sábado, 31 de decembro de 2022

Fin de ano...na escola!!

 Ola peques e familias!! 

Agora si que si!! Chegou o 

FIN DE ANO...escolar!! 

Xa na DATA aparecían continuamente palabras moi navideñas... 

Neste día o ELFO apareceu 

coas últimas sorpesas!! 

A mesiña da nosa FESTA 

preparada pero...

tamén a súa particular!! 

Será tremendo!! 

E a derradeira CARTA!! 

Por fin podiamos abrazalo e sacarnos moitas FOTOS con el, hoxe que viñamos de GALA!! 

Pero antes...cumprimos o seu desexo!!




Pero quedaban moitas SORPRESAS!! 

A ANPA agasallounos cun rico 

CHOCOLATE CON ROSCA!! 





Como nos puxemos!! GRAZAS!!

E ata brindamos polo novo ano!!

Despois...visitáronnos 

os Reis Magos!! 

Presentámoslle a Trasti e 

cantámoslle a nosa copla!! 

Seguimos coas CAMPANADAS 

con mensaxe do Rei e todo!! 



No seguinte enlace podedes 

velo ao completo!! 

BADALADAS FIN DE ANO DO CEIP TORRE ILLA

E para vernos a nós...aquí!! 


E rematamos con FESTAAAA 

e coas COPLAS para dar comezo ao NADAL que esperamos que poiderades gozar con nós!! 

FELIZ 2023!! 

Desexo que o novo ano veña cargadiño de moitas aprendizaxes, momentos bonitos xunt@s e do descubrimento de máis SUPERPODERES!!

sábado, 24 de decembro de 2022

Amig@ invisible!!:)

Ola peques e familias!! 

Este fin de trimestre vai de 

tradicións!! E tocou...

@ AMIG@ INVISIBLE!! 

Fai uns días fixeramos o sorteo... 

e puxeramos as normas!! 

Unha fundamental era que o IMPORTANTE non era o MATERIAL, senón o sentimento e a ilusión que puxeramos nos agasallos!! Por iso o conto "LO QUIERO TODO" que Libria e o elfo nos trouxeron, axudounos a reflexionar!!


Engadido á análise da publicidade nestas datas a través dos folletos de xoguetes!! Para a idade que temos...saen reflexións moi interesantes!! E outras que xa iremos madurando!!







Por suposto, Trasti anda en todo e enterouse da actividade e quixo axudar á mestra a colocalo todo ben bonito!!

Mirade, mirade!!


Pero algunha tiña que argallar cando quedou só!! Abriu o paquete da profe e quería levarse unha piruleta!! E a Amaranta pillámola cotilleando!!


Como molou buscar 

o que poñía o noso nome!!

Preparados, listos...XA!!

A abrir e entregar agasallos 

cheos de SUPERPODERES 

E BOS DESEXOS!! 










DESEXOS ata en verso!!

Poetas como o ELFO TRASTI!!

Que xeraron momentos preciosos!!

E para dar o mellor remate....

 así de guap@s posamos no PHOTOCALL!!




















Pero a FESTA e as SORPRESAS 

continuaron!! Estade atent@s!! 

Bo Nadal!!

Chegou a PRIMAVERA!!

Ola peques e familias!!  A chegada da PRIMAVERA xa se comeza a notar en todos os RECUNCHIÑOS do cole!! Murais coloridos, gorras nos perchei...