venres, 29 de xaneiro de 2021

Día escolar da PAZ e a NON VIOLENCIA!!

Ola, ola!! 

O día 30 de xaneiro, 

conmemórase o día escolar da PAZ 

E A NON VIOLENCIA!! 

As nenas e nenos de SEGUNDO 

falamos moito estes días 

sobre a importancia de coidar 

o medio ambiente e a NATUREZA 

que temos máis preto 

e que isto inflúe...a todo o planeta!! 


Recordades esta fotiño?

Porque A PAZ tamén debe ser 

MEDIOAMBIENTAL, 

para conseguir un MUNDO SUSTENTABLE, 

BONITO, SAUDABLE

E LIBRE DE CONTAMINACIÓN. 

Con este vídeo queremos transmitir 

a mensaxe de que temos que 

CONSTRUIR A PAZ COA NATUREZA!! 

SEMPRE DA SÚA MAN!! 


Vaia fotiños máis chulas 

nos mandastes!! 

E fixástesvos nas frases 

tan interesantes? 

FAMILIAS E PEQUES...

Cal vos fixo reflexionar/pensar? 

Gustouvos o vídeo? 

Podedes comentar debaixo :) 

E para rematar... 

Moitos recursos interesantes!!

GENIALLY DA PAZ

Agora xogade coa vosa familia 
a resolver estas incógnitas!!

ESCAPE ROOM DÍA DA PAZ.

E a non parar 
de cantar e bailar!!


Apertiñas!!


domingo, 24 de xaneiro de 2021

O ciclo da auga

Ola a todos e todas!!

A GOTIÑA DA AROUSA 

continúa as súas aventuras!! 

Descubrimos que sempre está 

viaxando e cambiando de estado!! 

A viaxe que fai chámase 

CICLO DA AUGA!!

VÍDEO DO CICLO DA AUGA.

Para descubrir máis cousiñas sobre el... 

que mellor que un EXPERIMENTO?? 




TAREFA SEMANAL:

1º - Xuntar todos os materiais e realizar 
o experimento coa axuda dun adulto.
(Pode costar máis a condensación 
xa que os días non están soleados, 
pero debería producirse. 
De todas formas senón pode axudar 
pegala cerca dunha fonte de calor.)

2º - Observar que ocurre, 
preguntarnos por que 
e realizar unha foto.

3º - Practicar a ADXUNTAR A/S FOTO/S
 na AULA VIRTUAL en:
"ENTREGA PÚBLICA- 
Experimento do ciclo da auga".

4º - Realizar un TRABALLO onde incluades:
- Título do experimento.
- Materiais empregados.
- Fotos do experimento 
(ou debuxos coloreados).
- Unha explicación 
do que ocurriu e por que.
(Todo con boa letra en minúscula).


4º - DATA DE ENTREGA 

(na clase e na aula virtual) 

E EXPOSICIÓN:

MÉRCORES 3 DE FEBREIRO.

(Isto é só unha guía).

E rematamos cuns xogos!! 

Practicade moito!!

GENIALLY DO CICLO DA AUGA.

ENCRUCILLADO DO CICLO DA AUGA.

Saudiños!!

sábado, 23 de xaneiro de 2021

Día internacional da educación!!

Bos días amiguiños!! 

Hoxe conmemórase 

"O DÍA INTERNACIONAL 
DA EDUCACIÓN"!! 


Os compañeir@s de 5º 
fixeron un video-conto 
precioso que ven moi ben 

para un domingo en familia!!



Que importante coñecer 

a historia de Malala!!

Sen dúbida fai reflexionar 

sobre a sorte que temos 

de poder ir á escola!!

E vós, pequen@s e familias, 

que fariades se tiverades 

un lapis máxico?? 

Compartídeo nos comentarios!!


E o dito, 

nunca deixedes de SOÑAR

e de APRENDER!! 

FELIZ DOMINGO!!

xoves, 21 de xaneiro de 2021

Unha carta misteriosa!!

 

Ola, ola!! Vaia comezo 

de trimestre máis misterioso!! 

Esta semana apareceu 

na nosa biblioteca de aula 

unha SORPRESA!!

Estabamos moi intrigados... 

era unha carta dunha GOTIÑA 

DE AUGA DA AROUSA!!

Lémola con mooooita atención!!


E viña acompañada dun agasallo!!


ERA UN LIBRO PEQUENIÑO 

PERO PRECIOSO QUE NON 

TARDAMOS EN LER!!


Tratábase dunha GOTIÑA DE AUGA 

que quería ser ESPECIAL!! 

E sabedes que?




CONSEGUIUNO!! 

Pero...o que ela non sabía 

era que xa era ESPECIAL 

por moitos motivos!! 

Nos pedía axuda na carta para 

DESCUBRILO e así o fixemos!! 

Sempre coa colaboración... 

do noso amigo o CAMALEÓN!!

A AUGA É MOOOOI ESPECIAL!! 

