISFRAZ LIBRE!!

E mentras esperabamos ao GRAN DÍA.... 
fixemos moitas cousas!!
LEMOS MOITO DESTA TEMÁTICA!!
Aprendemos moitísimas cousas sobre 
ROSALÍA DE CASTRO cun LIBRO-ACORDEÓN 
creado por nós!!
E seguimos practicando os
 SINÓNIMOS e ANTÓNIMOS 
cun xogo de retos e o noso amigo...
O CAPITÁN ANTÓNIMO!!


Ao que lle buscamos compañeira!!  
A CAPITANA SINÓNIMA!!
Cada cal máis orixinal!! 
E ambos...disfrazados, claro!!



VAIA SEMANA DE EMOCIÓNS!! 
E aínda quedaba o GRAN DÍA!! 
Estades preparad@s para velas fotiños?? 
Desexádeo moi forte e cumprirase!!
Apertiñas entroideiras!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día internacional da DANZA!!

Ola peques e familias!!  Este curso máis que nunca grazas ao noso PROXECTO: "BENESTART" estamos profundizando en todos os  tipos d...