25 marzo 2026

Encántanos o sistema solar!!

 Ola peques e familias!! 

Levamos uns días aprendendo máis sobre o SISTEMA SOLAR e nos está encantando!! O primeiro que fixemos foi representar nós mesmos/as os movementos da TERRA, O SOL E A LÚA!! Esta actividade incluía poñernos de acordo en cal seriamos cada un/unha e, aínda que en ocasións non foi sinxelo, conseguimos poñernos de acordo para a representación!!

Foi moi divertido e aclaratorio!! E tamén moi interesante ver como se axustaban velocidades e traxectorias mediante a observación dos compañeiros/as!!

Despois creamos por equipos os nosos propios sistemas solares con PLASTILINA!! 

Había que tomar moitas decisións en común tanto para o reparto de planetas, a colocación dos mesmos... o cal require de moito diálogo e práctica!! 

Ao final conseguimos poñernos de acordo e obtivemos estes resultados tan chulos!! 

Ademais, na aula a HORA DE LER continúa sendo das nosas favoritas!! Estes días entre os contos máis lidos foron os do ESPAZO que nos trouxo a profe da biblio!! 

Pero tamén continuamos lendo REVISTAS, contos sobre o 100 ou que traen os compis da casa, atlas e outros interesantes que temos na aula!! 




É incrible e preciosa a motivación pola lectura na nosa aula!! 

Apertiñas lectoras!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Encántanos o sistema solar!!

 Ola peques e familias!!  Levamos uns días aprendendo máis sobre o SISTEMA SOLAR e nos está encantando!! O primeiro que fixemos foi represen...