martes, 31 de xaneiro de 2023

Números pares e impares!!

Ola peques e familias!! 

Hoxe toca repaso de algo 

que xa sabiamos!! 

Recordamossss!!! 

E nos vos parece que CANTANDO 

é un maneira xenial de aprender?? 

Pois imos alá!! 


Uns debuxiños moi curiosos...

E para rematar....

veredes que xogo máis divertido!! 

XOGO

Ata prontiño!!

luns, 30 de xaneiro de 2023

Mira do que son CAPAZ COA PAZ!!

Ola peques e familias!! 
Sabedes que día é hoxe?? 
A nós apareceunos unha CARTA DA GOTIÑA DA AROUSA para recordárnolo!! 
É o DÍA DA PAZ!! 
E viña con agasallo!! 
A encargada abriunos e... 
eran varios!!
E cun importante RETO!!
Así que puxémonos 
MANS Á OBRA!! 
Primeiro o título... 
...e adiante cos 
BOCADILLOS DE CÓMIC!! 
Comezamos cunha choiva de 
ideas nun BORRADOR 
por equipos... 
...fixándonos ben nas normas 
ortográficas que aprendemos!!
Veredes que chulos quedaron!!
Listos para colgar no corredor e que os demais compis do cole se animen a poñer máis FRASES POLA PAZ!!
E parece que así está sendo!!
Iupiiiiiii!!
Así que...
AGASALLOS CONSEGUIDOS!! 
O caderniño da GOTIÑA 
DA AROUSA para tod@s!!
E, por suposto, a primeira INSIGNIA!!
E deixámosvos a CANCIÓN 
que estamos aprendendo!! Ten
moitas mensaxes importantes!!

A CANTARRRRRRR!!

CAPAZ COA PAZ

Mira cantas cousas que se fan moito mellor

se poñemos algo de empatía e comprensión...

As lecturas, as tarefas, un partido sen problemas, a comida coa familia e unha peli en sobremesa.

Mira do que son capaz coa PAZ!

Viaxar polo mundo enteiro, axudar aos compañeiros.

Nin no parque nin na escola ter conflitos que non molan.

Mira do que son capaz coa PAZ!

Un paseo en bicicleta, unha tarde en primavera, rir na praia ou na piscina con amigos e as amigas.

Mira do que son capaz coa PAZ!

Mira do que son capaz coa PAZ!

Mira do que son ...

Kókiti Música.

E para rematar... 
xa a encargada nos adiantaba na "PALABRA DO DÍA" que hoxe tiñamos unha SORPRESA chamada Trini!! Axudará á profe Ali durante un tempiño!! Que ilusión nos fai!! E que casualidade que hoxe Sira fose encargada...foi XENIAL!! Dobre emoción!!
BENVIDA PROFE TRINI!! 
Esperamos que aprendas 
moito con nós, así coma 
nós contigo e o pases xenial!! 
Apertiñas emocionadas!!

venres, 27 de xaneiro de 2023

Descubrimos á GOTIÑA DA AROUSA!!

 Ola peques e familias!! 
Onte todo parecía confirmar que estabamos no certo!! Moitas pingas de auga apareceron pola nosa aula e polo corredor!!
 Algunhas delas moi 
DETECTIVESCAS!!
E a do baño parecía Narigota!! A nosa amiga do curso pasado!! Preguntabámonos se sería ela!!
Hoxe ao chegar de E.F... todo o camiño estaba cheo de fotos súas!! O tiñamos clarísimo, tiña que ser ela!! 
Pero pensando, pensando... realmente a ela xa a coñecemos!! Para que terían que presentárnola de novo?? Sería polas dúas compis novas??


Pois ao chegar de inglés...unhas FOTOS NOVAS máis unha CARTA chegaron para aclararnos todo!!

Amaranta sempre aparece 

para axudarnos!! 

Só quedaba ler...

MISTERIO RESOLTO!! 
Non era NARIGOTA pero son amiguiñas!! E sabe o dos SUPERPODERES!! E ACERTAMOS!! Así que levamos unha PEGATINA chulísima de agasallo!! 
Gustouvos? Onde a pegastes? 
Contádeo en comentarios!!
Xa vos desvelaremos por que nos fai esa última pregunta!! Estamos traballando moito niso!!
 Apertiñas!!

mércores, 25 de xaneiro de 2023

De agasallo unha COLECCIÓN DE LIBROS!!

 Ola peques e familias!! 
A principios de semana tivemos dúas EMOCIÓNS á vez ao chegar á aula!! Primeiro...mirade que nos atopamos!!


Dúas notiñas de LIBRIA nas que se amosaba moi triste!! Entendemos perfectamente por que....a BIBLIO DE AULA quedara moi desordeada!! Pronto nos puxemos MANS Á OBRA!! A nós tampouco nos gusta vela así, está claro que foi un despiste que esperamos que non volva a pasar!! Sobre todo...polas cousiñas tan chulas que nos prepara LIBRIA!! Non podemos fallarlle!! Porque...a pesar diso, mirade, mirade!!

Esta vez Amaranta e @s nos@s amiguiñ@s do MAR encabezad@s por LIBRIA si que nos prepararon unha gran SORPRESA para darnos unha PISTA!! 

Prestáronnos unha COLECCIÓN 
de libros da biblioteca chulísimos!! 
Un para cada un!! 



Tiñan pinta de moi divertidos!! 
E en poesía co que nos gusta!! 
Como nos coñecen!! 

Así que non tardamos en ir á BIBLIO a INVESTIGAR LENDO ou a LER INVESTIGANDO!! 
Primeiro...nós sós!! Individual, en parella, en grupo....
Tocou buscar as PISTAS: 
OLLOS e un ZAPATO e descubrir a súa COR!!



Despois compartindo o DESCUBERTO!! 
Xa tiñamos un montón de DATOS!! 
E criamos que a SOLUCIÓN a esa COR... 

Pero tocaba LER!! 
Seguro que descubriamos máis cousas á vez que nos divertiamos APRENDENDO!! 

E así foi!! Vaia LIBRO máis divertido!! Non paraba de xogar coas LETRAS como dicía o seu TÍTULO!! Mirade, mirade!!

 

Finalmente, decidimos facer un ESQUEMIÑA coas PISTAS que tiñamos!! 

E chegamos a un RAZOAMENTO que tiña toooodo o sentido!! Non credes familias??

 E por se non fose suficiente, mirade como apareceu hoxe a nosa aula!! Cachiños de plásticos transparentes e cartolinas AZUIS (Fixámonos que reutilizado todo, por certo!!) 

Isto máis todo o que aprendemos na SAÍDA á aula de interpretación do marisqueo: "O canto do mar" da OPP20 fixo que estivesemos bastante seguros de que podía ser a AUGA!! 



Agora só nos queda esperar a ver se acertamos!! 
Apertiñas investigadoras!!


Chegou a PRIMAVERA!!

Ola peques e familias!!  A chegada da PRIMAVERA xa se comeza a notar en todos os RECUNCHIÑOS do cole!! Murais coloridos, gorras nos perchei...