sábado, 31 de outubro de 2020

Benvidos ao voso blog!!

POR FIN ESTAMOS DE VOLTAAAAA!!

POR FIN O NOSO BLOG ESTÁ EN MARCHA!!

 

Benvid@s peques e familias de 2ºB

ao noso blog deste curso!!

 

Unha ventaniña onde poder asomarvos á nosa aula

e compartir mooooitas cousiñas!!

Tamén un espazo onde traballar en equipo,

a través de investigacións, retos…. ademais

dunha sineira onde colgar os vosos comentarios!!

 

E QUE MELLOR MANEIRA QUE COMEZALO

QUE COA PRIMEIRA FESTA DO CURSO??

 

Conseguidos os ansiados 30 PUNTOS…


festexamos o SAMAÍN!!

Como coñecemos tan ben todas as medidas,

fixémolo de marabilla e...pasámolo mellor!

CORREDE QUE COMEZAMOS!!


                 Tivemos tempo para todo!!

Con Dani de encargado, un pouquiño de mates 

coa nosa "ARAÑA DA DATA"!!

Tamén algo de lectura coa mestra e...

co libro de contiños de Halloween de Clara!!

E coas nosas merendas de medo...

quedamos terroríficamente fartiños!!


Pero o que máis disfrutamos foi a festiña

diferente pero xenial cos nosos DISFRACES!!







E, aproveitando o bo tempo...
as NOSAS PRIMEIRAS FOTOS DE GRUPO
deste curso!!



E ATA UNHA FOTO...
TODO SEGUNDOOOOOO!!
Iso si que nos fixo ilusión!!


Pouquiño a pouco ireivos explicando o 

funcionamento do blog pero polo de agora...

non deixedes de visitalo!!

Xa esperamos os primeiros comentarios!!

Apertiñas terroríficas cheas de saúde!!
Descansade moito en familia!! :)

16 comentarios:

  1. Respostas
    1. Ola! Grazas por estrenar os comentarios! A verdade que da gusto velos! E que sempre estén así, cun sorriso!!
      Recordade asinar co voso nome se facedes un comentario como anónimos, senón...non saberemos quen se pasou por aquí!! Apertas!! Alicia:)

      Eliminar
  2. Hola son Leo e gustame o novo blog e os emoticonos de fondo.Chao

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Leo!! Que alegría a túa visita e que che gustasen os emoticonos!! Xa sabes que na nosa clase todo ten que estar cheo de sorrisos!! Que pases un bo domingo! Vémonos o martes!! Apertas! A profe Alicia :)

      Eliminar
  3. Ola son clara. Estou ilusionada co novo blog. Unbico e unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Clara!! Que ilusión o teu comentario!! A verdade que eu tamén estou moi ilusionada!! Temos que facer entre todos que sexa un blog xenial!! Apertiñas e ata martes!! A profe Alicia :)

      Eliminar
  4. Ola son Pablo,
    Gustame moito o novo blogue.
    Bicos para todos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Pablo! Alégrome moito de que che gustase e tamén de que te animases a comentar!! Moitas grazas e a disfrutar do día libre! Apertas! A profe Alicia :)

      Eliminar
  5. Respostas
    1. Ola! Moitas grazas polo teu comentario! Pero recordade cando comentedes como anónimo deixar o voso nome para saber quen se pasou por aquí! Grazas! Unha aperta! A profe Alicia:)

      Eliminar
  6. Ola, gustame moooooito o novo blog e tamen todas as fotos. Son Breo. Bicos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Breo! Que alegría todo o que dis!! O blog está cheo de sorrisos como os que vós tedes toooodos os días no cole!! E as fotiños foi moi divertido facelas, verdade? Repetiremos!! Apertas! A profe Alicia:)

      Eliminar
  7. Ola son Leire, encantanme as nosas fotos da Festa do, samain

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Leire!! Que ben que te animases a comentar!! E que ben o pasamos facendo as fotiños e en todo o día, verdade? Apertas e bo fin de semana!! A profe Alicia:)

      Eliminar
    2. Ola son Ylenia o que mais me gustou foi a foto das merendas terrorificas e a foto de todos xuntos co segundo A incluido.

      Eliminar
    3. Ola Ylenia! A min tamén me encantan esas fotos e...que te animases a comentar!! Unha aperta enorme! A profe Alicia:)

      Eliminar

Chegou a PRIMAVERA!!

Ola peques e familias!!  A chegada da PRIMAVERA xa se comeza a notar en todos os RECUNCHIÑOS do cole!! Murais coloridos, gorras nos perchei...