15 xuño 2026

Aniversarios do terceiro trimestre e do verán!!

 

 Ola peques e familias!!!

Este trimestre celebramos na aula varios ANIVERSARIOS!! En todos eles o/a protagonista pon un gorriño chulísimo dunha torta con velas, cantámoslle e agasallámolo cunha postaliña!!

 Tamén compartimos unha merendola e sopramos a veliña xuntos/as!! É un momento moi especial!! 

A primeira en cumprir este trimestre foi Vega!! Agradecemos que continuara o noso reto da alimentación saudable con tanta froita!!

A seguinte foi Carme!!


Despois tocoulle a Emma!!


E para rematar o curso festexamos tamén os ANIVERSARIOS DO VERÁN!! Ian, Mateo e Iago uníronse para invitarnos a unha merendola na que non faltou detalle!! 

Sabedes unha cousa xenial?? Parece que a FROITA comezou a introducirse nas nosas celebracións e iso sería xenial que fose algo que chegara para quedarse!! 

E agora si...

xa celebramos todos/as!! 

Ou non? Esta semana 

aínda queda unha sorpresiña!!

Como nos gusta festexar estes días importantes xuntos/as!!

Con esta canción desexámosvos o mellor aniversario!! 

Apertiñas festeiras!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aniversarios do terceiro trimestre e do verán!!

    Ola peques e familias!!! Este trimestre celebramos na aula varios ANIVERSARIOS!! En todos eles o/a protagonista pon un gorriño chulísimo...