luns, 31 de maio de 2021

Saída con moita música!!

 

Ola peques e familias!! 

Cantas actividades chulas estamos 

a levar a cabo nestas últimas semanas!! 

Unha das mellores son...as SAÍDAS!!

A última combinou NATUREZA,TABLETS, 

DEPORTE, TRABALLO EN EQUIPO e 

MÚSICA, entre outras cousas!! 

Por iso nos acompañou o mestre CARLOS!! 

Primeiro organizámonos nos EQUIPOS 

para poñer en marcha o traballo!!

Despois tocou comezar a probar SONS 

con elementos da NATUREZA!!

Un adianto...

Para rematar tocou rexistrar todo nas TABLETS!!

Traballamos combinando FOTOGRAFÍA E SONS!! 

Pero o resultado...é unha SORPRESA!! 

Hai que agardar un pouquiño!! 

Pero moito nos gusta o momento MERENDA!!

Pura felicidade!!

E rematar cun ratiño de XOGO LIBRE 

no noso espectacular ENTORNO...

NON TEN PREZO!!

E se o tempo nolo permite, 

aquí vos deixo un adianto da próxima SAÍDA 

que será este XOVES DÍA 3 DE XUÑO!!


Con esta pista... 

ADIVIÑADES QUEN NOS ACOMPAÑARÁ?? 

Comentade debaixo a ver se acertades!! 

APERTIÑAS!! 

Ata pronto!!

xoves, 20 de maio de 2021

Semana das Letras Galegas!!

Ola peques e familias!! 

Seguimos na semana das Letras Galegas!! 

Xa coñecemos moito máis a 

XELA ARIAS CASTAÑO

e algunhas das súas obras!!  

A que escribiu cando tiña 11 anos, 

algúns contiños, a súa faceta de tradutora 

e os poemas do seu libro: "DARÍO A DIARIO".

Hoxe grazas a estes últimos comezamos 

a traballar o paso do tempo na familia 

e na nosa vida e...ata rapeamos!! 

Estaredes practicando, non?

E agora varias formas máis de 

festexar a semana das NOSAS LETRAS!! 

Visitar o:

Navegar por un marabilloso DICIONARIO 

elaborado por todo o alumnado do colexio, 

sempre coa vosa colaboración!! 

Nel poderedes atopar 

PALABRAS e EXPRESIÓNS da AROUSA 

nas voces dos peques!!

Visitar a 

REVISTA DESTE CURSO!!

E por último... a CANTAR e BAILAR 

coa NOSA SUPERLINGUA 

da man de "Gramola Gominola"!!


ATA PRONTO!!

venres, 14 de maio de 2021

TAREFA SEMANAL polo DÍA DA FAMILIA!!

Ola, ola!! 

Estamos ás portas de varias celebracións!! 

O "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" 

o vindeiro luns, 

adicado este ano a XELA ARIAS!! 

A semana que ven seguiremos 

coñecéndoa máis e traballando 

o seu poema: DARÍO A DIARIO, 

que escribeu cando naceu o seu fillo, 

no que, a través da FAMILIA 

fala do PASO DO TEMPO. 

E relacionando ambas cousas, 

e sendo o sábado o "DÍA DA FAMILIA", 

chega a TAREFA SEMANAL!! 

Será o punto de partida do seguinte 

proxecto que comezaremos na aula 

nos próximos días!! 

IMOS COA TAREFA!!

1º. Buscar unha FOTO ANTIGA onde saia algúen da familia nalgún lugar da Arousa (ou da localidade onde vivides).

2º. RECREAR esa foto coa nena ou neno como protagonista. É dicir, REPETIR A FOTO NO MESMO LUGAR e o máis similar posible, para poder ver o paso do tempo tanto no espazo físico, na familia...ou noutros aspectos como, por exemplo, a vestimenta.

3º. Escribir a "HISTORIA" da foto orixinal: cando foi feita, quen a fixo, porque se fixo, quen aparece nela, algunha anécdota... 

4º. Por último, escaneade ou facédelle unha foto á imaxe antiga e mandade as dúas (a antiga e a actual) ao correo.
A "historia" da foto antiga traédea á aula.

5º. Data límite: o vindeiro xoves, 20 de maio.

E para rematar dúas cousiñas!! 

O enlace ao BLOG DA BIBLIOTECA 

onde LIBRIA recopilou un montón 

de cousiñas sobre XELA ARIAS!!

E un precioso vídeo sobre a 

DIVERSIDADE FAMILIAR!!

UN PUÑADO DE BOTONES.

Apertiñas enormes!!

sábado, 8 de maio de 2021

Que divertido é o TEATRO!!

 

Ola peques e familias!! 

