martes, 29 de novembro de 2022

Aniversarios de novembro!!

 Ola peques e familias!! 

Este mes chegou cargadiño 

de celebracións!! 

Vari@s compis fixéronse 

maiores!! 

Comezou abrindo o mes... 

SIRA que luciu o gorriño cun

sorriso e a súa torta moi sá

e deliciosa de cenoria!! 

MARIÑA tamén quixo compartir 

con nós un biscoito...riquísimoooo!! 

E levou unha GRAN SORPRESA 

cando a encargada escolleu o 

seu nome como "PALABRA DO DÍA"!! 

Que mellor agasallo que o 

agarimo dunha compi??

Continuamos con IVÁN que, 

perdeu un dente pero gañou 

un ano!! Vaia biscoito 

compartiu con nós!! 

E para rematar... 

MARTÍN apareceu cun biscoito 

máis grande que el que fixo 

coa súa avoa!!

Ademais da postal coa que o 

agasallamos, cremos que o 

mellor que se levou foi ese ratiño 

compartido con ela!! 

VIVAN AS AVOAS, OS AVÓS E OS FAMILIARES QUE NOS AXUDAN A ELABORAR ESTAS DELICIAS E COMPARTEN O SEU VALIOSO TEMPO CON NÓS!! 

E cantando vos desexamos... 

O MELLOR ANIVERSARIO!! 

E que sexades MOOI FELICES!! 

Animádevos a felicitar aos 

compis nos COMENTARIOS!!

Apertiñas festeiras!!

venres, 25 de novembro de 2022

"Rompe as cadeas que te fan chorar"

Ola peques e familias!! 

Chegou o día, o día de reivindicar 

que NON queremos VIOLENCIA 

ao noso redor!! 

Levamos varios días 

preparándoo...

Por iso o alumnado e profesorado 

do CEIP TORRE-ILLA unímonos 

para "ROMPER XUNT@S AS 

CADEAS QUE NOS FAN CHORAR"!! 

Tres compañeiras representaron 

á nosa aula!!

Porque como di a canción 

que cantamos e bailamos...

"Se acabaron las lágrimas"!! 

"Cuando sientes frío en la mirada, 

cuando alguien ha roto 

tu sonrisa de cristal"... 


"ESCAPA que la vida se acaba [...], 

los minutos se marchan...

SALTA que la calma te abraza, 

los momentos se pasan..." 

Isto só é un pequeno adianto...

ESTADE ATENT@S!! 

Apertiñas agarimosas!!

mércores, 23 de novembro de 2022

A aventura de aburrirse foi...ALUCIFLIPANTE!!

Ola peques e familias!! 

Esta semana comezou...

con EXCURSIÓN EN BUS!!



Para nós iso xa foi unha FESTA!! Pero...seguimos a ruta andando!! 

E por fin chegamos... 

ao TEATRO!!


Estabamos moi nervios@s 

esperando e...a obra comezou!! 

Vides a XOGAR CON NÓS?? 

Con esta montaña de xoguetes 

pasarémolo ben?? 

Ou mellor coa nosa 

IMAXINACIÓN!!

E cun patiño de goma 

e unha linterna!! 

Acompañádesnos 

a vivir aventuras en busca do 

patiño polo MUNDO DAS CORES??

 Coooomezamos alucinando!! 


Pero...que ven os nosos ollos?? 

POR FIN Rita, coa nosa axuda 

atopou o patiño!! 

O patiño ou...OS PATIÑOS?? 

Como dixo unha compi a obra e

isto de XOGAR COA IMAXINACIÓN...

é ALUCIFLIPANTE!!  

Que sabias son as AVOÍÑAS...

Para finalizar...

A CANTAR con Rita!! 

Por que non probades a 

ABURRIRVOS un pouco en 

FAMILIA e IMAXINAR?? 

Animádevos a contarnos as vosas 

aventuras en COMENTARIOS!! 

E para despedirnos...

a última aventura ocorreu

 ao chegar á AROUSA!! 

O ARCO DA VELLA 

recibiunos entre a tormenta!!

Ata a próxima!!


domingo, 20 de novembro de 2022

A festa do MAGOSTO!!

Ola peques e familias!! 

Imos de FESTA EN FESTA!! 

A do MAGOSTO 

é das nosas preferidas!! 

Aquí a nosa presentación 

da festa cunha RIMA!! 

E se a transformamos 

en RAP?? Atrevémonos 

a todo!! Escoitade, escoitade!!

Viñemos con vestimenta 

para a ocasión!! 

Gozamos de moitísimos 

XOGOS POPULARES!! 





Como nos rimos coas carretillas!! 

Cal foi o voso xogo favorito? 

Animádevos a contalo 

nos comentarios!!

E non hai festa sen comilona!! 


As castañas e os boliños de

 chourizo...ENCANTÁRONNOS!! 

Grazas cociñeiros!!

Foi unha merenda moi 

especial e...graciosa!!



Pero despois...tocaba CANTAR 

E BAILAR na FOLIADA!! 

Comezaron de sorpresa...

@S MESTR@S!! 

E continuámola tod@s!! 

PASÁMOLO PIPA e marchamos 

moi content@s co noso conto 

da "CASTAÑA QUE ESTOUPOU 

COA RISA"!! 

Apertiñas festeiras!!

venres, 18 de novembro de 2022

Que vos parece se imos de compras??

 Ola peques e familias!! 

Levamos unha boa tempada 

falando de ALIMENTACIÓN 

e non podiamos complementar 

mellor o tema que cunha experta, 

xa que Susana, a nai de Ari, 

traballa nun supermercado!! 

Ten varios traballos alí: 

caixeira, charcuteira, peixeira...

que pasada!! E varios uniformes!! 

Algo moi importante que nos comentou foi que deben respectar moi ben as MEDIDAS DE SEGURIDADE E HIXIENE!! Ela grazas a unhas luvas especiais o outro día non se mancou nun dedo...menos mal!! 

Todo seguiu...

cun SUPERMERCADO 

que montamos na aula!!

Así que alí nos fomos de compras!! Susana e Ari atendéronnos de marabilla!! Pero...como nos gusta estar preparad@s e valorar moito o esforzo por vir a vernos, preparámonos ben os días anteriores co repaso das MOEDAS, BILLETES E SITUACIÓNS DE COMPRA con retos e produtos/prezos reais grazas á vosa COLABORACIÓN!! 

Mirade, mirade... 



Algunha dúbida xurdiu nos RETOS

pero logramos resolvela!! 

Pero isto non rematou aquí!! 

Susana e Ari tíñannos un APERITIVO SORPRESA para antes de comer directamente chegado da súa charcutería!! Estaba delicioso!! 

Só nos queda darlle un forte aplauso, as GRAZAS de corazón e o merecidísimo DIPLOMA!! 

Ata pronto!!



Chegou a PRIMAVERA!!

Ola peques e familias!!  A chegada da PRIMAVERA xa se comeza a notar en todos os RECUNCHIÑOS do cole!! Murais coloridos, gorras nos perchei...