16 outubro 2026

Festa das 2 centenas!!

 Ola peques e familias!! 

O primeiro día de curso en primaria comezamos contando os días lectivos!! 

Pasiño a pasiño xuntamos UNIDADES que se foron convertindo en DECENAS... 


E DECENAS que se foron 

convertindo en CENTENAS!! 

Ata que fai uns días contabilizamos 2 CENTENAS DE COLE!! É dicir... 

Ese día celebramos a FESTA DAS CENTENAS con moitas sorpresas!! A que máis nos gustou foron os MANDALAS xigantes que xa comezan a decorar a aula!! 

Traballamos sen darnos conta a paciencia, a motricidade fina, a atención, o traballo en equipo, a relaxación, a creatividade, ... 

Pero as MATES estiveron tamén moi presentes en diferentes actividades!! Este xogo manipulativo encantounos!! 



Despois tocou trasladalo á libreta!! Primeiro preparamos o guión!! 

Despois tocou recortar con moita precisión e organizar todo nun sobre para non perder nadiña!! Sen olvidarnos de deixar todo recollidiño e limpiño!!

 Eran moitos pasos que seguir pero despaciño e con moita paciencia e atención conseguímolo!!

 Cada vez controlamos mellor a libreta e a presentación tamén mellora!! 

No libro tamén seguimos practicando con diferentes actividades!! 

E aínda quedan SORPRESAS para as próximas semanas!! Un adianto... pasamos das SOPAS DE LETRAS ás SOPAS DE NÚMEROS!! 

Apertiñas matemáticas!!

14 outubro 2026

Outra sorpresiña na biblioteca!!

 Ola peques e familias!! 
Na nosa segunda visita á biblioteca esperábanos Amaranta!! As nosas caras dino todo!!
Esta vez traía unha CARTA que nos leron o encargado e o cumpleañero!! 
Deixounos uns libriños e un RETO!! 
Todos eran "CONTOS CLÁSICOS OU TRADICIONAIS" unha vez máis, pero cunha personaxe común!! Encantounos recordar estas historias que xa lles contaban aos nosos avós/avoas e pais/nais!! E tamén conseguimos o RETO!! A personaxe que se repetía era o LOBO e o seu comportamento era sempre similar... un pouco negativo, malvado e feroz!!
 Xa estamos esperando a ter máis noticias para continuar coas aventuras lectoras!!
Antes de marchar, disfrutamos dos préstamos para as casas e dun ratiño de lectura libre que nos encanta!! Cada vez o facemos mellor!!
 E despedímonos recordando que...
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!

09 outubro 2026

Arranca a MOCHILA VIAXEIRA!!

 Ola peques e familias!! 

Este mércores comezamos as visitas semanais coa profe á BIBLIOTECA e Libria tíñanos unha sorpresa... a MOCHILA VIAXEIRA!! 

Non puidemos esperar para descubrir o seu contido!! Ten un pouco de todo!! 

Hoxe comezou as viaxes ás casas!! Que ilusión!! Esa visita estivo chea de SORPRESAS porque tamén apareceu Amaranta!! Como a botabamos de menos dende o curso pasado!!

 Veu cargadiña duns contos moi especiais. Eran contos TRADICIONAIS, CLÁSICOS, dos que se transmitían de avoas/avós a fillas/os de maneira oral. 

Por iso hai tantas versións pero unha mesma esencia!! Comentade en familia se os coñeciades e quen volos contou, será bonito recordalo!! Compartídeo con nós en comentarios se vos apetece!! 

Apertiñas lectoras!!

08 outubro 2026

Xogamos coa lectura e as témperas!!

 Ola peques e familias!! 

Hoxe a profe sacou as témperas que nos encantan!! Comezamos preparando a base dunha actividade sobre PROFESIÓNS que continuaremos mañá!!

Pero aproveitando que tiñamos as cores... propúxonos un XOGO LECTOR!! 

Leunos un conto no que uns bichiños ían ao cole e facían mesturas para conseguir outras cores!! Mentras a profe ía lendo os VERSOS do conto, por parellas iamos reproducindo o que escoitabamos!! 

Foi moi divertido, motivador e aprendemos moito sen darnos conta!! Ademais, de que despois deixounos seguir experimentando libremente e saíron cores chulísimos!! 

Pero o mellor de todo foi o ben que fomos capaces de traballar en parella, axudándonos, complemetándonos e divertíndonos!!
Pronto vos contaremos en que rematou a primeira actividade!! 
Apertiñas experimentadoras!!

07 outubro 2026

Aprendemos xogando!!

 Ola peques e familias!! 

Na nosa aula encántanos aprender xogando!! Ata os momentos de XOGO LIBRE nos enriquecen en moitos sentidos!! Durante este trimestre estamos descubrindo novos xogos guiados pola profe!! Ás veces non nos resulta sinxelo respectar as normas, disfrutar do xogo en equipo ou manter un volume axeitado, por iso pouco a pouco imos practicando e facéndoo mellor!! Cando somos conscientes do ben que se pasa facéndoo ben é cando todo comeza a funcionar!!

 Nos xogos deste día LEMOS, desenvolvemos a nosa IMAXINACIÓN inventando historias, practicamos a NUMERACIÓN, o razoamento, a paciencia, o respecto das quendas... entre mil cousas máis!! 

As películas tamén nos achegan á cultura e a miles de valores!! E visitar o auditorio fai que coñezamos e aprendamos a aplicar as normas dese espazo. 

 Gozamos da primeira saída do curso grazas ao cineclube Entrecortiñas!! 

Apertiñas disfrutonas!!

02 outubro 2026

Repasamos os músculos!!

 

Ola peques e familias! 

O CAMALEÓN é un vello amigo que sempre nos axuda co seu humor a aprender contidos novos como os seguintes!! Prestade moita atención!! 

Agora a repasar un pouquiño!!

E para rematar un RETO!! Animádevos a facer este fin de semana unha MERENDA MOI SAUDABLE e compartilo con nós en comentarios!!

Apertiñas estudosas!!

01 outubro 2026

Por fin abriu a biblioteca!!

 Ola peques e familias!! 
Chegou o día tan esperado!! Hoxe, xoves 1 de outubro, no mes das BIBLIOTECAS ESCOLARES, abriu a nosa!! Xa fai uns diíñas que Libria nos visitou para darnos a noticia e a recibimos con moita ilusión!! 
Aquí volo conta ela todiño!!
Na aula disfrutamos cada vez máis da HORA DE LECTURA e imos avanzando positivamente no cumprimento das normas dese ratiño da xornada!! 
Os libros do CORPO HUMANO son os máis lidos esta temporada para complementar o aprendido!!
 Pero tamén tiñamos moitas ganas de poder ir nos RECREOS á biblio e de visitala semanalmente coa profe!! Por iso hoxe algúns xa a visitamos!!
Canto imos a ler para aprender, descubrir e vivir moitas aventuras a través dos libros!! Pronto vos contaremos!!
Apertiñas lectoras!!

Festa das 2 centenas!!

 Ola peques e familias!!  O primeiro día de curso en primaria comezamos contando os días lectivos!!  Pasiño a pasiño xuntamos UNIDADES que s...