xoves, 30 de setembro de 2021

Non paramos de contar!!

 

Ola peques e familias!! 

Contando, contando pasamos as mañás!! 

Rodeados dos números 

co conto dos 10 fantasmiños!!


E sabedes? 

Estamos creando o noso propio libriño!!

 Con portada e todo!!


Aquí tedes o CHULO RESULTADO!! 

Cada un na súa cor favorita!!


Coa PLASTI tamén os practicamos!! 

E de paso...a motricidade fina agudízase 

para a escritura e moitas cousas máis!!



COOOONSEGUIDOOOOO!! 


Tamén os traballamos manipulativamente 

cos nosos pauciños de cores!! 

ENCÁNTANNOS!!




Con eles tamén coñecemos os AMIGOS DO 10 

que nos axudarán no cálculo mental, 

creamos DECENAS e...

ATA SUMAMOS!!



EXPLICACIÓN AMIGOS DEL 10.

CUENTO AMIGOS DEL 10.

Apertiñas e...non deixedes de contar!!

luns, 27 de setembro de 2021

"Un día sen ler é un día perdido"

 

Ola peques e familias!! 

Hoxe toca unha presentación moi importante!!

Aquí tedes á mascota da biblio! 

Chámase LIBRIA!!

 

Os peques xa a coñecen! 

Bueno en persoa aínda non, 

xa que está realizando un cambio

na biblio...IIIIMPRESIONANTE!! 

Por iso está tan ocupada!!  

Pero si estivemos co seu graaaaaan peluche!!



A profe conseguiu que nos acompañase 

nun recreo...e na aula!! 

Encántalle vernos ler!!

E mentras non nos visita vainos 

traendo cousiñas para a aula!! 

Primeiro, este expositor taaaan chulo 

cheo de libros!!

Temos moi claro que os libros teñen 

que cumprir unha corentena e nós...

unha distancia de seguridade na fila!!


Estamos tan emocionados con ela

que aparece en todas partes!! 

Nos marcapáxinas, en debuxos para agasallarlle, 

nos xeoplanos... É XENIAL!!



Aínda non a coñecemos e xa nos encanta!! 

Seguiremos lendo e lendo...


...para que non se lle esqueza visitarnos!! 

E para cumplir o seu lema: 

"UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

martes, 21 de setembro de 2021

Xogando tamén se aprende!!

 

Ola peques e familias!! 

Damos comezo a este curso 

XOGANDO moito, moitísimo 

á vez que aprendemos!! 

Cantas cousas traballamos sen darnos conta!! 

Motricidade fina e grosa, lectoescritura, 

numeración, conteo, creatividade, 

traballo en equipo, razoamento lóxico...

Os puzzles sempre son un clásico que triunfa!! 

Temos de todos os tipos!! 


Ata de letras!! 

E tamén letras magnéticas!! 

Sabedes que se pode facer 

"debuxos con letras"? 

Outro clásico que nos encanta 

son as construccións!! 

Pero co que disfrutamos tamén moito 

é descubrindo xogos novos!! 

Os XEOPLANOS son o furor!! 

E podemos facer agasallos con eles!! 

Para Libria e para a profe por exemplo!! 

Que ilusión lles fixo!!

E aínda quedan moooitos máis por descubrir!!

Xa vos iremos informando!! 

Apertiñas!!

domingo, 19 de setembro de 2021

Comezamos o curso cun sorriso!!

 

Ola peques e familias de primeiro!! 

Que alegría e emoción comezar 

co BLOG un novo curso!! 

E preparar a aula para vós!! 

BENVIDAS E BENVIDOS A 

ESTA NOVA AVENTURA!!

Traballaremos moito, moitísimo!!

Seremos cada vez máis 

autónomos e responsables!! 

Sacando o positivo da situación, 

como afondar na importancia da hixiene 

aprendendo todos os pasos do lavado de mans!!

Celebrarémolo todo!! 

En especial, os nosos aniversarios!!

E como o nome do blog indica...

APRENDEREMOS ENTRE SORRISOS!!

E sen perder nin un minuto... 

xa nos puxemos mans á obra con todo!!




Este curso non será igual a outros, 

pero conseguiremos entre tod@s 

que sexa ESPECIAL formando 

o mellor EQUIPO do mundo mundial!!


COOOOOOOOMEZAMOS!! 

Nos acompañades?? 

Unha boa maneira é deixando 

comentarios debaixo!! 

Grazas e ata sempre!! 

APERTIÑAS DA PROFE ALI!!:)



Xogando cos tipos de palabras!!

Ola peques e familias!!  Levamos unhas semanas profundizando no coñecemento dos TIPOS DE PALABRAS !! Ata o de agora NOMES COMÚNS E PROPIOS ...