martes, 31 de outubro de 2023

Achégase o Samaín!!

 Ola peques e familias!! 

Vaia semaniñas cheas de SORPRESAS TERRORÍFICAS!! Dende a ambientación que cada día nos sorprendía con algunha novidade!! Como na entrada da nosa aula...


Actividades diferentes na aula!! Como molou estrear o "FOLIO MÁXICO"!!

Ou participar na "caixa dos medos" dos compis de sexto que farán que desaparezan!! Saíron ideas moi interesantes e ata sorprendentes!! GRAZAS!!

E non podía faltar a tradicional EXPOSICIÓN DE CABAZAS!! Vaia artistas estamos feitos!!

 Pero aínda falta o GRAN DÍA DE PEDIR "unha limosniña polos defuntiños que van alá" e... o día grande no cole!! O día da FESTA!! Seguimos o venres!!

Apertiñas escalofriantes!!

luns, 30 de outubro de 2023

Na nosa aula coidamos o CORPO!!

 Ola peques e familias!!  

Que interesante é coñecer o noso CORPO e cantas cousas descubrimos!! Despois de ter ben claras as partes da nosa CABEZA e que non se nos olvidaran as ORELLAS nos debuxos por exemplo... pasamos a debuxarnos enteir@s partindo da nosa foto!!

Cada vez olvídansenos menos partes!! Despois tocou rodear en vermello as ARTICULACIÓNS!! 
E o RETO FINAL era debuxarnos espid@s sinalando todas as partes da CABEZA, do TRONCO e das EXTREMIDADES!! Demostramos que o temos controlado!!
O seguinte paso era coñecer a mellor maneira de coidalo con HÁBITOS SAUDABLES como a hixiene, o deporte, o descanso...


Adoitamos ter música relaxante mentras traballamos porque nos axuda a concentrarnos, pero un día probamos con algo diferente aproveitando os contiños que traen @s peques á aula e mirade que marabilla!!

E SE VOS FIXASTES BEN... FAI UNS DIIÑAS COMEZAMOS A APRENDER A USAR A LIBRETA!! QUE EMOCIÓN!! Con un pouco máis de práctica...seremos uns/unhas EXPERT@S!!

Pronto comezaremos con outro hábito importante que xa está moi presente nas nosas merendas e no que nos pararemos moito!! A ALIMENTACIÓN!! Para comezar déixovos o PRATO DE HARDVARD que cobrará moita importancia na nosa aula!!

Apertiñas saudables!!

venres, 27 de outubro de 2023

Que peiteadiñ@s saímos hoxe!!

Ola peques e familias!!

Os obradoiros continúan e hoxe visitounos Cristina, a nai de Sofía disposta a deixarnos a todas e todos guapisísim@s!! 

Ela é PEITEADORA!! 

Explicounos os moitísimos SERVIZOS que se ofrecen nesta profesión, todo o que hai que estudar e prepararse pero co que máis alucinamos foi... co seu "BOLSO DE MARY POPPINS"!! Cantísimos instrumentos diferentes utiliza!!

 Pero agora viña o mellor!! Ofreceuse a facernos a tod@s uns peiteados estupendos coa axuda de Sofía!! Ata con moitas cores!! 

Xa vos imaxinades o éxito, pasámolo pipa ademais do guapísim@s que quedamos!! 

Pero aínda había algo máis!! Sofi e Cristina tiñan un agasalliño para nós!! Encantounos!!

Antes de marchar pedimos axuda a Cristina e clasificamos a súa profesión nas que ofrecen SERVIZOS e entregámoslle o merecido DIPLOMA!! 

Vaia grupo de modelos de 1ºA!!


Moitas GRAZAS Cristina e Sofía!! Encantounos a túa profesión, aprendemos un montón, pasámolo ben e saímos guapísim@s!! Que máis se pode pedir?? 
Apertiñas  presumidas!!

xoves, 26 de outubro de 2023

Recibimento terroríficamente divertido!!

 Ola peques e familias!! 

