sábado, 15 de xullo de 2023

FESTA de FIN DE SEGUNDO!!

 Ola peques e familias!! 

Agora si que si!! 

Toca despedirse!! 

E como o facemos?? 

Pois cunha FESTA, por suposto!!  

Mirade parte da MERENDOLA 

tan bonita e deliciooooosa!! 


Grazas a todas pola colaboración 

unha última vez!! 

Pero neste día dou tempo a moito!!

Repasamos RECORDOS xunt@s... 

...fixemos unha CÁPSULA DO TEMPO para abrir cando marchemos ao insti... 

...agasallamos a cada mestr@, á conserxe Raquel, a Sandra e ao administrativo José Luis cunha postal cos seus SUPERPODERES...


...despedimos aos de SEXTO... 

 

...cantamos unha última vez a CANCIÓN DO PROXECTO cos de cuarto poñendo a música...

e... ata a profe Ali nos contou cun xogo quen era o seu alumn@ favorit@!! Estades preparad@s para descubrilo?? 

Eses SORRISOS que se ven a través da caixa e no seguinte vídeo son os que fan que todo MEREZA A PENA!! 

Aínda que a mestra...

tamén resultou sorprendida 

mentras nos gravaba a nós!!

E sigue dando as GRAZAS polos agasallos!! 

AÍNDA ESTÁ EMOCIONADA!!

GRAZAS, GRAZAS E 

MIL VECES GRAZAS 

por dous cursos MARABILLOSOS!!

Pequech@s e familias BO VERÁN!! 

Vémonos á volta!!

Ata SEMPRE!! 

A profe Ali :)

Dúas SAÍDAS de fin de curso e actuación!!

 Ola peques e familias!! 

Vaia final de curso!! 

Tivemos dúas SAÍDAS 

a falta dunha!! 

Ben diferentes e 

ben XENIAIS ambas!! 

Primeiro fomos a Cambados á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS a pasar unha xornada marabillosa entre animaliños e obradoiros moi interesantes e entretidos!! 

Pasando por laberintos e con algunha parada para xogar e merendar.... mirade que ben coidamos aos nosos amiguiños!!



Tamén fixemos pan e coñecimos unha nova MÁQUINA para a nosa colección de aprendizaxes!!





Con esta foto resumimos 

como o pasamos!!

E a seguinte...disfrutamos xunt@s dunha XORNADA DE PRAIA na nosa espectacular contorna!! 










Ata nos dou tempo de artistear e ir ao parque antes de marchar!!

Que ben o pasamos!! 






E, por se fose pouco, o pallaso PETER PUNK visitounos coa súa actuación: "PEOR IMPOSIBLE"!! Ata participaron algúns mestr@s!!

Imos bos de rir!! 






Pero a cousa non quedou aí, xa que tocaba a FESTA FINAL e as DESPEDIDAS!! 

Estade atent@s á última entrada!! 

Apertiñas!!

Chegou a PRIMAVERA!!

Ola peques e familias!!  A chegada da PRIMAVERA xa se comeza a notar en todos os RECUNCHIÑOS do cole!! Murais coloridos, gorras nos perchei...