27 xaneiro 2026

Visitounos unha... nai CONTABLE!!

 Ola peques e familias!! 

Esta semana tamén retomamos os OBRADOIROS DE FAMILIAS!! Aproveitando que na aula e tamén coa teacher Olalla emprendemos nova viaxe ao Reino Unido... que mellor que invitar a unha experta que traballa para unha empresa de Londres?? Visitounos Raquel, a nai de Emma que é CONTABLE!!

 Presentounos a súa oficina da casa e tamén o edificio da súa empresa en Londres!! Alucinamos co grande que era!! Tamén nos trouxo instrumentos importantes no seu traballo, como o ordenador, a calculadora, as axendas, os móbiles... e aprendemos moitas das palabras que usa en inglés no seu día a día!! 

Tamén traballa con moedas xa que ten que facer contas para poder pagarlle ás persoas que realizan todos os SERVIZOS de coidado dos 120 edificios que xestiona a súa empresa!! Así que nos preparou un xogo no que nos convertemos en auténticos CONTABLES!!

 De feito, agasallounos cuns carnés de SUPERCONTABLES ou SUPER-ACCOUNTANT e uns debuxos para colorear!! 

Despois, aproveitando que tiñamos inglés contounos que o máis importante para ela é o gran EQUIPO que forma coas súas compañeiras que, a pesar de estar lonxe, síntense preto grazas ás novas tecnoloxías!! 
Así que nos sorprendeu cunha videochamada cunha compi de Londres!! Alucinamos o ben que falaban inglés as dúas e ata puidemos saudar á súa compi na súa lingua!!
Tamén nos contou moitas curiosidades de Londres como que lles encanta agasallar postais para todo e trouxo varios contos para deixar na biblio que viñeron dende esa cidade!!
 VAIA AGASALLAZO!!
E tamén trouxo un que lle encanta a Emma para contarnos e... o SORPRESÓN foi cando apareceu Naia, a irmanciña pequena de Emma!! 
Antes de marchar, pedímoslle que nos axudara a clasificar a súa profesión que neste caso é do sector terciario, das que prestan SERVIZOS.
E para despedila tocounos a nós sorprendela cantándolle xa que era o seu aniversario e entregándolle o merecido DIPLOMA!! 
Moitas grazas por todo o que nos ensinaches!! Esperamos que o disfrutases tanto coma nós!!
 Apertiñas agradecidas!!

25 xaneiro 2026

Retomamos os protagonistas da semana!!

Ola peques e familias!! 
A semana pasada volvemos a poñer en marcha esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! A quinta protagonista foi Lara que se incorporou despois duns días maliña e isto axudouna a animarse!! 

Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 

Neste caso, un peluchiño, o chupete, bibe e varias cousiñas de cando era bebé. Ademais de fotos importantes, o xoguete favorito e unha medalla!!


Trouxo un contiño tamén que ela mesma leu na aula!! Que ben se sinten cos primeiros momentos de lectura compartida!!


Lara tamén nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!!

E tamén recibimos uns vídeos que quixo compartir na aula con nós!! Un era sobre unha das súas aficións agora mesmo: calcetar!! Ensinoulle a súa avoa e agora encántalle e o fai de marabilla!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDA PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

23 xaneiro 2026

Xogando cos continentes!!

Ola peques e familias!! 

Como estamos entusiasmados/as coas nosas viaxes non podía faltar unha entradiña cheeeeeea de xogos nos que aprender máis!! 


A próxima semana temos novo destino e con sorpresa, estade moi atentos/as ao blog!!

 Apertiñas curiosas!!

22 xaneiro 2026

De continente en continente!!

Ola peques e familias!! 

Esta semaniña retomamos as nosas VIAXES COA IMAXINACIÓN!! Comezamos recordando os nomes e situación dos CONTINENTES!!


No primeiro trimestre viaxaramos a México que se atopa no continente Americano grazas aos libriños e ás fotos que nos trouxera Lucas da súa viaxe!! 

Aprendemos moitas cousas sobre ese lugar ademais de aprender un baile chulísimo coa profe Patri!!

  Agora toca centrarnos e coñecer un pouquiño máis o noso continente que é... EUROPA!! E, por suposto, o noso país: España!!

Así que grazas novamente a unha MALETIÑA chea de información coa que apareceu o mono Bono puxémonos a investigar e aprender!!

 Concretamente a nosa viaxe comezou con BÉLXICA aproveitando que a nosa compi Vega agasallou a Libria cun libro deste lugar que está en FRANCÉS!! 

Tocou situala no mapa!!


Tamén aprendemos a súa bandeira!! 

Aproveitamos a viaxe para visitar outros lugares que nos interesaban moito e aprender máis sobre eles!! Grazas a este tema xurden momentos espontáneamente na aula que son ouro!! 

Grazas a Thiago por compartir con nós a súa chulísima bóla do mundo e Lucas o seu incrible ATLAS de animais!! A Libria gustoulle tanto que xa encargou un para a biblio!! E tamén xurden instantes de axuda e traballo en equipo incribles!! 

Estade atentos/as que prontiño teredes unha entrada cheíña de xogos sobre este tema!!

 Apertiñas viaxeiras!!

20 xaneiro 2026

A maxia da lectura!!

Ola peques e familias!! 

Hoxe queriamos falarvos sobre un momento máxico que ocorre cada día na aula despois do recreo: A HORA DE LECTURA!! Preguntádesvos por que ocorre a maxia?? Grazas aos LIBROS, por suposto!! Con eles coñecemos animais reais e outros que forman parte de historias imaxinadas!! 

Os libros tamén nos permiten xogar e rir a gargalladas!! 




Os libros poden converterse nun divertido concurso de adiviñas!! 

Sen esquecer que os libros nos permiten VIAXAR!! Estes días estamos descubrindo diferentes tipos de ATLAS e estamos fascinados!!

 Coñecemos animais dos diferentes continentes e buscamos países que nos interesan!! 

Estes días andivemos na busca de COLOMBIA xa que é un país que terá moita importancia no ENTROIDO este curso!! 

Tamén a mestra nos trouxo uns "libriños" da nosa localidade. Non paramos de descubrir cousas novas da nosa querida Illa de Arousa!!

GRAZAS LIBRIA por encher a biblioteca, as aulas e as nosas casiñas de libros tan estupendos!! E aos compis que traen libros á aula para compartir!!

E recordade que 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

18 xaneiro 2026

Que estamos aprendendo??

Ola peques e familias!! 

Cada semana aprendemos un montón de cousiñas novas!! Agora mesmo estamos moi interesados/as no mundo das MEDIDAS!! Xa coñecemos o PALMO, O PÉ E O PASO!!

E tamén o metro e o centímetro e algúns instrumentos de medida que probamos na aula!! 


Pero o que máis nos gustou foi coñecer as nosas alturas das que aprendemos a tomar nota!! 

Tamén estamos coñecendo algúns TIPOS DE NOMES!! Concretamente os nomes COMÚNS e PROPIOS!! Repasar na pantalla xogando en equipo encántanos!! 

Por iso tamén aproveitamos para repasar os tipos de follas das árbores!! 

Como mola aprender xogando!! 

Apertiñas estudosas!!

Festa da auga!!

Ola peques e familias!!  Onte tocou despedir o curso e foi unha mañá moi especial chea de sorpresas!! O que máis nos gustou foi a festiña na...