22 marzo 2026

Un obradoiro por duplicado!!

 Ola peques e familias!! 

Na semana na que conmemoramos o DÍA DA MULLER que melllor que recibir a visita de dúas nais que representan a tantas outras. Visitáronnos a nai de Lara e a nai de Asier para falarnos dunha profesión algo invisible pero moi necesaria e importante: AMA DE CASA!!

 Comezaron o obradoiro preguntándonos se sabiamos que tarefas realizaban e estivemos bastante acertados/as, aínda que eran moitas máis das que imaxinabamos!! Pronto nos puxeron mans á obra, agasallándonos cun cartón  especial para o dobrado de camisetas!! 

Que sinxelo resultaba facelo así!! Encantounos!!

 Pero a cousa complicábase e tocounos dobrar todo tipo de prendas, ademais de buscar as parellas dos calcetíns nun capacho antes de deixalos perfectos!! 

Aquí os marabillosos resultados das nosas tarefas!! Continuamos realizando unha actividade que nos axudou a ser todavía máis conscientes de todo o traballiño que hai nunha casa!! 

E despois tiñan preparada para nós unha gran merendola cun paté caseiro feito por Lucía!! 

Como nos puxemos, estaba todo riquísimo!! Antes de marchar, axudáronnnos a clasificar a súa profesión que, claramente, encaixaba nas que ofrecen SERVIZOS e tamén lles entregamos o seu merecido DIPLOMA!!

 Grazas por vir a compartir un ratiño con nós e ensinarnos tanto dunha profesión que debería ser moito máis valorada!! 

Apertiñas colaboradoras!!

4 comentarios:

  1. E moi importante axudar na casa e ser ama de casa, Vega ❤️

    ResponderEliminar
  2. Lara Oubiña23/03/26, 06:41

    Gracias por compartir este momento !! Foi moi moi bonita a experiencia!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gustoume moito o paté,e aprender tanto das amas de casa ,grazas por enseñarnos .Foi un dia xenial.🖤❤️😋

      Eliminar
  3. Lucas Pazos23/03/26, 13:42

    Gracias chicas ahora xa sei doblar calcetíns jejeje

    ResponderEliminar

Un obradoiro moi interesante!!

Ola peques e familias!! Fai uns días visitounos a nai de Iván que é operaria nunha fabrica!!  Explicounos todos os procesos que levan a cabo...