Como nos gusta descubrir 

DIFERENTES TIPOS DE TEXTOS!!

Fai un tempiño xa traballamos a...

POESÍA!!

 

E agora tocou o...

TEATRO!!

Primeiro aprendemos que é, 

os seus elementos, tipos, etc. 

Despois tocou LER e interpretar!! 

Comezamos localizando 

SIGNOS DE PUNTUACIÓN importantes..



E a ler interpretando e prestando 

mooooita atención para non perdernos!! 

Primeiro obras curtiñas...




Tamén na clase de valores traballamos

 a INCLUSIÓN a través do teatro...

E rematamos as lecturas cunha gran obra 

de teatro coa nosa bruxa favorita, CELIDONIA!!

E, por último, ilustrámolas!!

Agora...xa estabamos preparad@s 

para CREAR as nosas propias OBRAS!!

Primeiro elexir e crear as personaxes!! 

Tipo de ave, nome e debuxo da mesma!!





Listo este paso, creamos unha pequena 

historia en borrador coas nosas personaxes 

que logo convertimos nunha OBRA DE TEATRO!! 

Elaboramos un traballiño ben presentado 

con todo, practicamos moito e...

a REPRESENTAR!! 

Aquí os estupendos resultados!!



















Que vos parece familias??

Nós quedamos moi content@s 

co noso traballo!! 

E aprendemos mooooitas cousiñas 

mentras nos divertimos!! 

Recordade repasar máis sobre "O TEATRO" 

e as "ROCHAS E OS MINERAIS" 

nas entradas anteriores!!

ATA PRONTIÑOOO!!

mércores, 5 de maio de 2021

Viaxando de CON en CON!!

Ola peques e familias!! 

E seguimos de CON EN CON!! 

Vaia travesía estamos a facer 

polas ROCHAS DA AROUSA!! 

E que interesante está resultando!! 

O CAMALEÓN fai un tempiño 

descubría que son SERES INERTES... 

recordades? 

Pero na nosa Illa de Arousa cobran vida 

grazas ás súas historias!! 

Umm...pero imos recordar a diferenza 

entre unha rocha e un mineral!! 

Atendede, atendede!!

E para rematar...

UN VÍDEO E UNHA NOVA 

PARA PENSAR!! 

Que pasaría se un día 

desaparecesen os MINERAIS??

Son máis importantes do que cremos, 

verdade?? Están en todas partes!! 

E agora comentade debaixo...

que vos parece o vídeo e esta nova??

 ROCHAS FORMADAS POR PLÁSTICOS.

Os plásticos...

están xa en todas partes!! 

Seguiremos axudando a reducilos!! 

E PARA REMATAR...

BENVIDO COMPI!!

Apertiñas peques!!

sábado, 1 de maio de 2021

Encantounos o "LAND ART"!!


Ola peques e familias!! 

Que xenial foi este venres!! 

Comezamos cunha SAÍDA cunha 

actividade ARTÍSTICA moi especial!! 

Adentrámonos no "LAND ART"!!

Primeiro ben atent@s á profe Xema!! 

Debiamos traballar coa NATUREZA

pero pedíndolle permiso para facer ARTE 

con ela e prometéndolle que non lle fariamos 

dano e a deixariamos tal e como a atopamos!!

Comprometémonos e...

puxémonos MANS Á OBRA!!


Saír do cole, aproveitar o marabilloso entorno 

que nos rodea, airearnos, cargar pilas, evadirnos 

un pouco desta situación, disfrutar xunt@s e...

APRENDER!!
Educación plástica, rochas e minerais, 

matemáticas, valores de traballo en equipo,

responsabilidade e coidado da natureza...

E para rematar a saída, 

merendola nun pinar para repoñer forzas, 

un pouco de xogo libre na natureza e...

volta ao cole renovad@s!! Peques e mestras!! 

Por certo...para ver as OBRAS DE ARTE 

resultantes, teredes que agardar un pouquiño!! 

Só un pequeno adianto...

E os venres non poden rematar mellor!! 

Se temos todas as tarefas da semana 

rematadas...A XOGAR!!

Ademais, temos xogos novos 

e para todos os gustos!! 

Balanzas, xeoplanos, letras magnéticas, 

xogos de creatividade e motricidade,

diana para traballar a suma de decenas, mapas...

Encántanos APRENDER divertíndonos!!

Contádenos...algunha vez fixerades "LAND ART"? 

Seguro que miles de veces!!

Boa fin de semana!!

Fin do 2º trimestre!!

Ola peques e familias!!   E entre unhas cousas e outras... chegaron os últimos días do trimestre!! Neles tivemos tempo para todo!! Rematamos...