29 marzo 2026
25 marzo 2026
Encántanos o sistema solar!!
Ola peques e familias!!
Levamos uns días aprendendo máis sobre o SISTEMA SOLAR e nos está encantando!! O primeiro que fixemos foi representar nós mesmos/as os movementos da TERRA, O SOL E A LÚA!! Esta actividade incluía poñernos de acordo en cal seriamos cada un/unha e, aínda que en ocasións non foi sinxelo, conseguimos poñernos de acordo para a representación!!
Foi moi divertido e aclaratorio!! E tamén moi interesante ver como se axustaban velocidades e traxectorias mediante a observación dos compañeiros/as!!
Despois creamos por equipos os nosos propios sistemas solares con PLASTILINA!!
Había que tomar moitas decisións en común tanto para o reparto de planetas, a colocación dos mesmos... o cal require de moito diálogo e práctica!!
Ao final conseguimos poñernos de acordo e obtivemos estes resultados tan chulos!!
Ademais, na aula a HORA DE LER continúa sendo das nosas favoritas!! Estes días entre os contos máis lidos foron os do ESPAZO que nos trouxo a profe da biblio!!
Pero tamén continuamos lendo REVISTAS, contos sobre o 100 ou que traen os compis da casa, atlas e outros interesantes que temos na aula!!
22 marzo 2026
Un obradoiro que nos fixo navegar!!
Ola peques e familias!!
O próximo martes realizaremos unha EXCURSIÓN Á ILLA DE CORTEGADA e temos a sorte de que a nai de Iago é PATROA DE CATAMARÁN e controla moito disto nos visitou para prepararnos para a visita e presentarnos a súa profesión!!
Primeiro explicounos en que consiste o seu traballo en xeral, en que barcos traballa e cal é a súa OFICINA dentro deles!! Está presidida por un timón!!
Tamén nos falou da preparación que require cada ruta a través de MAPAS especiais para a navegación!!
Neles analizan as rochas que poidan atopar, as mareas, os faros, as distancias e moitas cousas máis!!
Unha das cousas máis importantes que nos contou foron as MEDIDAS DE SEGURIDADE!! Encantounos coñecer que teñen un CÓDIGO INTERNACIONAL para comunicarse!!
Ata creamos algúns dos nosos nomes con el!! Podedes seguir "xogando" con el na casa!! Foi moi divertido e interesante!!
Pero ao que prestamos moita atención foi ao CHALECO que levaremos nós o próximo martes!!
Explicounos a importancia de levalo posto e ben posto xa que con el non corremos ningún risco!!
Aínda tiña máis sorpresas para nós!! Explicounos as ILLAS que forman parte do PARQUE NACIONAL centrándose na de CORTEGADA!!
Coñecemos moitas curiosidades nas que nos fixaremos o martes, pero tamén as normas da Illa que temos que cumprir para poder visitala!! Entre elas, que debemos camiñar polos sendeiros sinalizados, sen correr nin pisar a fauna e flora alí presente, tampouco podemos levar nada do que alí hai nin deixar nada de lixo, entre outras cousas. Entendemos que é como un MUSEO pero NATURAL, polo que temos que respectalo!!
Antes de marchar agasallounos cunha SOPA DE LETRAS sobre Cortegada para facer despois da visita, axudounos a clasificar a súa profesión que claramente nos ofrece SERVIZOS e entregámoslle o merecido DIPLOMA!!
Grazas por ensinarnos tanto, aportarnos tranquilidade e axudarnos a realizar unha saída con información previa moi necesaria e interesante!!
Apertiñas agradecidas!!
Un obradoiro por duplicado!!
Ola peques e familias!!
Na semana na que conmemoramos o DÍA DA MULLER que melllor que recibir a visita de dúas nais que representan a tantas outras. Visitáronnos a nai de Lara e a nai de Asier para falarnos dunha profesión algo invisible pero moi necesaria e importante: AMA DE CASA!!
