mércores, 28 de febreiro de 2024

O amiguiño de Amaranta!!

Ola peques e familias!! 

Esta Amaranta é tremenda!! Non para de argallar!! Hoxe cando chegamos á clase tiñamos unha carta, o elfiño Travesiño polo medio pero...nin rastro de Amaranta!! 

Buscamos e buscamos e nada... Na carta presentábanos a un amiguiño ACUÁTICO chamado XELO!! É un xurelo que tamén é CARTEIRO pero no mar!! 

Coñecémolo mellor coa axuda dos libriños que nos deixou!! Tamén aproveitamos para coñecer novos animais ACUÁTICOS e analizar os ELEMENTOS NATURAIS E HUMANIZADOS que aparecían nas PAISAXES dos mesmos!! Xelo recorre PRAIAS de GALICIA preciosas!! Pronto nos demos conta que os libros...eran dos nosos compañeiros de 1ºB!! E cando estabamos falando diso... apareceu Amaranta pola ventá!!

 Alá fomos a investigar e pronto o entendemos todo coa axuda da profe Lucía e os nosos compis de 1ºB!! 

Como xa dixemos... esta Amaranta é tremenda!! E Xelo... prometeu SORPRESA!! Que será, será?? Xa estamos intrigad@s!! Esta clase é un non parar de novidades!! Que credes que pode ser?? Seguiremos informando!! 

E, para rematar... buscade nestas paisaxes da Illa de Arousa elementos naturais e humanizados e comentade debaixo os que atopastes!! Sabedes que lugares son?? Adiante!!

 Apertiñas emocionadas!!

luns, 26 de febreiro de 2024

Festa da CENTENA!!!

Ola peques e familias!! 

Sen palabras nos quedamos coa SUPERCARTA que recibimos hoxe!! Escribírona AMARANTA, TRAVESIÑO E LIBRIA!! Os tres xuntos!! Era a primeira vez que isto acontecía polo que xa imaxinamos que sería algo IMPORTANTE!!

 Cando a leu o encargado entendimos todo!! Levamos 100 DÍAS DE COLE XUNTIÑ@S!!

 Cando chegamos de inglés esperábanos a GRAN SORPRESA!! Vaia FESTAZA nos tiñan preparada!! Alucinamos!! 

Ata LIBRIA se uniu cuns SUPERNÚMEROS!! 

Só hai que ver... e escoitar a nosa EMOCIÓN!!

 Comimos lambonadas que nos tiñan preparadas, completamos os nosos monedeiros que pasaron de ter 80 EUROS a 100!! E despois...a 200!! 

E recibimos uns CONTIÑOS moi especiais!!

 Estabamos tan felices que ata rematamos cunha CONGA tod@s xunt@s!! 

 100 DÍAS MOI ESPECIALES DE APRENDIZAXES E SORRISOS!! 100 DÍAS DE MOITAS EMOCIÓNS E SENTIMENTOS COMPARTIDOS!! 100 DÍAS DE TRABALLO EN EQUIPO CON VÓS, FAMILIAS!! 100 AGRADECEMENTOS QUE MERECEDES!! E 100 APERTAS PARA TOD@S!! 

E para despedirnos peques... contade en COMENTARIOS cales foron os momentos e aprendizaxes máis especiais para vós nestes días!! Familias podedes participar tamén!! Encantaranos ler todo na aula XUNT@S!! 

A SEGUIR ENCHENDO A NOSA MOCHILIÑA DE SORRISOS E APRENDIZAXES!! 

Apertiñas emocionadas!!

venres, 23 de febreiro de 2024

Semana de Rosalía de Castro!!

