luns, 30 de novembro de 2020

Estivemos de aniversarioSSS!!


MOITO ANIVERSARIOS 
TIVEMOS ESTE TRIMESTRE!! 

Que peniña nos daba ao principio 

non poder traer os nosos doces caseiros

para compartir, poder cantar 

ata que non nos quedaran máis forzas, 

poñer o gorriño de tarta, 

asinar a postaliña para os compis... 

PERO DÁNDOLLE MOITO Á CABECIÑA, 

CONSEGUIMOS QUE ESES DÍA RESULTARAN 

ESPECIAIS E EMOCIONANTES!! 

Tivemos a nosa canción!!



A nosa postaliña!! 

 
 

E a ACTIVIDADE ESTRELA!! 

Compartimos as nosas 

"CAIXIÑAS DA VIDA"!! 

Porque temos pouquiños anos pero...

moito vivido que contar!!

Comezamos xa en SETEMBRO 
co noso compi Luca!!



Que bonito momento pasamos! 

GRAZAS!!



Seguimos en OUTUBRO 
coa nosa compi Ylenia!!



Que bonito momento pasamos! 

GRAZAS!!


O seguinte aniversario foi
o da nosa compi Fátima!!



Que bonito momento pasamos! 

GRAZAS!! 


O seguinte foi o noso compi Gael!!


Que bonito momento pasamos! 

GRAZAS!!

 

E a última do mes 

foi a nosa compi Alba!!



Que bonito momento pasamos! 

GRAZAS!! 


E continuamos en NOVEMBRO 
co noso compi Alén!!


Que bonito momento pasamos! 

GRAZAS!! 

Seguimos o mes 
co noso compi Daniel!!



Que bonito momento pasamos! 

GRAZAS!! 


E HOXE rematamos o mes e o trimestre 

co aniversario do noso compi Iker!!


Que bonito momento pasamos! 

GRAZAS!! 

Cada caixiña mostra o DIFERENTES 

E, POR ELO, ESPECIAIS QUE SOMOS 

pero, ao mesmo tempo, 

TODO O QUE TEMOS EN COMÚN!!

Falaremos moito disto nunha 
conmemoración...este xoves!!

Unha actividade moi EMOTIVA!!

Grazas pola colaboracion familias 
e por compartir tanto con nós, peques!!


E a vós... que foi o que máis 
vos gustou desta actividade??

Tedes ganas de facela 
os que faltades??
Comentádeo abaixo!!

PARABÉNS PEQUES E...

ATA PRONTOOOO!!

xoves, 26 de novembro de 2020

Seguimos co corpo...TAREFA SEMANAL!

Ola amiguiños e amiguiñas!!


ESTAS SEMANAS ESTAMOS 

TRABALLANDO AS FUNCIÓNS 

APARATOS DO NOSO CORPO!!

HOXE TOCA...
O APARATO DIXESTIVO!! 

Un repasiño primeiro

con algunhas partes novas...

Agora un superXOGO!!

                         XOGO APARATO DIXESTIVO

E o vídeo do CAMALEÓN 

que tanto vos gusta!


Non podía faltar 

unha divertida CANCIÓN!!


E seguimos co... 

APARATO RESPIRATORIO!! 

                             

Recordade...

INSPIRAMOS E EXPIRAMOS!! 

Como ben di esta canción!! 

Probade a practicalo en familia!!

E que vos parece se probamos 

a respirar tranquilamente como na clase? 

Desta vez coa...

"RESPIRACIÓN DA ABELLA"


E un VÍDEO-CONTO interesante!!


E CAL SERÁ A 

TAREFA SEMANAL??


Falando do APARATO DIXESTIVO...

ELABORAR UN MENÚ SAUDABLE!!

Pode ser de tres días 
ou de toda a semana!!


Trátase de:

1º PASO: Colocar nunha táboa 
os alimentos, clasificados en:
ALMORZO, COMIDA,
MERENDA E CEA!
(Debuxados ou cunha imaxe
e co seu nome debaixo 
EN MINÚSCULAS 
E EN GALEGO e en pauta!!).

