luns, 30 de xaneiro de 2023

Mira do que son CAPAZ COA PAZ!!

Ola peques e familias!! 
Sabedes que día é hoxe?? 
A nós apareceunos unha CARTA DA GOTIÑA DA AROUSA para recordárnolo!! 
É o DÍA DA PAZ!! 
E viña con agasallo!! 
A encargada abriunos e... 
eran varios!!
E cun importante RETO!!
Así que puxémonos 
MANS Á OBRA!! 
Primeiro o título... 
...e adiante cos 
BOCADILLOS DE CÓMIC!! 
Comezamos cunha choiva de 
ideas nun BORRADOR 
por equipos... 
...fixándonos ben nas normas 
ortográficas que aprendemos!!
Veredes que chulos quedaron!!
Listos para colgar no corredor e que os demais compis do cole se animen a poñer máis FRASES POLA PAZ!!
E parece que así está sendo!!
Iupiiiiiii!!
Así que...
AGASALLOS CONSEGUIDOS!! 
O caderniño da GOTIÑA 
DA AROUSA para tod@s!!
E, por suposto, a primeira INSIGNIA!!
E deixámosvos a CANCIÓN 
que estamos aprendendo!! Ten
moitas mensaxes importantes!!

A CANTARRRRRRR!!

CAPAZ COA PAZ

Mira cantas cousas que se fan moito mellor

se poñemos algo de empatía e comprensión...

As lecturas, as tarefas, un partido sen problemas, a comida coa familia e unha peli en sobremesa.

Mira do que son capaz coa PAZ!

Viaxar polo mundo enteiro, axudar aos compañeiros.

Nin no parque nin na escola ter conflitos que non molan.

Mira do que son capaz coa PAZ!

Un paseo en bicicleta, unha tarde en primavera, rir na praia ou na piscina con amigos e as amigas.

Mira do que son capaz coa PAZ!

Mira do que son capaz coa PAZ!

Mira do que son ...

Kókiti Música.

E para rematar... 
xa a encargada nos adiantaba na "PALABRA DO DÍA" que hoxe tiñamos unha SORPRESA chamada Trini!! Axudará á profe Ali durante un tempiño!! Que ilusión nos fai!! E que casualidade que hoxe Sira fose encargada...foi XENIAL!! Dobre emoción!!
BENVIDA PROFE TRINI!! 
Esperamos que aprendas 
moito con nós, así coma 
nós contigo e o pases xenial!! 
Apertiñas emocionadas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O mundo das máquinas!!

Ola peques e familias!!  Seguindo co estudo do PASO DO TEMPO adentrámonos no cambio que sufriron as MÁQUINAS cos anos!!  E comezamos o seu ...