venres, 26 de abril de 2024

Chegou a PRIMAVERA!!

Ola peques e familias!! 
A chegada da PRIMAVERA xa se comeza a notar en todos os RECUNCHIÑOS do cole!! Murais coloridos, gorras nos percheiros...
As ESTACIÓNS pasan e nós seguimos traballando con elas o PASO DO TEMPO que podedes repasar nas seguintes entradas!!
Esta estación chega sempre cargadiña de FLORES e iso o noso ELFIÑO TRAVESIÑO sábeo ben!! Así que coa axuda de Martín e a súa nai argallou unha ACTIVIDADE DE CONVIVENCIA PRECIOSA!! A Martín chegoulle unha CARTA en verso na que lle contaba que lle deixaba unha plantiña para cada compi da aula para que a coidasen moito, moito!! 
Que mellor actividade que COIDAR DO MEDIO AMBIENTE e agasallarnos con ese COLORIDO?? Alucinamos!! 
Así que tocou poñernos MANS Á OBRA!! Eleximos as nosas plantiñas favoritas, puxémoslle o nome, colocámolas nun lugar soleado e aprendemos que coidados precisan para atendelas ben todos os diíñas!!
 Aproveitamos este estupendo AGASALLO para elaborar un textiño sobre a nosa plantiña e enchela de ADXECTIVOS POSITIVOS!! Despois tocou poñerlles un NOME PROPIO e debuxalas!! Unha mostra do traballado na libreta!! A esta plantiña puxéronlle Nora de nome, tocaia da nosa compi!!
UN ENORME AGRADECEMENTO para rematar!!
Pero o ELFIÑO tiña unha MISIÓN ARTÍSTICA OU DE AXUDA en cada casa!! Na seguinte entrada contarémosvos todiñas ata o de agora!! E tamén a gran SEMANA DO LIBRO que pasamos!! Aquí un adianto... 
Libria agradecerá moito que lle deixedes algún COMENTARIO!! Animádevos!!
Apertiñas primaverais!!

4 comentarios:

  1. Coloriño e calorciño nos trae a primaveira!!! Vamos a seguir traballando que co bò tempiño todo apetece!!! Nai de Valentina 🌺🌸🌼🌹💐🌷🌻🌺🌸🌼🌹💐🌷🌻🌺🌸🌼🌹💐🌷🌻

    ResponderEliminar
  2. Ola, son Hugo. Gustoume moito o regalo de Martín e o elfiño Travesiño. Temos que coidar todo as plantas para que crezcan, a miña que chamase Pedro. Ata mañaaaaá....... ❇️🌷🌸🌼💐🥀❇️🌷🌸🌼💐🥀

    ResponderEliminar
  3. En nada xa entramos no mes das flores, un dos meses mais bonitos cheo de cores e flores. RETO: que mes é?? A nai de Hugo 💐🏵️🌳🌹🍄🌷🌸💮🌻☘️🍃🌿🌱💗

    ResponderEliminar
  4. Hola son Enma,encántanme a Miña pranta, hai que regala moito porque suele estar moi seca.chao.🌺🌺🌺🌺🌺🌺🌺💋🥰💐🌷🪷🌷🪷💐🌷🪷💐

    ResponderEliminar

O mundo das máquinas!!

Ola peques e familias!!  Seguindo co estudo do PASO DO TEMPO adentrámonos no cambio que sufriron as MÁQUINAS cos anos!!  E comezamos o seu ...