E MOOOOI IMPORTANTE!! 


Por iso esta semana imos 

a convertirnos en científic@s 

e realizar un experimento!! 

PRIMEIRA TAREFA SEMANAL 

DESTE TRIMESTRE:

1º PASO: 
VER O SEGUINTE VÍDEO.

EXPERIMENTO ARCO DA VELLA

2º PASO: 

XUNTAR OS MATERIAIS NECESARIOS.

3º PASO: 

REALIZAR O EXPERIMENTO,

COA SUPERVISIÓN DUN ADULTO 

E ALUCINAR COA ARCO DA VELLA 

CREADO POR NÓS!!

4º PASO:

SACAR UNHA FOTO DO RESULTADO.

(Senón debuxalo).

5º PASO:

REALIZAR UN TRABALLO QUE INCLÚA 

EN LETRA MINÚSCULA E BEN FEITIÑA:

- MATERIAIS

- PASOS SEGUIDOS 

(ORDEADOS COS NÚMEROS ORDINAIS)

- FOTO OU DEBUXO.

(Isto só é unha guía.)

6º PASO: 

ENTREGA DO TRABALLO 

E EXPOSICIÓN O PRÓXIMO 

MÉRCORES DÍA 27 DE XANEIRO.

Espero que vos guste 
e que pasedes un bo rato 
coas nosas amigas as GOTIÑAS!!

A EXPERIMENTAR!! 

E recordade que, ás veces, 

as mellores cousas suceden 

cando menos as esperas.

ATA PRONTO!!

sábado, 16 de xaneiro de 2021

Comezamos un novo trimestre!!

 

 BENVID@S PEQUES E FAMILIAS!! 

Comezamos un novo trimestre con moita 

precaución pero con moita máis ILUSIÓN!! 

Nótanse moito as inmensas ganas que tiñamos 

de volver ao cole e iso é xenial!! 

E comezamos estes días coas 

EXPOSICIÓN DOS INTERESANTES 

TRABALLIÑOS SOBRE A NOSA AROUSA!!



Xa somos uns EXPERTOS na elaboración 

e presentación de traballos 

e en explicarnos 

diante dos nosos compañeir@s 

e da mestra!! Non é sinxelo!! 

Tranquilidade, expresión oral, 

falar alto e claro, lectura fluída, 

boa letra e presentación... 

e moito máis!! Pero practicamos 

tantísimo que todo se consegue!!




MIRADE QUE ARTISTADAS 

EN FORMA DE MURAIS!! 

Canto lixo que temos que 

darlle solución pero...

canta MAXIA na nosa AROUSA!!



E tamén mola a BIBLIOTECA DE AULA 

que montamos grazas a tantos LIBRIÑOS 

creados polos peques!! 

OS COMPIS ESTÁN DISFRUTÁNDOOS 

UN MONTÓN E APRENDENDO MOITÍSIMO!! 

E tanto traballo... 

tivo a súa recompensa o venres!!



BINGOOOOOOOOOO!! 

A seguir así!! 

Ata prontiño!!

domingo, 3 de xaneiro de 2021

O amig@ invisible!!

 QUE NERVIOS!!
Case rematando as vacacións 
de Nadal chegou o momento 
tan esperado!! 

Pensaba o bichiño que nos iba 

a deixar sen descubrir 

aos nosos AMIG@S INVISIBLES 

e os AGASALLIÑOS 

que con tanto agarimo 

e ilusión nos prepararon?? 

Pois diso nada!! 

Nós somos máis fortes!! 

PREPARADOS?? 

A DESCUBRIR OS MISTERIOS!! 

De Dani para Ylenia!!

De Fátima para Alejandro!!


De Iker para Alicia!!

De Breo para Elia!!

De Alicia para Leire!!

De Clara para Alba!!

De Alén para Pablo!!

De Alba para Iker!!

De Daniela para Fátima!!

De Elia para Daniela!!

De Gael para Clara!!

De Leire para Nayara!!

De Leo para Alén!!

De Luca para Daniel!!

De Nayara para Breo!!

De Ylenia para Gael!!

De Pablo para Luca!!

De Alejandro para Leo!!

FOI EMOCIONANTE?? 

PARA MIN MOITÍSIMO!! 

Vaia chuladas fixestes!!

Animádevos a escribir nos comentarios 

que sentistes ao descubrir o misterio 

e un agradecemento para @ vos@ amig@!! 

O meu agradecemento vai para vós, 

familias e peques, que fixestes que o XOGO 

continuase a pesar de todo!! 

GRAZAS POR FACER SEMPRE 

TODO POSIBLE!!

Apertiñas enormes para todos!! 

Que o 2021 nos traia as de verdade!! 

FELIZ ANO!!

Unidades temporais!!

  Ola peques e familias!!  Xa que comezamos co traballo do TEMPO ... toca repaso ás UNIDADES TEMPORAIS: OS MESES DO ANO!! Seguro que record...