05 xullo 2025
03 xullo 2025
Último obradoiro do curso!!
Ola peques e familias!!
Por fin hoxe podemos compartir con vós o último obradoiro de avoíñ@s do curso!! As novas tecnoloxías puxeron algún impedimento pero aquí está!! Para rematar esta preciosa actividade visitounos Pepe, o avó de Leo que nos veu a falar de moitas cousas interesantes!!
Comezou por contarnos todas as profesións que recorreu antes de ser mestre!!
Tamén nos falou das TRADICIÓNS que máis lle gustan da Arousa e dun deporte que xogou moito tempo, o ping-pong!! Ata xogou con nós!!
Foi unha visita incrible da que aprendemos un montón!! Aquí vos deixamos o enlace ao vídeo para que poidades disfrutalo ao completo!!
CARCAMÁN TV
Por suposto, tivo o seu merecido DIPLOMA e el tamén tivo detalliños para nós!!
Agora só queda unha entradiña do último día e despedimos o noso benquerido blog!!
Apertiñas emocionadas!!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Como molan as mates!!
Ola peques e familias!! Sempre nos encantaron as mates pero este trimestre está sendo xenial!! Xa levamos unhas semaniñas practicando conc...
-
Bo día peques e familias!! O curso arranca e con el damos a BENVIDA a novas e novos peques en PRIMARIA cunha aula ben colorida!! Na clase...
-
Ola peques e familias!! Que emocionante é estar no cole dos maiores!! Cando xa conseguimos que os nervios vaian calmando e que a ILUSIÓN o...
-
Ola peques e familias!! Aproveitando que as tecnoloxías xa deixan resumimos nunhas fotiños e vídeos o ben que o pasamos na despedida do cu...





















