luns, 26 de febreiro de 2024

Festa da CENTENA!!!

Ola peques e familias!! 

Sen palabras nos quedamos coa SUPERCARTA que recibimos hoxe!! Escribírona AMARANTA, TRAVESIÑO E LIBRIA!! Os tres xuntos!! Era a primeira vez que isto acontecía polo que xa imaxinamos que sería algo IMPORTANTE!!

 Cando a leu o encargado entendimos todo!! Levamos 100 DÍAS DE COLE XUNTIÑ@S!!

 Cando chegamos de inglés esperábanos a GRAN SORPRESA!! Vaia FESTAZA nos tiñan preparada!! Alucinamos!! 

Ata LIBRIA se uniu cuns SUPERNÚMEROS!! 

Só hai que ver... e escoitar a nosa EMOCIÓN!!

 Comimos lambonadas que nos tiñan preparadas, completamos os nosos monedeiros que pasaron de ter 80 EUROS a 100!! E despois...a 200!! 

E recibimos uns CONTIÑOS moi especiais!!

 Estabamos tan felices que ata rematamos cunha CONGA tod@s xunt@s!! 

 100 DÍAS MOI ESPECIALES DE APRENDIZAXES E SORRISOS!! 100 DÍAS DE MOITAS EMOCIÓNS E SENTIMENTOS COMPARTIDOS!! 100 DÍAS DE TRABALLO EN EQUIPO CON VÓS, FAMILIAS!! 100 AGRADECEMENTOS QUE MERECEDES!! E 100 APERTAS PARA TOD@S!! 

E para despedirnos peques... contade en COMENTARIOS cales foron os momentos e aprendizaxes máis especiais para vós nestes días!! Familias podedes participar tamén!! Encantaranos ler todo na aula XUNT@S!! 

A SEGUIR ENCHENDO A NOSA MOCHILIÑA DE SORRISOS E APRENDIZAXES!! 

Apertiñas emocionadas!!

9 comentarios:

  1. Para min un momento especial en estos 100 días foi o primeiro día de clase. Pero todos os días aprendo moitas cousas e encántame compartilo cos meus compañeiros/as e profesores/as!Enma ❤️🎂👍💄🍖🥓🥩🍗🍔😍🐈‍⬛🐈👴🏻👵🏻😅👩‍🎨🎨

    ResponderEliminar
  2. 100 Días!🎉🥳 Que rápido pasaron!! Pero que tanto aprenderon estos nenos e nenas en 100 Días!! Eu quédome co gran equipo que formades todos xuntos e como momento especial o día que fun a ensinarlles o meu traballo como educadora en un centro de día e puidemos pasar unha mañá moi bonita cos maiores e cos nenos! Espero que se poida repetir máis veces!!! E Noraboa Alicia por ensinarlles sempre entre sorrisos!!😍🎉👏🥳

    ResponderEliminar
  3. E que tantas cousas foron aprendendo sempre con alegría 👏👏
    Estés 100 días son para darlle a noraboa a todo o equipo que formades 1A pero a profe tamen vale moito A POR OUTROS 1000 🏆🏆🏆
    A nai de Hugo

    ResponderEliminar
  4. Son Hugo gustoume moito aprender e xogar nestes 100 días. En este cole pasase moi ben. Chao 🤑🤑🤑🤑🤑🤑🤑🤑🤑🤑😸😺🌅🌈🌊🏝️🏖️☃️🌹🌷

    ResponderEliminar
  5. Para min o mellor destes 100 días é ver a Valentina ir contenta todos os días ao cole!!! Porque cando fãs as cousas con felicidad sempre saen moito mellor !!!! Gracias por todo!!! A por outros 100 días !!! Mamá de VALENTINA 🥰🥰🥰🥰

    ResponderEliminar
  6. O que máis me gustou nestes 100 días foi Samaín , a festa de navidad, as sorpresas do Elfiño Travesiño, as festas das decenas, a festa de Carnaval e sobre todo estar con tod@s os meus amigos de clase @s profes !!! Queroche profe Alicia , VALENTINA ❤️❤️❤️❤️❤️❤️

    ResponderEliminar
  7. O traballo de estos 100 días é exemplar pero eu quédome co momento baile de Vera que é bastante significativo da ilusión que levan os nenos a clase(está pa comela...) TEMOS SORTE DE CONTAR CONTIGO ALICIA.PARABÉNS.

    ResponderEliminar
  8. Que ben o pasei na festa da centena!!!Mía🦄🦄🦄🦄🎊🎊🎊🎊🥳🥳🥳🥳🥳🎂🎂🎂🍾🍾🍾🍾🍿🍿🍿🍿🍿

    ResponderEliminar
  9. Os meus días preferidos son, o día que apareceu o elfo e a Festa da centena.leo castro

    ResponderEliminar

O mundo das máquinas!!

Ola peques e familias!!  Seguindo co estudo do PASO DO TEMPO adentrámonos no cambio que sufriron as MÁQUINAS cos anos!!  E comezamos o seu ...