sábado, 27 de febreiro de 2021

Practiquemos as horas!!

Ola peques!! 

Este finde toca repasar as 

horas en todo momento!! 

Mirade o reloxo moooitas, 

moooitas veces!! 

Na aula non paramos de practicar!!

Para comezar recordemos...

Agora no reloxo de agullas 

e no dixital tamén!!

E xa...A XOGAR!!

MONTA EL RELOJ.

¿QUÉ HORA ES? UNE. 

¿QUÉ HORA ES? UNE LOS RELOJES CON SU HORA.

JUEGO: LAS HORAS.

AJUSTA LA HORA: EN PUNTO.

AJUSTA LA HORA: Y MEDIA.

¿QUÉ HORA ES? RELOJ DIGITAL.

Recordade que sempre podedes 

repasar no reloxo que tedes 

pegado na vosa axenda!!

                         

E agora 2 xoguiños para curios@s 

que queren saber máis!!

¡¡PARA PENSAR UN POQUITO MÁS!!

¡¡PARA SABER MÁS!!

BOA FIN DE SEMANA!!

xoves, 25 de febreiro de 2021

Tarefa semanal: Aforro auga na miña rutina diaria!!

Ola amiguiños e amiguiñas!! 

Esta semana coa axuda das obras

 de Rosalía de Castro e a mensaxe 

de Greta Thunberg estamos 

especialmente concienciados 

co COIDADO DO PLANETA!! 

Unindo isto co traballo das 

HORAS NO RELOXO...sae a

TAREFA SEMANAL!! 

1º PASO: 

Fai unha táboa co teu 

HORARIO DE RUTINAS DIARIO, 

utilizando só HORAS EN PUNTO, 

E MEDIA E E CUARTO.

2º PASO: 

Pensa en cal desas rutinas 

poderías facer algo para aforrar 

auga ou para o coidado do 

MEDIO AMBIENTE en xeral

e escríbeo ao lado da mesma.

Exemplos:
(Táboa, con debuxos, cómic...)

Outras ideas:

* ÁS 5:00 - PASEO EN FAMILIA - 
Recollemos lixo da praia.
* ÁS 9:00 - VOU PARA A CAMA - 
Comprobo que todas as luces da casa 
que non se usan están apagadas.

Coma sempre, os exemplos 
só son unha guía,agora...
IMAXINACIÓN AO PODER!!

3º PASO: 

DATA DE ENTREGA NA AULA VIRTUAL 
E EXPOSICIÓN NA AULA: 
MÉRCORES 3 DE MARZO.


Pola aula xa van xurdindo pancartas 
espontáneas que reflexan 
a concienciación e preocupación!!

E PARA REMATAR... 

Conta e escribe nos comentarios:

CANTOS RELOXOS TES NA TÚA CASA? 

Recorda que pode habelos en todas partes: 

nos móbiles, ordenadores, tablets, 

espertadores, paredes, de pulseira... 

ATOPARÁS MÁIS DOS QUE PENSAS!! 

ATA A PRÓXIMA 

DETECTIVES HORARIOS!!

mércores, 24 de febreiro de 2021

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro.

 BO DÍA!! 

Hoxe é o:


Foi un día completiño!! 

Coñecemos a súa historia, vida e obras!! 

Recitándoas e ilustrándoas!!

Tamén traballamos a creatividade 

de moitas maneiras!!

E invitámosvos a xogar en comentarios... 

QUEN É QUEN?? 

(Intentemos usar os números ordinais!!).



Ademais...chegounos outra carta 

cun paquete!!

A encargada a leu rapidamente!!

Vaia dous libros tan interesantes 

de mulleres valentes coma Rosalía!!

 

A historia de Greta Thunberg, 
unha nena un pouquiño maior ca nós 
impresionounos e sorprendeunos!! 
Así que nestas semanas...
ESTAMOS DISPOSTOS A AXUDALA
 MÁIS QUE NUNCA!! 

E PARA REMATAR...

Queredes coñecer un pouquiño 

máis a Rosalía  de Castro? 

Comezamos!!

Agora comproba o que sabes 

neste xogo!!



E tamén neste vídeo con preguntas!!


Seguimos coa súa obra!! 

Xogo de formar parellas:

MOSAICO: Obras de Rosalía de Castro.

Canción "Adios ríos, adios fontes" 

con pictogramas:



E agora con máis marcha con...

Astarot!!


Canto sabes desta marabillosa 

obra relacionada coa auga??





E para rematar... 

comproba todo o que aprendeches!! 

ATRÉVESTE? 

Inténtao todas as veces que o 

precises ata que o consigas!!




Rosalía de Castro quería moito 

á súa terra, por iso estas semanas 

traballamos especialmente 

o coidado da mesma!!

Apertas!!

luns, 22 de febreiro de 2021

Números pares e impares!!

Ola increíbles matemáticos 

e matemáticas!! 

Hoxe imos a repasar 

os números pares e impares!! 

RECORDADE:

UN REPASIÑO:


Cantemos un pouco!!

venres, 19 de febreiro de 2021

Tarefa semanal: Día de Rosalía de Castro.

 Boas tardiñas!! 

Hoxe toca unha tarefa relacionada 
coa conmemoración que celebraremos 
a próxima semana... 
O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!! 

Xa levamos uns diiñas 
coñecéndoa ben e imos a seguir!! 

