sábado, 24 de xuño de 2023

Non paramos de MULTIPLICAR!!

 Ola peques e familias!! 

Cantas maneiras diferentes hai para aprender a MULTIPLICAR!! E cando as practicas todas convírteste nun expert@ coma nós!! Estas foron as máis divertidas!! 

Cun xogo con dados e témperas!! 









Con xogos na pantalla dixital!! 

E...con karaoke!! 


Multiplicar mola!! 

Pero hai que practicar moito!! 

Anímovos a facelo cos karaokes 

de DeerKids en youtube!! 

Tamén tedes moitos xogos no blog!!

Apertiñas matemáticas!!

xoves, 22 de xuño de 2023

"Palabras que veñen e van"

Ola peques e familias!! 

O trimestre pasado 

recibimos un SORPRESÓN 

da man de Raquel,

a nosa marabillosa conserxe!! 

@ carteir@ da Arousa trouxo unha CARTA ao cole para nós!! 

Para nós en exclusiva!! 

Mirade, mirade!!

Era duns nenos e nenas dun cole de Pontecesures que tamén estaban en segundo!! Propoñíannos un XOGO DE PALABRAS ENCADEADAS pola última letra a través de CARTAS!! Enteraríanse de que o tema do PROXECTO do cole era a ESCRITURA??

Así comezou un precioso PROXECTO ENTRE CENTROS chamado:

Sucedéronse moooitas CARTAS e PEZAS DE PUZZLE con palabras que comezamos encadeando pola última letra para pasar á ultima SÍLABA!! O curso pasaba e xa iamos avanzando en aprendizaxes!!

E ata en Nadal recibimos unha POSTAL e aproveitamos para coñecer as diferenzas entre unha POSTAL e unha CARTA!! 

Cando xa eramos expert@s decidimos contestarlles cunha POSTAL DA AROUSA para que coñecesen a nosa terriña!! 

Finalmente, encadeando, encadeando... chegou o FIN DE CURSO e con el este marabilloso resultado!! 

Tan chulo foi que decidimos montar un MURAL para expoñelo no AUDITORIO!! 


Pero... as SORPRESAS 

non remataron aí!! 

O último día a profe tiña preparada a última!! Cando estivemos moi atent@s á pantalla aí estaban...@s compis de PONTECESURES!!

 Quedamos alucinad@s!! 

Por fin nos poñiamos cara!! 

Presentámonos, fixémonos as preguntas que nos intrigaban e... xogamos ás PALABRAS ENCADEADAS, desta vez en directo!! 

Foi unha experiencia xenial!!



Esperamos que vos pasedes a ver o resultado do PDI na exposición do AUDITORIO!! 

Hai moitas SORPRESAS!!

Apertiñas viaxeiras!!

Aniversarios de verán!!

 Ola peques e familias!! 

Tod@s compartimos cos nos@s compis a chegada aos 8 aniños e @s compis que cumpren no verán non ían ser menos!! Cun pouquiño de antelación pero con moita ilusión compartiron con nós un momento especial!! 

Óscar tivo o seu momentiño rodeado de dous biscoitos riquísimos a falta dun!! Desapareceron, por suposto!! 

GRAZAS COMPI E 

PARABÉNS POR ADIANTADO!! 

O seguinte foi Leo que veu cargado de chocolate coa súa xigantesca torta e con moita ilusión!! 

GRAZAS COMPI E 

PARABÉNS POR ADIANTADO!! 

E rematamos a ronda con Sira que trouxo unha torta de tantos pisos que tivemos que comela escalando!! Que bonita e deliciosa!! 

GRAZAS COMPI E 

PARABÉNS POR ADIANTADO!!

E sabedes quen cumpre tamén no verán?? A profe Ali que tamén o quixo celebrar con nós!! Soprou a súa vela de... interrogante!! Que pilla!!

 Cantamos, bailamos e desexámoslle o mellor a estes compis para o día do seu aniversario!! 

Apertiñas festeiras!!

luns, 19 de xuño de 2023

Aniversarios do terceiro trimestre!!

Ola peques e familias!! 

Nestes últimos meses de curso non deixamos de facernos maiores ao ladiño d@s nos@s compis e mestr@s compartindo con el@s bailes, cancións, doces caseiros e moitos SORRISOS!! 

Comezou o trimestre cumprindo aniños EMMA!! Como sabe o lambonciñ@s que somos trouxo dúas tortas a falta dunha!! 

GRAZAS E PARABÉNS COMPI!!

Continuou SOFI cun superbiscoito do mesmo tamaño case que a supervela co número 8!! Que maior compi!! 

GRAZAS E PARABÉNS!!

Seguimos con JAVI!! Xa nos sorprendera hai uns días co seu gran cambio de look pero coa GRAAAN torta que trouxo deixounos aínda máis alucionad@s se cabe!! 

GRAZAS E PARABÉNS COMPI!! 

O seguinte foi IZAN!! De familia de cociñeiros sorprendeunos cunha fermosa flor de mazá que estaba deliciosa!! 

GRAZAS E PARABÉNS COMPI!!

E, para rematar, DIEGO compartiu con nós un biscoito ben apetitoso!! 

GRAZAS E PARABÉNS COMPI!! 

Para todos vós...MÚSICA!! 


Apertiñas festeiras!!

domingo, 18 de xuño de 2023

O museo pechou as súas portas!!

 Ola peques e familias!! 

Que gran éxito o MUSEO 

DE MÁQUINAS DA NOSA VIDA!! 

Antes de pechalo tocou recibir aos pequechiños e pequechiñas do cole!! As dúas aulas de INFANTIL viñeron ata o noso edificio a gozar desta marabillosa actividade!! 

Foi estupendo!! 

Mirade, mirade 

que atent@s estaban!! 

Ao rematar, acompañámolos ata a súa aula e quixeron sorprendernos cunha marabillosa obra de teatro!! Son uns/unhas ARTISTAS!!


E os de sexto non foron menos!! Arroupáronos dunha maneira estupenda!! Fíxonos unha especial ilusión a visita d@s nos@s PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS!! 

Ao rematar, aproveitamos para darlle un detalliño polos bos momentos pasados xunt@s durante este curso!! Unha postaliña para cada un/unha asinada por tod@s nós!! 

ENCANTOULLES e despedímonos 

cunha chea de apertas!! 

Ata pronto compis de sexto 

e MOITA SORTE!! 

Botarémosvos de menos!! 

Apertiñas!!

Chegou a PRIMAVERA!!

Ola peques e familias!!  A chegada da PRIMAVERA xa se comeza a notar en todos os RECUNCHIÑOS do cole!! Murais coloridos, gorras nos perchei...