18 xuño 2026

Merendola do noso hortiño!!

Ola peques e familias!! 

Xa fai un tempiño comezamos unha nova aventura nunha parceliña do HORTO ESCOLAR do cole!! Primeiro tocou preparar o terreo, conseguir as plantas e preparar todo para sementar!! 

Veunos xenial para coñecer máis MÁQUINAS MANUAIS e aprender sobre as PLANTAS e o MEDIO AMBIENTE!! 

As seguintes semanas seguimos coidando o terreo e regando!! 

Tocou entrenar a paciencia para ver algún froito pero pronto tivemos algún pementiño de Padrón e leitugas grandiñas!! 

Así que a mestra propúxonos seguir co proxecto "COCIÑEIROS/AS VIAXEIROS/AS" e facer unha MERENDOLA con elas para que todos/as as puideramos disfrutar!! Foi diferente, chea de cores, riquísima e moi saudable!!

Canto nos gusta merendar xuntos/as 

e comer rico!!

 Apertiñas saudables!!

1 comentario:

Un pouquiño de todo!!

Ola peques e familias!!  A primeira semana de curso sempre combina diferentes actividades!! Comezamos a introducirnos nalgún dos temas deste...