domingo, 31 de marzo de 2024

Rematamos os obradoiros do segundo trimestre!!

Ola peques e familias!! 

E dun enxeñeiro eléctrico a un ELECTRICISTA!!

 Visitounos o pai de Hugo que veu cargadiño de materiais moi interesantes e un vídeo onde nos explica onde se atopa a electricidade, tipos de enerxía... 




Tamén houbo moita "maxia" cos experimentos que realizamos!!

Trouxéronnos uns agasallos chulísimos!! Un deles non puidemos esperar para probalo!!

 Despois clasificamos a profesión e entregamos o merecido DIPLOMA!! 

Rematamos con moitos aplausos e a palabra máxica: GRAZAS!! APRENDEMOS UN MONTÓN E PASÁMOLO PIPA!! 

Apertiñas máxicas!!

Un obradoiro moi eléctrico!!

Ola peques e familias!! 

Os dous últimos obradoiros do segundo trimestre viñeron moi relacionados!! Neste caso visitounos o pai de Icía que é ENXEÑEIRO ELÉCTRICO!!

 Trouxo materiais moi interesantes para ensinarnos e explicarnos!! 

Pero... o que máis nos gustou foron os EXPERIMENTOS!! Nós mesm@s xeramos electricidade estática e conseguimos levar electricidade dunhas pilas ata un ventilador e unha bombilla que acendemos!! Foi incrible!!

Ata un con auga!! 

Viñeron cargados de agasalliños!! 

E despois de axudarnos a clasificar a súa profesión entregamos o merecido DIPLOMA!!

 Rematamos con moitos aplausos e a palabra máxica: GRAZAS POR TANTA APRENDIZAXE E DIVERSIÓN!! 

Apertiñas eléctricas!!

Descubrimos o mundo das OSTRAS!!

Ola peques e familias!! 

No segundo trimestre tivemos un obradoiro moi da nosa localidade da man dos pais de Enma e Roi!! 

Eles coñecen as OSTRAS como ninguén por iso nos explicaron todo o proceso dende a CRÍA ata que chegan ás nosas casiñas!! 


Tamén trouxeron unhas CUNCHAS para ensinarnos e unhas OSTRAS ben cheíñas!!

 Sorprendéronnos cunha MERENDOLA moi especial!! Unha empanada de ostras e algas con forma de peixe!! 

Tamén dous libriños ben interesantes para a aula!! Vaia agasallazos!! 

Para rematar, axudáronnos a clasificar as súas profesións e recibiron o merecido DIPLOMA!!

 Despedímonos con grandes aplausos e a palabra máxica: GRAZAS!! APRENDEMOS UN MONTÓN E PROBAMOS NOVOS SABORES MOI INTERESANTES!! 

Apertiñas marítimas!!

Como funciona unha fábrica de kiwis??

Ola peques e familias!! 

No segundo trimestre tamén nos visitou a nai de Icía que traballa nunha fábrica de kiwis!! 

Veu cargadiña con moitas cousas e trouxo unhas fotos moi interesantes onde vimos todos os pasos previos a que os kiwis cheguen ás nosas casiñas, ademais de coñecer ben a súa planta, flores... 




Despois recolectamos kiwis e os comemos coas "CUCHICHARAS" que nos agasallaron!! Estaban boísimos!! 

Tanto que merendamos durante toda a semana esta froita aproveitando a caixa deles que nos deixou a nai de Icía!! Que sorte tivemos!! 

O único problema é que os elfiños fixeron das súas...

E, por se fora pouco, tiñan máis agasallos para nós!! Un coxín moi orixinal para a nosa biblio de aula, unha mascotiña que atopamos no libro de Amaranta e unhas bolsiñas ben equipadas!! 



Despois de axudarnos a clasificar a súa profesión recibiu o seu merecido DIPLOMA!!

 Rematamos cuns aplausos e a gran palabra máxica: GRAZAS!! APRENDEMOS UN MONTÓN E GOZAMOS DUNHA SÁ E RIQUÍSIMA MERENDOLA!! 

Apertiñas froiteiras!!

Chegou a PRIMAVERA!!

Ola peques e familias!!  A chegada da PRIMAVERA xa se comeza a notar en todos os RECUNCHIÑOS do cole!! Murais coloridos, gorras nos perchei...