20 xuño 2026
18 xuño 2026
Merendola do noso hortiño!!
Ola peques e familias!!
Xa fai un tempiño comezamos unha nova aventura nunha parceliña do HORTO ESCOLAR do cole!! Primeiro tocou preparar o terreo, conseguir as plantas e preparar todo para sementar!!
Veunos xenial para coñecer máis MÁQUINAS MANUAIS e aprender sobre as PLANTAS e o MEDIO AMBIENTE!!
As seguintes semanas seguimos coidando o terreo e regando!!
Tocou entrenar a paciencia para ver algún froito pero pronto tivemos algún pementiño de Padrón e leitugas grandiñas!!
Así que a mestra propúxonos seguir co proxecto "COCIÑEIROS/AS VIAXEIROS/AS" e facer unha MERENDOLA con elas para que todos/as as puideramos disfrutar!! Foi diferente, chea de cores, riquísima e moi saudable!!
Canto nos gusta merendar xuntos/as
e comer rico!!
Apertiñas saudables!!
17 xuño 2026
Feliz non aniversario!!
Ola peques e familias!!
Agora si que si rematamos a celebración de todos os aniversarios da aula!! Quen faltaba?? A profe que tamén cumple en verán!! Ela propúxonos un RETO como bos "COCIÑEIROS/AS VIAXEIROS/AS" que somos!! Que lle axudaramos a cociñar a torta do seu aniversario traballando en equipo!!
Ao día seguinte poderiamos comela xuntos/as!! Por suposto, aceptamos!!
Preparamos o chocolate, comezamos a montar e decoramos!! O resultado foi incrible!!
Agora tocaba esperar ao día seguinte para celebrar!!
Cantamos, abrazámonos e pasamos un momentiño especial xuntos/as!!
Ata sorprendemos á profe cun agasalliño moi especial!! Foi unha mañá preciosa!!
Apertiñas agradecidas!!
15 xuño 2026
Aniversarios do terceiro trimestre e do verán!!
Ola peques e familias!!!
Este trimestre celebramos na aula varios ANIVERSARIOS!! En todos eles o/a protagonista pon un gorriño chulísimo dunha torta con velas, cantámoslle e agasallámolo cunha postaliña!!
Tamén compartimos unha merendola e sopramos a veliña xuntos/as!! É un momento moi especial!!
A primeira en cumprir este trimestre foi Vega!! Agradecemos que continuara o noso reto da alimentación saudable con tanta froita!!
A seguinte foi Carme!!
Despois tocoulle a Emma!!
E para rematar o curso festexamos tamén os ANIVERSARIOS DO VERÁN!! Ian, Mateo e Iago uníronse para invitarnos a unha merendola na que non faltou detalle!!
E agora si...
xa celebramos todos/as!!
Ou non? Esta semana
aínda queda unha sorpresiña!!
Como nos gusta festexar estes días importantes xuntos/as!!
Con esta canción desexámosvos o mellor aniversario!!
Apertiñas festeiras!!
10 xuño 2026
Obradoiro cun medio de transporte!!
Ola peques e familias!!
Que sorte tivemos de que un medio de transporte entrara no noso patio!!
Visitounos o pai de Lucas que é TAXISTA!!
Explicounos moitas cousiñas interesantes sobre esta profesión como os servizos que ofrecía, a importancia dela, o tipo de medio de transporte...
...pero o que máis nos apetecía
era montarnos nel!!
Despois invitounos a dar unha voltiña!!
Ademais, explicounos todas as partes do taxi, como o taxímetro ou o significado das cores e signos que aparecen na pantalla exterior!!
Tiña ademais para nós un agasallo que nos encantou!! Unha goma de borrar que simulaba un mando do coche real!!
Nós pedímoslle axuda para clasificar a súa profesión e decidimos que ofrecía un SERVIZO!!
Ao rematar, entregámoslle o seu merecido DIPLOMA!!
Moitas grazas polo emocionante obradoiro e por tantas aprendizaxes!!
Apertiñas conductoras!!
08 xuño 2026
Visita do centro de día Lembranzas!!
Ola peques e familias!! Hoxe vivimos unha mañá moi especial!! Despois de mandar unha cartiña ao CENTRO DE DÍA LEMBRANZAS DE VILAGARCÍA e de recibir a súa resposta dicíndonos que lles encantaría visitar o noso cole e coñecernos... hoxe tivo lugar o ENCONTRO!! Foi precioso recibilos e as conversas que xurdiron!! Despois invitámolos/as á nosa EXPOSICIÓN DO PROXECTO e explicámoslle todo o traballado durante este curso!! Unha das usuarias emocionouse moito ao descubrir todo o que traballamos de COLOMBIA xa que é o seu país de orixe!!Antes de marchar, agasalláronnos cun tres en raia moi especial para cada un/unha!! E ás mestras cunha flor preciosa feita por eles/as cunha frase moi especial!! Nós tiñamos para eles/as unha postaliña asinada por todos/as xa que este mes están de aniversario!! Incluso a nosa cumpleañera de hoxe quixo ofrecerlles un trociño de biscoito!! Quedaron encantados/as!!Finalmente, tocou a hora do recreo pero como non querían marchar sentáronse nun banquiño á sombra e acompañáronnos durante ese momentiño!!Que xornada tan emotiva chea de sorrisos, miradas cómplices, apertas, valores e moitas aprendizaxes!! Canto temos que aprender dos/as nosos/as maiores e canto podemos tamén ensinarlles nós!! Despedímonos coa promesa de continuar o contacto o próximo curso e facer cousiñas xuntos/as e así será!! Grazas por vir!!Apertiñas emocionadas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Festa da auga!!
Ola peques e familias!! Onte tocou despedir o curso e foi unha mañá moi especial chea de sorpresas!! O que máis nos gustou foi a festiña na...
-
Bo día peques e familias!! O curso arranca e con el damos a BENVIDA a novas e novos peques en PRIMARIA cunha aula ben colorida!! Na clase...
-
Ola peques e familias!! Que emocionante é estar no cole dos maiores!! Cando xa conseguimos que os nervios vaian calmando e que a ILUSIÓN o...
-
Ola peques e familias!! Aproveitando que as tecnoloxías xa deixan resumimos nunhas fotiños e vídeos o ben que o pasamos na despedida do cu...
























































