xoves, 25 de febreiro de 2021

Tarefa semanal: Aforro auga na miña rutina diaria!!

Ola amiguiños e amiguiñas!! 

Esta semana coa axuda das obras

 de Rosalía de Castro e a mensaxe 

de Greta Thunberg estamos 

especialmente concienciados 

co COIDADO DO PLANETA!! 

Unindo isto co traballo das 

HORAS NO RELOXO...sae a

TAREFA SEMANAL!! 

1º PASO: 

Fai unha táboa co teu 

HORARIO DE RUTINAS DIARIO, 

utilizando só HORAS EN PUNTO, 

E MEDIA E E CUARTO.

2º PASO: 

Pensa en cal desas rutinas 

poderías facer algo para aforrar 

auga ou para o coidado do 

MEDIO AMBIENTE en xeral

e escríbeo ao lado da mesma.

Exemplos:
(Táboa, con debuxos, cómic...)

Outras ideas:

* ÁS 5:00 - PASEO EN FAMILIA - 
Recollemos lixo da praia.
* ÁS 9:00 - VOU PARA A CAMA - 
Comprobo que todas as luces da casa 
que non se usan están apagadas.

Coma sempre, os exemplos 
só son unha guía,agora...
IMAXINACIÓN AO PODER!!

3º PASO: 

DATA DE ENTREGA NA AULA VIRTUAL 
E EXPOSICIÓN NA AULA: 
MÉRCORES 3 DE MARZO.


Pola aula xa van xurdindo pancartas 
espontáneas que reflexan 
a concienciación e preocupación!!

E PARA REMATAR... 

Conta e escribe nos comentarios:

CANTOS RELOXOS TES NA TÚA CASA? 

Recorda que pode habelos en todas partes: 

nos móbiles, ordenadores, tablets, 

espertadores, paredes, de pulseira... 

ATOPARÁS MÁIS DOS QUE PENSAS!! 

ATA A PRÓXIMA 

DETECTIVES HORARIOS!!

10 comentarios:

  1. Ola son Alicia!
    Estiven investigando e na casa temos moitos máis do que creía.
    Na nosa casa en total hai 15 reloxos.

    ResponderEliminar
  2. Ola,son Pablo.
    Eu encontrei na miña casa 23 reloxos.
    Chao

    ResponderEliminar
  3. Hola son Leo.Eu tamen teño 23 reloxos. Chaoo

    ResponderEliminar
  4. Ola son Breogán, en total na miña casa hai moitos reloxos, máis de 40, porque contei tamén os que teñen os coches. Chao.

    ResponderEliminar
  5. Ola son Elia,na nosa casa hai 15 reloxos,e seguro
    Q se me escapa algún.😀😀😀

    ResponderEliminar
  6. Ola son Daniela, na miña casa hai 11 reloxos. Querovos moito, chao.

    ResponderEliminar
  7. Hola son Alejandro na miña casa ahí 19 reloxos 😅

    ResponderEliminar
  8. Ola son Gael. Teño 12 reloxos na casa. Adeus conpañeiros e conpañeiras.

    ResponderEliminar
  9. Ola son Alén na miña casa hai 5 reloxos.

    ResponderEliminar
  10. Ola a todos. Son Clara e na miña casa ai 16 reloxos. Chao

    ResponderEliminar

Unidades de medida - Peso

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar...  AS UNIDADES DE PESO !!  Aquí quedan varios xogos! XOGO 1 XOGO 2 XOGO 3  Adiaaaaaante!!  Apert...