Comezaron o obradoiro preguntándonos se sabiamos que tarefas realizaban e estivemos bastante acertados/as, aínda que eran moitas máis das que imaxinabamos!! Pronto nos puxeron mans á obra, agasallándonos cun cartón especial para o dobrado de camisetas!!
Que sinxelo resultaba facelo así!! Encantounos!!
Pero a cousa complicábase e tocounos dobrar todo tipo de prendas, ademais de buscar as parellas dos calcetíns nun capacho antes de deixalos perfectos!!
Aquí os marabillosos resultados das nosas tarefas!! Continuamos realizando unha actividade que nos axudou a ser todavía máis conscientes de todo o traballiño que hai nunha casa!!
E despois tiñan preparada para nós unha gran merendola cun paté caseiro feito por Lucía!!
Como nos puxemos, estaba todo riquísimo!! Antes de marchar, axudáronnnos a clasificar a súa profesión que, claramente, encaixaba nas que ofrecen SERVIZOS e tamén lles entregamos o seu merecido DIPLOMA!!
Grazas por vir a compartir un ratiño con nós e ensinarnos tanto dunha profesión que debería ser moito máis valorada!!
Apertiñas colaboradoras!!
16 marzo 2026
Semana da prensa!!
Ola peques e familias!! Continuamos os seguintes días coa SEMANA DA PRENSA!! O xornal que chegou á aula comezaba na súa portada precisamente polas diferentes actividades que tiveron lugar polo 8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!!
Pero realizamos unha profunda investigación dos mesmos!! Descubrimos que ademais de moitas novas, tamén podiamos atopar a carteleira do cine, o TEMPO METEOROLÓXICO aproveitando que o estamos traballando na aula e encantounos descubrir que tiña varias páxinas adicadas ao deporte!! Curiosamente, chamounos a atención que en moitas aparecía o fútbol, pero só unha adicada ao baloncesto e ningunha a outros deportes. Ademais, non aparecía o deporte feminino...que curioso!! Cremos que debería haber un cambio nese sentido... Tamén descubrimos os PASATEMPOS!! E aínda que a mestra nos dixo que eran bastante complicados porque estaban pensados máis ben para adultos/as quixemos intentalo e fíxonos copias!! Estamos niso e van saíndo!! Tamén descubrimos as REVISTAS que hai na biblio!! Gustáronnos tanto que a mestra deunos unhas mochiliñas para poder trasladalas a casa durante uns diíñas!!Rematou a semana levando a prensa á clase de Educación Física con xogos moi divertidos!!
15 marzo 2026
Día internacional da muller!!
Ola peques e familias!!
Nos pasados días tiveron lugar dúas CONMEMORACIÓNS moi importantes!! A primeira foi o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!! Tivemos a sorte de asistir a un ESPECTÁCULO sobre este tema!!


Seguindo o proxecto "Carcamáns polo mundo" puidemos viaxar a través dos contos e da música producida por diferentes INSTRUMENTOS DO MUNDO!!

A través de moitísimos personaxes que tiñamos que crear na nosa imaxinación realizamos profundas reflexións nunha actividade na que nós tamén fomos moi protagonistas!!
Rimos, cantamos, xogamos e, sobre todo, aprendemos idiomas e concienciámonos!!
Grazas a TROPA DE TRAPO e a concello pola súa colaboración!!
Apertiñas concienciadas!!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Décimo segundo protagonista da semana!!
Ola peques e familias!! Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e...
-
Bo día peques e familias!! O curso arranca e con el damos a BENVIDA a novas e novos peques en PRIMARIA cunha aula ben colorida!! Na clase...
-
Ola peques e familias!! Que emocionante é estar no cole dos maiores!! Cando xa conseguimos que os nervios vaian calmando e que a ILUSIÓN o...
-
Ola peques e familias!! Aproveitando que as tecnoloxías xa deixan resumimos nunhas fotiños e vídeos o ben que o pasamos na despedida do cu...













































