10 xuño 2026

Obradoiro cun medio de transporte!!

 Ola peques e familias!! 

Que sorte tivemos de que un medio de transporte entrara no noso patio!! 

Visitounos o pai de Lucas que é TAXISTA!!

 Explicounos moitas cousiñas interesantes sobre esta profesión como os servizos que ofrecía, a importancia dela, o tipo de medio de transporte...

...pero o que máis nos apetecía 

era montarnos nel!! 

Despois invitounos a dar unha voltiña!! 

Ademais, explicounos todas as partes do taxi, como o taxímetro ou o significado das cores e signos que aparecen na pantalla exterior!! 

Tiña ademais para nós un agasallo que nos encantou!! Unha goma de borrar que simulaba un mando do coche real!! 

Nós pedímoslle axuda para clasificar a súa profesión e decidimos que ofrecía un SERVIZO!!

 Ao rematar, entregámoslle o seu merecido DIPLOMA!! 

Moitas grazas polo emocionante obradoiro e por tantas aprendizaxes!! 

Apertiñas conductoras!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Obradoiro cun medio de transporte!!

 Ola peques e familias!!  Que sorte tivemos de que un medio de transporte entrara no noso patio!!  Visitounos o pai de Lucas que é TAXISTA !...