mércores, 20 de decembro de 2023

Saída ao centro de día da Arousa!!


Ola peques e familias!! 

O reto está completo!! 

Xa fixeramos felices aos avoíños e avoíñas dos centros de día onde traballan a nai de Martín e a de Enma pero... quedábanos o da nosa localidade!! Así que o primeiro foi poñerse mans á obra para facerlles moitos debuxos e unha BONITA POSTAL!! Desta vez...en MINÚSCULAS!!

 A sorte foi que, desta vez, podiamos facer a entrega en persoa!! Así que collemos camiño... e alá fomos con elfos incluídos!! Xa vos contaremos o SORPRESÓN!!

Recibíronnos Valeria, María e Esther e ensináronnos as instalacións antes de que chegaran @s usuari@s!! 

As encargadas fixeron entrega dos agasallos...

E sabedes que? Estaban tan felices que nos invitaron a MERENDAR chocolate cun doce con el@s!! Ata os ELFIÑOS o disfrutaron!! 


Pero a cousa non remataba aí... tamén lle agasallamos cun BAILE!! 

E para rematar, XOGAMOS MOITÍSIMO!! Non podemos mostrar as súas cariñas pero asegurámosvos que estaban FELICES!! 


Foi unha mañá preciosa 

e moi especial!! 

E aínda quedaba unha última sorpresa... preparáronnos DOUS AGASALLIÑOS MOI RELACIONADOS CO NOSO PROXECTO DE ARTE, xa que a CONVIVENCIA xa estivo presente toda a mañá!! 

Un era... unha VARIÑA MÁXICA para escribir cousas bonitas como facemos nós na aula!! Encantounos!!

E cunha TRASTADA de Travesiño e esta frase dunha parede despedímonos moi emocionad@s e cheos de valores preciosos!! GRAZAS, GRAZAS E MIL GRAZAS ás traballadoras e usuari@s!!

Apertiñas agradecidas!!

4 comentarios:

  1. Moi boa excursión, da gusto ver a todos tan contentos. Nai de Roi

    ResponderEliminar
  2. Que maravilla de excursión! Da gusto facer felices aos avoiños. Con tan pouco conséguense grandes cousas. Gracias por estas actividades tan chulas Ali! Mamá de Sofía.

    ResponderEliminar
  3. Paseino moi ben cos avoiños!!!👵🏻👨🏻‍🦳Felices Festas e Feliz 2024🎉🎊🥳🤩😍 Carmen🤩🥳🎉🎊🎉🌈

    ResponderEliminar
  4. 😍😍 Pois si bonita frase coa que se acaba esta excursión, coidar de quen coidou de nos e que tantas cousas nos aprenderon e siguen ensinando. Gracias por estas salidas tan especiales nas que os nen@s o pasan tan ben. Un saúdo. A nai de Hugo 👵👴👵👴

    ResponderEliminar

Chegou a PRIMAVERA!!

Ola peques e familias!!  A chegada da PRIMAVERA xa se comeza a notar en todos os RECUNCHIÑOS do cole!! Murais coloridos, gorras nos perchei...