domingo, 24 de decembro de 2023

Festa de Nadal!!

Ola peques e familias!! 

E sen case darnos conta... chegou o último día do trimestre cun montón de emocións e FESTA incluída!! Estabamos tan elegantes que fixemos miles de fotos só chegar!! 

Sacando a nosa vea máis DIVERTIDA

e CHULITA no photocall!!

Despois a mestra propúxonos deseñar os nosos propios MANTEIS NAVIDEÑOS para a FESTA!! Encantounos a idea!! A TROULEAR!! 

*Estade atent@s que, ademais de nos manteis, o ELFIÑO andará por algunha fotiño seguro!!*

Tamén nos visitaron os padriños e madriñas lectoras de 5º e... os REIS MAGOS de sorpresa!! Vaia momento emocionante!! 

Logo tocaban as CAMPANADAS do fin de ano escolar!! Con...12 gusanitos!! 

E a CHOCOLATADA con rosca cos compis de 1ºB e todo o cole no patio!! Ummmmm!!

 Despois dun longo recreo... realizamos un FLASHMOOB precioso para as nosas familias!! Pasámolo pipa e quedounos chulísimo!!

(Nestes días mostrarémosvos os últimos OBRADOIROS do ano...)

FELICES FESTAS de parte 

d@s nen@s de 1º A!! 

Apertiñas festeiras!!

sábado, 23 de decembro de 2023

Última ronda de encargad@s!!

Ola peques e familias!! 

Rematou o primeiro trimestre e con el a terceira ronda de encargad@s!! Como estabamos traballando a familia introducimos unha actividade sobre isto!!


Cada día @ encargad@ presentaba á súa practicando as relacións de parentesco en galego, superando a timidez para expresarnos en público e respectando os tempos de cada un/unha escoitando atentamente!! 

Sen olvidarnos do "SOL DA DATA" cos RETOS que nos presentaba a profe!! 

Xa van 68 días de cole xunt@s!! 

Como pasa o tempo!!

Que retos traerá a seguinte ronda de ENCARGAD@S?? Quedan uns diíñas para averigualo!! 

Apertiñas responsables!!

Canto traballamos este primeiro trimestre!!

Ola peques e familias!! 

Canto traballiño levamos nestas primeiras semaniñas de curso!! Nas matemáticas xa nos imos facendo expert@s!! 


Os AMIGOS DO 10 xa son os nosos amigos tamén!!

Respectando sempre o ritmo de cada un/unha... poden saír marabillas inesperadas coma estas!! 

O bingo encántanos e as festas das DECENAS tamén!! A dos 50 días foi algo especial!!

A escritura foi pouco a pouco avanzando dende os primeiros trazos, pasando polas maiúsculas e introducíndonos xa de cheo nas minúsculas!! 

Variando a temática e os materiais resulta máis motivador!!

E mirade que concentración coa lectura!!

Sempre con moito esforzo e co XOGO moi presente saen marabillosas aprendizaxes!!

Sen esquecernos de coidar o planeta comezando pola nosa aula!! Cada vez o facemos mellor e mellor!!

Apertiñas traballadoras!!

Chegou a PRIMAVERA!!

Ola peques e familias!!  A chegada da PRIMAVERA xa se comeza a notar en todos os RECUNCHIÑOS do cole!! Murais coloridos, gorras nos perchei...