No seu tempo non precisaban máscara 

pero intentaban tapar dalgunha maneira 

a súa boca, as súas palabras...


Nesta tarefa traballaremos experimentando 

darlle vida a algún dos seus 

poemas en forma de ilustración!!

TAREFA SEMANAL 

ROSALÍA DE CASTRO.


Poemas que levaron impresos 

relacionados coa auga: 

A paisaxe galega,

 parece unha rosa 

e adios ríos, adios fontes. 


1º. Le os poemiñas 

en baixiño varias veces. 

2º. Agora anímate a recitarllos 

á túa familia en alto. 

Se che apetece, 

graba ese momento e envíao 

ao email da mestra para velo na clase.

3º. Escolle o poema 

que máis che guste.

4º. Volve a lelo con moita 

atención para non perder 

detalle do que nos conta. 

3º. Realiza un MURAL ben 

bonito ILUSTRANDO 

O POEMA ELIXIDO onde a 

AUGA sexa a protagonista.

Podes incluír de decoración 

algúns versos ou palabras 

dos poemas.

Ilustración de Aurora 
Cascudo Román.


Ilustración de 
Rodrigo Chao Blanco.

DATA DE ENTREGA na aula 


virtual E EXPOSICIÓN na clase


MÉRCORES 24 DE FEBREIRO.


ADIANTE ARTISTAS!! 


E un recordatorio 

rápido para repasar 

matemáticas!!



Na próxima entrada máis cousiñas 

chulas de Rosalía de Castro! 

Estades atent@s!! 


Apertiñas!!

luns, 15 de febreiro de 2021

Chegou...o ENTROIDO á Arousa!!

Ola, ola entroideiros e entroideiras!! 

Seguindo o último mandadiño 

do MECO, o xoves 

sacamos do armario os nosos 

disfraces favoritos!! 

Mirade, mirade... hai para todos 

os gustos e de todas as cores!!


Ata os profes se animaron!!

Aínda que algúns saíron pitando!!

E coa maxia do entroido ata 

conseguimos xuntar ao SOL e á LÚA 

e recordar o especial disfraz 

do curso pasado!!

Pero...era día de EMOCIÓNS!! 

Así que seguimos cun desfile xenial e...

xogos moi bailongos 

grazas á profe Noelia!!

QUE BEN O PASAMOS!! 

E o venres foi...O GRAN DÍA!! 

As científicas e os científicos 

comezaron a encher o cole!!


Ata unha que tivo que sacar a perruca 

xa que...non a recoñeciamos!!

Desfilamos con moita chulería!!

Pasamos polo photocall científico 

con moita graza e estilo!!

Ata realizamos explicacións dignas 

dos mellores científicos profesionais!! 

E fomos, coma sempre, 

moooi orixinais nos nosos deseños!!

Sen esquecernos dos postres típicos 

taaaan ricos que comemos!!

Despedímonos xa pensando 

no próximo ano no que esperamos 

que as únicas máscaras que levemos 

sexan as de entroido, 

que o desfile pase das  

escaleiras e do pabillón ás rúas 

da nosa querida Arousa 

e que nos sintamos de novo 

acompañad@s por todas as 

familias e veciñ@s do pobo!!

E QUE NON PARE 

A FESTAAAAAA!!

venres, 12 de febreiro de 2021

Tarefa semanal...A COCIÑAAARRR!!

 

Boas tardiñas!! 

A GOTIÑA DA AROUSA proponnos 

un novo experimento desta vez...

DELICIOSO!! 

Sabiades que cando cociñamos 

en realidade tamén usamos uns 

materiais que serían os INGREDIENTES 

(moitas veces con AUGA!!)

e seguimos uns PASOS ben ordenadiños 

para conseguir un BO RESULTADO FINAL??

POIS A POLO EXPERIMENTO CULINARIO!! 

Xa que este venres moitos vos 

animastes a traer unha MERENDA 

TÍPICA DE ENTROIDO

imos ir por aí!! 

Primeiro investigade na ficha 

os diferentes nomes dos postres e 

elexide un destes ou outro que vos guste!!

Despois, a tarefa sería a seguinte: 

1º - Xuntar os ingredientes. 

2º - Elaborar a receita coa axuda dun adulto. 

3º - Realizar un TRABALLIÑO ben bonito 

e con boa letra en minúscula onde recollades: 

- FOTO OU DEBUXO DO RESULTADO 

(POSTRE) COS COCIÑEIR@S.

- INGREDIENTES. 

- PASOS PARA A ELABORACIÓN. 

4º - ENTREGA NA AULA VIRTUAL E EXPOSICIÓN 

NA CLASE O VENRES DÍA 19 DE FEBREIRO.  

E non olvidedes ESTUDAR MOITO!!

E tamén aprender esa 

estrofiña do precioso poema de 

ROSALÍA DE CASTRO 

que tamén fala da auga, 

da nosa auga, da auga da NOSA GALICIA!! 

Traballaremos moito con el!! 


E nestes días...

outra entradiña de ENTROIDO!! 

ATENT@S!!

APERTIÑAS DOCES!!

Unidades temporais!!

  Ola peques e familias!!  Xa que comezamos co traballo do TEMPO ... toca repaso ás UNIDADES TEMPORAIS: OS MESES DO ANO!! Seguro que record...