Ola peques e familias!! 
Que semana tan enriquecedora coñecendo detalles moi interesantes da vida e obra de Rosalía de Castro!! E hoxe seguimos co agasallo de Amaranta!! Convertiuse en ARTISTA- pintora- escritora... e tróuxonos unha colección de libros!! 
Co gallo da conmemoración do seu día hoxe 23 de febreiro decidimos organizar unha SAÍDA AO CENTRO DO DÍA para seguir pintando SORRISOS nas cariñas dos nosos maiores!! Por mor do mal tempo non puido realizarse pero quedou aprazada e, ese día,  repartiremos pola rúa uns folletiños que nós mesm@s elaboramos con poemas da autora e entregaremos no centro de día este carteliño precioso que realizamos xunto cos compis de 1ºB!! 
Ademais, recitaremos e cantaremos varios poemas e cancións que levamos días ensaiando!! Xa somos uns expert@s!! Ata nos animamos cun reto-poema que nos propuxo a profe que aquí vos deixamos para que o intentedes en familia!! Se o conseguides contádenolo en comentarios!! 
Nós... cada vez o facemos máis e máis rápido!! E tamén mellor e mellor!!
Tamén nos encanta o poema musicado "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"!! 
Sabémolo recitar, cantar coa seguinte melodía e ata rapear!! E "Rosalía pequeniña" tennos namorad@s!!
A próxima semana contarémosvos a experiencia da saída!! 
ROSALÍA SEMPRE!!
Apertiñas poetisas!!

xoves, 22 de febreiro de 2024

Que interesante o mundo das PLANTAS!!

Ola peques e familias!! 

Seguimos fascinad@s descubrindo cousiñas dun dos tipos de SERES VIVOS que nos rodean: AS PLANTAS!! Están presentes nas nosas horas de lectura a través de moitos libros que temos na biblioteca de aula pero, tamén, duns traballiños que trouxeron uns compis!! 

Ademais, xa rematamos o LAPBOOK!! 

Quedou precioso e canto aprendemos!! Tamén apareceu Amaranta cunha nova INVESTIGACIÓN sobre este tema!! 

Así que puxémonos mans á obra para buscar 6 árbores no seu libriño e despois comprobamos nós mesm@s se o resultado era correcto cunha axudiña que ela mesma nos deixou!! É máis boíña!! 

Rematamos coa LECTURA EN ALTO de todas as aventuras do seu libriño, recordando que animais aparecían e os seus nomes propios, lugares que visita situándoos no mapa e as árbores que recordabamos perfectamente despois da investigación!! 

Aproveitamos para falar das diferenzas entre a LETRA DE IMPRENTA que aparece nese libro ou neste blog por exemplo, e a LETRA LIGADA que coñecemos mellor, sobre todo, fixándonos nestas 4 letras que son moi parecidas!! Grazas ao XOGO que fixemos xa sabemos o truquillo para distinguilas e a lectura resultou máis sinxela!!

Por certo, tamén descubrimos que saía unha ra que se chamaba Rosalía e vivía en Padrón como a escritora que estamos coñecendo mellor esta semana!! Que casualidades nos trae esta Amaranta!! Despedímonos hoxe con... 

apertiñas investigadoras!!

martes, 20 de febreiro de 2024

Investigación no patio!!

Ola peques e familias!! 

Continuamos as aprendizaxes sobre os TIPOS DE PLANTAS cunha INVESTIGACIÓN NO PATIO!! 

Primeiro realizamos unha táboa de clasificación na aula. Despois coa axuda da profe Patri fomos a descubrir que tipos de plantas atopabamos e en que cantidade!! 

Descubrimos como é un 

ARBUSTO por "dentro"!!

 E unha raíz impresionante!!

A actividade tivo un plus de diversión ao ir disfrazados!! E por que non dicilo?? Moita imaxinación no rexistro!! Isto si é TRABALLO EN EQUIPO!!

Apertiñas investigadoras!!

luns, 19 de febreiro de 2024

Creamos un LAPBOOK das plantas!!

Ola peques e familias!! 
Amaranta non deixa de sorprendernos e CARTA a CARTA foinos proporcionando toda a información e materiais necesarios para crear un LAPBOOK das plantas!! 
Agora xa sabemos o que é e encántanos a idea!! 
Traballamos este tema de mooitas maneiras!! Coñecemos os tipos de plantas mediante ADIVIÑAS mentras realizabamos un ESQUEMA na pizarra e creámolas con PLASTILINA sen esquecer ningunha parte!! 

Este tema sigue!! Non vos perdades próximos capítulos!! 
Apertiñas vexetais!!

Chegou a PRIMAVERA!!

Ola peques e familias!!  A chegada da PRIMAVERA xa se comeza a notar en todos os RECUNCHIÑOS do cole!! Murais coloridos, gorras nos perchei...