11 setembro 2026

Comezamos segundo!!

 Ola peques e familias!! 

Comezamos novo curso con moita ilusión!! Os primeiros días sempre son moi chulis, sobre todo cando xa nos coñecemos!!
Chegar e ter a aula chea de globos e de música axuda bastante!!


Pero a profe Ali tiña algo preparado con eles antes de poder levalos para casa!! Realizamos unha seria de dinámicas/xogos para recordar a importancia dalgunhas normas e obxectivos importantes para o día a día, como é o TRABALLO EN EQUIPO, a importancia de AXUDARNOS e de chegar a ACORDOS!!

OBXECTIVO: Todos/as deberían conseguir o seu globo no menor tempo posible. Comezaron buscándoo de maneira individual. 

Cun pouco de guía comezaron a realizalo en equipo e tardaron menos tempo.

 Por último, tamén intentaron chegar a acordos para sortear unha pequena trampa engadida e tardaron aínda menos!! 

A CONCLUSIÓN foi sinxela, xa que eles/as mesmos/as se deron conta!!
Aínda que nos costou un pouco chegar ao obxectivo final... foi moi divertido e clarificador!!
Contamos como nos foran as vacacións, comezamos a colocar o material e ubicarnos e tamén visitamos o hortiño e aproveitamos para facer unhas fotiños ben bonitas!!


Así comezamos pero os próximos días 

espérannos moitas máis novidades!!


Apertiñas ilusionadas!!

Comezamos segundo!!

 Ola peques e familias!!  Comezamos novo curso con moita ilusión!! Os primeiros días sempre son moi chulis, sobre todo cando xa nos coñecemo...