venres, 22 de abril de 2022

A inauguración da BIBLIOTECA!!

Ola, ola familias e peques!!  

Chegou o día tan esperado!!  

Co gallo do DÍA DO LIBRO...

INAUGUROUSE

A NOVA BIBLIOTECA!!

No BLOG DA BIBLIO tedes todo...
o que se pode contar e ver!! 
Xa que faltan moitos compis 
por visitala e hai que manter a emoción!! 
Clicade aquí!! 

Encantounos!! 

Só hai que ler as nosas impresións!!


E a partir de agora...
visitala moitísimo!!

LIBRIA quedou encantada!! 
Estaba tan ilusionada e emocionada!! 

Houbo máis actividades que continúan 
para a semana que xa vos contaremos e...
para rematar o día tivemos un 
CONTACONTOS ILUSTRADO moi especial 
d@s nos@s amig@s AMARANTA e XELO!! 


E o ilustrador asinounos os LIBROS!!
Pero contarémovolo na próxima ocasión!! 
Apertiñas lectoras!!

xoves, 21 de abril de 2022

Vaia sorpresón de LIBRIA!!

 Ola, ola familias e peques!!  

Hoxe foi un GRAN DÍA!! 

E mañá seguro que o será aínda máis!! 

Mirade que NOTICIÓN recibimos!! 

Pinchade no BLOG DA BIBLIO 

e alucinaredes!!

ENLACE AO BLOG

Na nosa aula, entre que a letra 

da carta era ESPECIAL 

e o nervios@s que estabamos, 

ata nos costou lela!!

 Pero entre tod@s conseguímolo e...

VAIA EMOCIÓN!! 

Apertiñas lectoras!!

mércores, 20 de abril de 2022

Repasamos na casa!!

Ola, ola familias e peques!! 

Comezamos trimestre 

e con máis ganas que nunca!! 

Hoxe sumamos cos DADOS!!

Que vos parece uns xogos 

para ir quentando motores?? 

Aquí quedan os enlaces:

CRUZA EL RÍO SUMANDO.

CRUZA EL RÍO RESTANDO.

SUMO UNIDADES Y DECENAS.

SUMAR UNIDADES Y DECENAS RELACIONANDO.

SUMAR DECENAS COMPLETAS CON CARTAS.

¿CUÁNTAS CARTAS TIENE LA NIÑA? 

SUMAR DECENAS COMPLETAS Y UNIDADES CON CARTAS.

Nesta páxina podedes atopar máis interesantes!!

JUEGOS MATEMÁTICOS.

Pero sabedes que?? 

Xa estamos comezando a introducir 

as CENTENAS no cálculo mental!! 

Mirade que ben o explica o noso compi!!

E... xogamos co ABECEDARIO!! 

Animádesvos a acompañarnos?? 

Pois collede tod@s papel e lapis e...

a debuxar, cantar e bailar!! 

Clicade no enlace:

EL ABECEDARIO DE LA A A LA Z.


Sabes o ABECEDARIO? A practicar!!

Ata prontiño!!

sábado, 9 de abril de 2022

Rematamos o segundo trimestre!!

Ola, ola!! 

Outro trimestre rematado xa?? 

Como pasa o tempo!! 

E que ben o pasamos!! 

Por fin puidemos levar para casiña os nosos 

LIBRIÑOS DOS SERES VIVOS!! 

Foron moitos días de traballo...

de axudarnos...






QUE MERECERON A PENA!! 

Mirade os resultados!!


Reunimos a todos os 

amigos de AMARANTA 

e dalgún conto máis!! 

Ela tamén está, 

a ver se a atopades!!


E tamén as PLANTIÑAS que ían 
aparecendo nas súas viaxes!!

Por suposto...
NON FALTOU A FESTA!!


QUE BEN O PASAMOS!!
Este foi o baile estrela!!


Tamén foi unha semana intensa 
de TRABALLO DA PESCA!! 
Seguiremos traballando con este tema 
no seguinte trimestre!! Só un adianto...


Para que será esa tela verde? 
Nalgunha foto tedes PISTAS!! 
GRAZAS profe Toño pola túa axuda!!


Quedan cousiñas por mostrarvos 
deste trimestre!! 
Pero chegarán, estade atent@s!! 
Despedilo con este agasallo, 
non ten prezo!! GRAZAS!!


