domingo, 24 de xaneiro de 2021

O ciclo da auga

Ola a todos e todas!!

A GOTIÑA DA AROUSA 

continúa as súas aventuras!! 

Descubrimos que sempre está 

viaxando e cambiando de estado!! 

A viaxe que fai chámase 

CICLO DA AUGA!!

VÍDEO DO CICLO DA AUGA.

Para descubrir máis cousiñas sobre el... 

que mellor que un EXPERIMENTO?? 




TAREFA SEMANAL:

1º - Xuntar todos os materiais e realizar 
o experimento coa axuda dun adulto.
(Pode costar máis a condensación 
xa que os días non están soleados, 
pero debería producirse. 
De todas formas senón pode axudar 
pegala cerca dunha fonte de calor.)

2º - Observar que ocurre, 
preguntarnos por que 
e realizar unha foto.

3º - Practicar a ADXUNTAR A/S FOTO/S
 na AULA VIRTUAL en:
"ENTREGA PÚBLICA- 
Experimento do ciclo da auga".

4º - Realizar un TRABALLO onde incluades:
- Título do experimento.
- Materiais empregados.
- Fotos do experimento 
(ou debuxos coloreados).
- Unha explicación 
do que ocurriu e por que.
(Todo con boa letra en minúscula).


4º - DATA DE ENTREGA 

(na clase e na aula virtual) 

E EXPOSICIÓN:

MÉRCORES 3 DE FEBREIRO.

(Isto é só unha guía).

E rematamos cuns xogos!! 

Practicade moito!!

GENIALLY DO CICLO DA AUGA.

ENCRUCILLADO DO CICLO DA AUGA.

Saudiños!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Unidades de medida - Peso

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar...  AS UNIDADES DE PESO !!  Aquí quedan varios xogos! XOGO 1 XOGO 2 XOGO 3  Adiaaaaaante!!  Apert...