xoves, 22 de xuño de 2023

Aniversarios de verán!!

 Ola peques e familias!! 

Tod@s compartimos cos nos@s compis a chegada aos 8 aniños e @s compis que cumpren no verán non ían ser menos!! Cun pouquiño de antelación pero con moita ilusión compartiron con nós un momento especial!! 

Óscar tivo o seu momentiño rodeado de dous biscoitos riquísimos a falta dun!! Desapareceron, por suposto!! 

GRAZAS COMPI E 

PARABÉNS POR ADIANTADO!! 

O seguinte foi Leo que veu cargado de chocolate coa súa xigantesca torta e con moita ilusión!! 

GRAZAS COMPI E 

PARABÉNS POR ADIANTADO!! 

E rematamos a ronda con Sira que trouxo unha torta de tantos pisos que tivemos que comela escalando!! Que bonita e deliciosa!! 

GRAZAS COMPI E 

PARABÉNS POR ADIANTADO!!

E sabedes quen cumpre tamén no verán?? A profe Ali que tamén o quixo celebrar con nós!! Soprou a súa vela de... interrogante!! Que pilla!!

 Cantamos, bailamos e desexámoslle o mellor a estes compis para o día do seu aniversario!! 

Apertiñas festeiras!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O mundo das máquinas!!

Ola peques e familias!!  Seguindo co estudo do PASO DO TEMPO adentrámonos no cambio que sufriron as MÁQUINAS cos anos!!  E comezamos o seu ...