Volverase a prender a luz para seguir 
GRAVANDO aprendizaxes na nosa cabeciña 
e momentiños especiais no noso corazón!!


BOAS VACACIÓNS!!

xoves, 7 de abril de 2022

Última hora da BIBLIOTECA!!

 

Ola familias e peques!! 

Hoxe é a primeira vez que 

recibimos dúas cartas xuntas!! 

Eran de dúas grandes amigas!! 

A primeira de AMARANTA 

na que nos propón uns...RETOS!! 

E, ademais, nos presenta a ONZA!! 

Estamos desexando coñecer a súa historia!!

A outra era da marabillosa LIBRIA!! 

Como nos gusta!! 

Tanto que mirade 

3 das nosas MALETIÑAS...

Pero desta vez deixounos 

impresionad@s!! Lede, lede!!

Ten 2 GRANDES SORPRESAS!!
E sabedes? 
Parece que no 
BLOG DA BIBLIOTECA 
deixou máis pistas...
Pinchade no enlace:

QUE SERÁ, SERÁ?? 
Vaia nervios... 
Polo de pronto temos 
que cumprir a nosa misión!! 
Ata prontiño!!


mércores, 6 de abril de 2022

Exprimindo o segundo trimestre!!

 Ola familias e peques!!

Agora si que si...

outro TRIMESTRE está 

case rematado!! Como pasa o tempo!! 

E tanto que pasa que estas últimas 

semanas estamos exprimíndoas 

tan a tope que os minutos non

 nos chegan para contárvolo!! 

Hoxe por fin puidemos levar as nosas 

MALETIÑAS TAN CHULAS con algúns 

dos TRABALLIÑOS DO TRIMESTRE!! 

Xa que houbo moitísimos máis que 

non podían ir aí dentro!! 

Mirade, mirade que artistadas!! 







Ata nunha delas apareceu unha 

PERSONAXE que queremos moito, 

nos trae CARTAS e nos acompaña

 todos os días na aula!! 

Xa sabedes quen é? 
Respondede en comentarios!! 

PISTA: Atópase á esquerda!!

Aínda nos ten moitas 

SORPRESAS PREPARADAS!!

Tamén estamos creando unha 

MANUALIDADE moi especial... 

Primeiro tivemos que estudar moito, 

despois investigar nas TABLETS...

Polo de agora só un pequeno adianto!!


Todo o que traballamos sen apenas 

darnos conta e pasándoo pipa!! 

E a Amaranta parece 

que lle están ENCANTANDO!!

 Ah!! Non pensedes que por estar a 

piques de chegar as vacacións 

abandonamos as MATES!! 



Despois de traballar MOI BEN as 

UNIDADES e as DECENAS 

de mil maneiras diferentes...

chegaron os SOLES DA DATA!!



E cada vez os RETOS 

medran máis e máis!! 

E iso non nos pode motivar máis!!






Chegando incluso esta semana 
a comezar a ATREVERNOS COAS 
CENTENAS!! Mirade, mirade!!


Co reflexo non se ve moi ben pero 

somos uns e unhas auténticas EXPERTAS!! 

Anímovos a seguir 

PRACTICANDO NAS VACACIÓNS!!

E sobre os TRABALLIÑOS DA PESCA 

non podemos contarvos aínda moito!! 

Pero estamos traballando arreo, 

á vez que aprendemos a expresarnos

 diante dos compañeir@s 

(e de moitas TABLETS grabando, 

pareciamos FAMOS@S!!).

Ademais de descubrir moitas 

cousas sobre a PESCA e o mar, 

valorando os traballos d@s nos@s 

familiares e veciñ@s, traballando en EQUIPO 

axudándonos e escoitándonos con moita atención e 

EMOCIONÁNDONOS E DIVERTÍNDONOS 

con todas as ANÉCDOTAS!! Son xeniais!!

Poderiamos seguir pero deixaremos 

algo para outra ocasión!! 

Saudiños e ata pronto!!

Xogando cos tipos de palabras!!

Ola peques e familias!!  Levamos unhas semanas profundizando no coñecemento dos TIPOS DE PALABRAS !! Ata o de agora NOMES COMÚNS E PROPIOS ...