Esta semaniña ao chegar ao cole non sabiamos se rir ou berrar!! E...as dúas cousiñas estiveron presentes!! O cole comezaba a prepararse para SAMAÍN cunha decoración terroríficamente divertida!! 

Quedamos alucinad@s 

e gozamos moito!! 

E sabedes que?? 

Libria tamén se puxo mans á obra e a biblio tamén se transformou!! No seu blog podedes ver o que argallou!! Deixádelle comentarios sobre que vos parece xa que traballou moito!! Ademais, compartiu con nós libros moi chulis!!

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

 Hoxe tocounos hora de biblio e alá fomos de valentes!! 

A entrada a escuras deunos un pouquiño de medo por iso a profe a suavizou... pero enseguida comezamos a descubrir novidades que nos encantaron!! 

E o mellor é que Libria tiña un agasallo para nós!! 



LIBROS DE SAMAÍN para a aula e unha MASCOTIÑA que xa se fixo amiga do Mono Bono!!


Se este é o comezo... 

imaxinade todo o que nos espera!! 

Estade atent@s porque parece que si que chegou o... 

E por fin a primeira FOTO DO GRUPO ao completo!!

Apertiñas terroríficas!!

mércores, 25 de outubro de 2023

Un obradoiro emotivo e especial!!

 Ola peques e familias!! 

Fai uns diiñas tivemos o OBRADOIRO de Carolina, a nai de Enma que chegou como mami...

... e convertiuse en Educadora Social e directora dun Centro de Día de persoas da terceira idade poñendo o seu uniforme!! Tachán!!!

Contounos un montón de cousas interesantes do "COLE DE MAIORES" onde traballa!! Alí aprenden, xogan, exercitan corpo e mente, socializan, celebran festas...e moitísimo máis!! Pero o máis importante é que se sinten acompañad@s, querid@s e coidad@s!! Que marabilloso e gratificante traballo!! 

Pero... xa descubristes nas fotiños a GRAN SORPRESA que a acompañaba?? 

Tivemos a sorte de que tres "chicas" do seu "cole" viñesen con ela!! Rosa, Mercedes e Constantina namoráronnos e nós a elas!! Contáronnos o FELIZ que as facía ir ao seu cole e demostráronnolo xogando, aprendendo e facendo exercicio con nós!! 

Ata repasamos a 

SEPARACIÓN DE RESIDUOS!!

Rosa quixo vir porque lle gustan moito @s nen@s!! Estaba feliz!! A Mercedes encántalle pintar e cando lle ensinamos as nosas árbores do outono quedou abraiada!! E sabedes? Pediulle a Carolina facer a actividade no seu cole!! A ver se o consigue e nos mandan algunha fotiño!!E Constantina non perdeu detalle de todo o que pasaba!! 

E chegou a despedida!! Pedimos axuda a Carolina para clasificar a súa profesión e colocámola nas que ofrecen servizos!! 

Tamén recibimos uns agasallos: unhas florciñas feitas por elas para a aula e un CONTO precioso co que rimos moito pero tamén nos fixo entender unha enfermidade que nos dou un pouco de peniña... pero coa que xa saberiamos como axudar e acompañar que é o importante!! Quedounos asinado para que sempre as lembremos cando o leamos!!

Pero nós tamén tiñamos unha sorpresa!! Para as chicas fixemos uns preciosos debuxos con adicatorias moi emotivas!! Que felices as fixemos!! Ata lle deron bicos!!

E para Carolina o seu merecido DIPLOMA!!

 GRAZAS a Enma e á súa mami por ensinarnos e emocionarnos tanto!! 

Agora temos un GRAN RETO!! Facer chegar debuxiños aos case 100 compis de cole de Cambados e Vilagarcía das nosas chicas!! Conseguirémolo?? Teredes novas pronto!!

Apertiñas emotivas!!

Chegou a PRIMAVERA!!

Ola peques e familias!!  A chegada da PRIMAVERA xa se comeza a notar en todos os RECUNCHIÑOS do cole!! Murais coloridos, gorras nos perchei...