martes, 21 de setembro de 2021

Xogando tamén se aprende!!

 

Ola peques e familias!! 

Damos comezo a este curso 

XOGANDO moito, moitísimo 

á vez que aprendemos!! 

Cantas cousas traballamos sen darnos conta!! 

Motricidade fina e grosa, lectoescritura, 

numeración, conteo, creatividade, 

traballo en equipo, razoamento lóxico...

Os puzzles sempre son un clásico que triunfa!! 

Temos de todos os tipos!! 


Ata de letras!! 

E tamén letras magnéticas!! 

Sabedes que se pode facer 

"debuxos con letras"? 

Outro clásico que nos encanta 

son as construccións!! 

Pero co que disfrutamos tamén moito 

é descubrindo xogos novos!! 

Os XEOPLANOS son o furor!! 

E podemos facer agasallos con eles!! 

Para Libria e para a profe por exemplo!! 

Que ilusión lles fixo!!

E aínda quedan moooitos máis por descubrir!!

Xa vos iremos informando!! 

Apertiñas!!

1 comentario:

Unidades de medida - Peso

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar...  AS UNIDADES DE PESO !!  Aquí quedan varios xogos! XOGO 1 XOGO 2 XOGO 3  Adiaaaaaante!!  Apert...