mércores, 26 de abril de 2023

O terceiro trimestre comeza a tope!!

 Ola peques e familias!!
Levamos unhas semanas moi emocionad@s con dous temas que temos entre mans!! 
O primeiro é o das MÁQUINAS!! 
Aquí van uns esquemiñas!!



Para saber máis das que nos rodean a diario collemos as nosas táboas e...
a INVESTIGAR POLO COLE!!

No novo espazo de "polos creativos" non dabamos feito!! E coa axuda de Raquel descubrimos un montón delas!! Grazas!!
Unha foi a CARRETILLA!! 
De que máquinas está composta? 
Intentade responder en comentarios!!
A SORPRESA foi que chegou a primeira máquina dunha das vosas casas!! Sira tróuxoa e a profe Trini púxoa a funcionar e explicounos un montón de cousas!! Ademais de preciosa, esconde un montón de historias!!
Tamén foi moi interesante comparala coa MÁQUINA DE COSER moderna que temos no cole!! A principal DIFERENZA que atopamos foi que a primeira é MANUAL e a segunda AUTOMÁTICA!! 
Xa sabemos outra clasificación. 
Aquí vai o esquemiña mentras seguimos á espera de que vaian chegando máis!!
E o outro tema é a MULTIPLICACIÓN!! 
Estamos comezando de 
maneira manipulativa entendendo que multiplicar significa "SUMAR VARIAS VECES O MESMO NÚMERO", o cal nos facilitará moito nun futuro!!


Pero...a ilusión por coñecer e crear as táboas era enorme!! Así que aproveitámola para ir arrancando!!
Alucinamos ao comprobar que non era máis que realizar cálculo mental de 2 en 2, de 5 en 5...
Comezamos polas máis sinxelas pero os resultados foron espectaculares!! Cooooontinuamos pasiño a pasiño!! 
Agora uns xogos un pouquiño máis difíciles!! 


Ata pronto!!

sábado, 22 de abril de 2023

Descubrimos a PAISAXE LOCAL!!

 Ola peques e familias!! 

Canto nos gusta aprender no exterior, saíndo das catro paredes da nosa aula a ver mundo, o mundo que nos rodea e que tan pouco coñecemos ás veces!! 

Así que collemos a nosa mochila ben equipada e...comezamos RUTA!! Recorremos algúns lugares da Arousa buscando elementos "NATURAIS" e "CONSTRUÍDOS OU ARTIFICIAIS"!! 

E sabedes onde rematamos??


 No recén inaugurado 

"PARQUE DO REGUEIRO"!! 

Xa investigaramos que esa praza antigamente era unha PRAIA!! O mar cubríaa enteira!! 

A sorpresa veu cando...@s mestr@s nos deixaron tempo libre para ir ao parque!! Como o disfrutamos!! 

Ata os liamos a el@s!!

E para gañar a merendola...

aínda quedaba un pouquiño 

de actividade física!!

O profe Toño propúxonos un reto de PARKOUR, a arte do desprazamento!! 

Foi moi divertido tamén!! 

Pero como todo chega ao seu fin...

despedímonos

cunha foto PRECIOSA!! 

Camiñando de volta ao cole...

mandámosvos moitas apertiñas!! 

Ata a próxima!!

venres, 14 de abril de 2023

Comezamos trimestre e novas aprendizaxes con el!!

 Ola peques e familias!! 
Comezamos novo trimestre 
e con el, novos temas!!
Un deles é a PAISAXE!! 

O primeiro paso foi investigar na nosa localidade descubrindo que a "PRAZA DO REGUEIRO" onde está o parque novo que tanto nos gusta...era unha PRAIA!! 

Aquí podedes saber máis!! 

PRAZA DO REGUEIRO

Tamén sabemos que temos unha gran sorte de contar cun PARQUE NATURAL PROTEXIDO!! Sabedes cal é??

CARREIRÓN


Coñecemos ELEMENTOS e 
TIPOS DE PAISAXES que imos a 
repasar con estes vídeos!! 


E agora...a XOGAR!!

Tamén demos comezo 
ao tema das MÁQUINAS!! 


Primeiro un vídeo... 
TIPOS DE MÁQUINAS
e despois un OBRADOIRO moi especial 
coa axuda do profe Javi!!

 Introducímonos no mundo da ROBÓTICA!! 

Unhas MÁQUINAS COMPOSTAS 
moi divertidas e útiles se se utilizan ben e se lemos con atención! 

Pasámolo pipa á vez que a nosa 
cabeciña tivo que funcionar a tope 
para PROGRAMAR!! 

Despois coñecemos a un ROBOT 
chamado ALEX!! 

Precisamos nalgunhas ocasións 
poñernos no seu lugar para 
conseguir os RETOS!! 


A XOGAR!!
MÁQUINAS SIMPLES 1
MÁQUINAS SIMPLES 2
MÁQUINA COMPUESTA 1
MÁQUINA COMPUESTA 2
E agora a investigar!! 
Escribide en comentarios unha 
LISTA de MÁQUINAS que haxa 
polas vosas casiñas!!  


E non olvidedes a INVESTIGACIÓN 
da entrada do LAPIS!!


Apertiñas robóticas!!

Día da poesía con...ROSALÍA e concerto!!

Ola peques e familias!! 

Na nosa aula moito nos gusta a POESÍA e se é de Rosalía de Castro aínda máis!! Unha gran MULLER!! Por iso xuntamos ambas cousas e realizamos uns traballiños xeniais!! 



Despois nunha SAÍDA levamos o CARTEL ao MUSEO DA CONSERVA co título de: "Dalle ao lapis Rosalía" acordándonos do proxecto de Libria!!

E polo camiño repartimos uns TRÍPTICOS moi poéticos e coloridos pola Arousa!! Encher a nosa Illa de VERSOS E COR...ocórresevos algo mellor?? 






De paso, aproveitamos para colgar uns CARTEIS PARA CONCIENCIAR SOBRE O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE que tiñamos preparados!! 

Primeiro en borrador... 



E despois xa a facer 

os DEFINITIVOS con moita atención!! 




Así quedaron!! Que vos parece?? 





E, para dar un remate 

POÉTICO E MUSICAL...

que mellor que un CONCERTO??  

Así que puxémonos en camiño... 

sentámonos nas nosas butacas e...






...a esperar con ILUSIÓN!!


Agora si, a CANTAR, 

BAILAR e APRENDER!!



Mesturou ESCRITURA, o tema do proxecto: "Dalle ao lapis Carcamán"POESÍA e MÚSICA!! 

Pasámolo pipa ademais de alucinar cando...fixeron unha pequena canción con algún dos momentos que nós escribimos!! 

E por riba...puidemos coñecer aos artistas e déronnos un agasalliño!!

Estade atent@s á seguinte entrada que recollerá todos os RETOS e INVESTIGACIÓNS que temos entre mans!! 

Apertiñas!

Chegou a PRIMAVERA!!

Ola peques e familias!!  A chegada da PRIMAVERA xa se comeza a notar en todos os RECUNCHIÑOS do cole!! Murais coloridos, gorras nos perchei...