UN EXEMPLO DE PLANTILLA:
Pero coma sempre...
botádelle imaxinación á vosa creación!!


2º PASO: Rodear de verde os alimentos 
que consideredes máis saudables , 
que se poden comer a diario 
ou habitualmente, de laranxa 
os que se poden comer de cando en vez 
e de vermello os que non son tan saudables
(se os hai).


3º PASO: Revisar a presentación, 
a letra e a ortografía!!

4º PASO: Preparar ben a exposición 
para explicalo na clase!!

ATA CANDO TEMOS DE PRAZO?
ATA O PRÓXIMO 
VENRES DÍA 4 DE DECEMBRO!!


E non podía faltar 
o noso amigo CAMALEÓN!!



E unha canción!!



Como vin que vos animastes a bailar... 

propóñovos de novo que preparedes 

este bailes sós ou en familia 

e me enviedes un vídeo!!! 

O baile é moi divertido 

e pegadizo!!

E TEMOS ÁS PRIMEIRAS 
VALENTES CON MOOOOITO RITMO!!






Seriades capaces de escribir 
en comentarios a lista de frutas 
que di, por orde e de memoria?
Intentádeo!! Coidando a ortografía!!

ATA A PRÓXIMA!!

mércores, 25 de novembro de 2020

A violencia tamén é un virus!!

O 25 de novembro conmemórase o 

"DÍA INTERNACIONAL 

DA ELIMINACIÓN 

DA VIOLENCIA 

CONTRA A MULLER" 


E contra o home, 
e contra os nen@s, 
e contra os avoíños... 

PORQUE CALQUERA 

TIPO DE VIOLENCIA...


 

Por que credes vós, 

peques e familias, que a 

"VIOLENCIA TAMÉN 

É UN VIRUS"? 

Animádevos a reflexionalo 
nos comentarios!


No cole, todos unidos...
quixemos darlle cor 
e poñer positivismo a esta data 
cunha canción chulísima!! 


A ver se adiviñades 
coa pista de Breo!!


"GIRASOLES" 

DE ROZALÉN!!


MIRADE QUE CHULADA 
DE VÍDEO CONXUNTO

na páxina web do cole!!


Os demais...
tamén fixemos unhas flores 
ben chulas cos 

"DEREITOS DA INFANCIA!!

Neles non hai sitio 
para a violencia!!



E para rematar...
un conto dunha nena que,
de seguro, xa coñecedes!!
Ela é Flora e ten un problemiña...


No seu conto:

"O segredo de Flora"

o descubriredes!!


Credes que Flora atopou 

unha boa solución?

Pasouvos algunha vez a vós?
E como o solucionastes?
Animádevos a comentalo!


APERTIÑAS CHEAS, CHEAS 

DE MOOOOITO AGARIMO

E SAÚDE!!

luns, 23 de novembro de 2020

Entre o samaín e o magosto!!

 Ola, ola!! 

Como nos encanta traballar as linguas

mediante trabalinguas, 

adiviñas, poesías....

NO SAMAÍN estivemos 

moitos días 

practicando uns TRABALINGUAS!!





E nos atrevemos a recitalos...

mooooi rápido!!

ESCOITADE CON ATENCIÓN!!





Os compis de SEGUNDO A, 

prepararon un conxuro!! 

PINCHADE NA PALABRIÑA 

E ABRIDE BEN AS ORELLAS!!

Conxuro

E coa chegada do MAGOSTO,
nesta estación de outono 
que tanto colorido ten,
preparamos máis cousiñas!!




ADIVIÑAS!!

Nesta falan dun carapucho...


Nesta a alguén lle cae un dente!!
Virá o Ratiño Pérez??


E aquí un variado!!
A ver se adiviñades!!


Seguimos con cultura tradicional!!
Desta vez...

REFRÁNS!!



E para rematar...
que difícil!!

TRABALINGUAS!!

Atrevédesvos a recitalos 
taaaan rápido??


Apertiñas e saúde!!

Xogando cos tipos de palabras!!

Ola peques e familias!!  Levamos unhas semanas profundizando no coñecemento dos TIPOS DE PALABRAS !! Ata o de agora NOMES COMÚNS E PROPIOS ...