venres, 14 de abril de 2023

Comezamos trimestre e novas aprendizaxes con el!!

 Ola peques e familias!! 
Comezamos novo trimestre 
e con el, novos temas!!
Un deles é a PAISAXE!! 

O primeiro paso foi investigar na nosa localidade descubrindo que a "PRAZA DO REGUEIRO" onde está o parque novo que tanto nos gusta...era unha PRAIA!! 

Aquí podedes saber máis!! 

PRAZA DO REGUEIRO

Tamén sabemos que temos unha gran sorte de contar cun PARQUE NATURAL PROTEXIDO!! Sabedes cal é??

CARREIRÓN


Coñecemos ELEMENTOS e 
TIPOS DE PAISAXES que imos a 
repasar con estes vídeos!! 


E agora...a XOGAR!!

Tamén demos comezo 
ao tema das MÁQUINAS!! 


Primeiro un vídeo... 
TIPOS DE MÁQUINAS
e despois un OBRADOIRO moi especial 
coa axuda do profe Javi!!

 Introducímonos no mundo da ROBÓTICA!! 

Unhas MÁQUINAS COMPOSTAS 
moi divertidas e útiles se se utilizan ben e se lemos con atención! 

Pasámolo pipa á vez que a nosa 
cabeciña tivo que funcionar a tope 
para PROGRAMAR!! 

Despois coñecemos a un ROBOT 
chamado ALEX!! 

Precisamos nalgunhas ocasións 
poñernos no seu lugar para 
conseguir os RETOS!! 


A XOGAR!!
MÁQUINAS SIMPLES 1
MÁQUINAS SIMPLES 2
MÁQUINA COMPUESTA 1
MÁQUINA COMPUESTA 2
E agora a investigar!! 
Escribide en comentarios unha 
LISTA de MÁQUINAS que haxa 
polas vosas casiñas!!  


E non olvidedes a INVESTIGACIÓN 
da entrada do LAPIS!!


Apertiñas robóticas!!

4 comentarios:

  1. Ola son Emma, na miña casa hai tres máquinas: unha impresora, un ordenador e unha radio. Apertiñas!

    ResponderEliminar
  2. OLA!! Son Sira J. Na miña casa hai MOITAS máquinas,4 exemplos: lavadora, coche telederijido, teléfono fijo e a miña aspiradora trudi. APERTIÑAS!!🚗💗☎💓💖🧡💛💚💙💜

    ResponderEliminar
  3. Ola, son Óscar. Na miña casa hai: forno, televisión, rodas da silla do escritorio e interruptor. Apertiñas.

    ResponderEliminar
  4. Ola son Martín, na miña casa hai moitas máquinas, por exemplo: báscula, forno, lavadora, televisor, ordenador.... Apertiñas!!😁☎️📱🎛🎹🎸

    ResponderEliminar

O mundo das máquinas!!

Ola peques e familias!!  Seguindo co estudo do PASO DO TEMPO adentrámonos no cambio que sufriron as MÁQUINAS cos anos!!  E comezamos o seu ...