xoves, 22 de xuño de 2023

"Palabras que veñen e van"

Ola peques e familias!! 

O trimestre pasado 

recibimos un SORPRESÓN 

da man de Raquel,

a nosa marabillosa conserxe!! 

@ carteir@ da Arousa trouxo unha CARTA ao cole para nós!! 

Para nós en exclusiva!! 

Mirade, mirade!!

Era duns nenos e nenas dun cole de Pontecesures que tamén estaban en segundo!! Propoñíannos un XOGO DE PALABRAS ENCADEADAS pola última letra a través de CARTAS!! Enteraríanse de que o tema do PROXECTO do cole era a ESCRITURA??

Así comezou un precioso PROXECTO ENTRE CENTROS chamado:

Sucedéronse moooitas CARTAS e PEZAS DE PUZZLE con palabras que comezamos encadeando pola última letra para pasar á ultima SÍLABA!! O curso pasaba e xa iamos avanzando en aprendizaxes!!

E ata en Nadal recibimos unha POSTAL e aproveitamos para coñecer as diferenzas entre unha POSTAL e unha CARTA!! 

Cando xa eramos expert@s decidimos contestarlles cunha POSTAL DA AROUSA para que coñecesen a nosa terriña!! 

Finalmente, encadeando, encadeando... chegou o FIN DE CURSO e con el este marabilloso resultado!! 

Tan chulo foi que decidimos montar un MURAL para expoñelo no AUDITORIO!! 


Pero... as SORPRESAS 

non remataron aí!! 

O último día a profe tiña preparada a última!! Cando estivemos moi atent@s á pantalla aí estaban...@s compis de PONTECESURES!!

 Quedamos alucinad@s!! 

Por fin nos poñiamos cara!! 

Presentámonos, fixémonos as preguntas que nos intrigaban e... xogamos ás PALABRAS ENCADEADAS, desta vez en directo!! 

Foi unha experiencia xenial!!



Esperamos que vos pasedes a ver o resultado do PDI na exposición do AUDITORIO!! 

Hai moitas SORPRESAS!!

Apertiñas viaxeiras!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Unidades de medida - Peso

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar...  AS UNIDADES DE PESO !!  Aquí quedan varios xogos! XOGO 1 XOGO 2 XOGO 3  Adiaaaaaante!!  Apert...