sábado, 31 de outubro de 2020

Benvidos ao voso blog!!

POR FIN ESTAMOS DE VOLTAAAAA!!

POR FIN O NOSO BLOG ESTÁ EN MARCHA!!

 

Benvid@s peques e familias de 2ºB

ao noso blog deste curso!!

 

Unha ventaniña onde poder asomarvos á nosa aula

e compartir mooooitas cousiñas!!

Tamén un espazo onde traballar en equipo,

a través de investigacións, retos…. ademais

dunha sineira onde colgar os vosos comentarios!!

 

E QUE MELLOR MANEIRA QUE COMEZALO

QUE COA PRIMEIRA FESTA DO CURSO??

 

Conseguidos os ansiados 30 PUNTOS…


festexamos o SAMAÍN!!

Como coñecemos tan ben todas as medidas,

fixémolo de marabilla e...pasámolo mellor!

CORREDE QUE COMEZAMOS!!


                 Tivemos tempo para todo!!

Con Dani de encargado, un pouquiño de mates 

coa nosa "ARAÑA DA DATA"!!

Tamén algo de lectura coa mestra e...

co libro de contiños de Halloween de Clara!!

E coas nosas merendas de medo...

quedamos terroríficamente fartiños!!


Pero o que máis disfrutamos foi a festiña

diferente pero xenial cos nosos DISFRACES!!







E, aproveitando o bo tempo...
as NOSAS PRIMEIRAS FOTOS DE GRUPO
deste curso!!



E ATA UNHA FOTO...
TODO SEGUNDOOOOOO!!
Iso si que nos fixo ilusión!!


Pouquiño a pouco ireivos explicando o 

funcionamento do blog pero polo de agora...

non deixedes de visitalo!!

Xa esperamos os primeiros comentarios!!

Apertiñas terroríficas cheas de saúde!!
Descansade moito en familia!! :)

Fin do 2º trimestre!!

Ola peques e familias!!   E entre unhas cousas e outras... chegaron os últimos días do trimestre!! Neles tivemos tempo para todo!! Rematamos...