25 xaneiro 2026

Retomamos os protagonistas da semana!!

Ola peques e familias!! 
A semana pasada volvemos a poñer en marcha esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! A quinta protagonista foi Lara que se incorporou despois duns días maliña e isto axudouna a animarse!! 

Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 

Neste caso, un peluchiño, o chupete, bibe e varias cousiñas de cando era bebé. Ademais de fotos importantes, o xoguete favorito e unha medalla!!


Trouxo un contiño tamén que ela mesma leu na aula!! Que ben se sinten cos primeiros momentos de lectura compartida!!


Lara tamén nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!!

E tamén recibimos uns vídeos que quixo compartir na aula con nós!! Un era sobre unha das súas aficións agora mesmo: calcetar!! Ensinoulle a súa avoa e agora encántalle e o fai de marabilla!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDA PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

3 comentarios:

  1. Apetéceme moito ser o protagonista e ter a mochila viaxeira.

    ResponderEliminar
  2. A min gustoume moito a súa medalla! Cèsar

    ResponderEliminar
  3. Moi chula a caixa da vida de Lara .🥰❤️

    ResponderEliminar

Visitounos unha... nai CONTABLE!!

 Ola peques e familias!!  Esta semana tamén retomamos os OBRADOIROS DE FAMILIAS !! Aproveitando que na aula e tamén coa teacher Olalla empre...