mércores, 25 de xaneiro de 2023

De agasallo unha COLECCIÓN DE LIBROS!!

 Ola peques e familias!! 
A principios de semana tivemos dúas EMOCIÓNS á vez ao chegar á aula!! Primeiro...mirade que nos atopamos!!


Dúas notiñas de LIBRIA nas que se amosaba moi triste!! Entendemos perfectamente por que....a BIBLIO DE AULA quedara moi desordeada!! Pronto nos puxemos MANS Á OBRA!! A nós tampouco nos gusta vela así, está claro que foi un despiste que esperamos que non volva a pasar!! Sobre todo...polas cousiñas tan chulas que nos prepara LIBRIA!! Non podemos fallarlle!! Porque...a pesar diso, mirade, mirade!!

Esta vez Amaranta e @s nos@s amiguiñ@s do MAR encabezad@s por LIBRIA si que nos prepararon unha gran SORPRESA para darnos unha PISTA!! 

Prestáronnos unha COLECCIÓN 
de libros da biblioteca chulísimos!! 
Un para cada un!! 



Tiñan pinta de moi divertidos!! 
E en poesía co que nos gusta!! 
Como nos coñecen!! 

Así que non tardamos en ir á BIBLIO a INVESTIGAR LENDO ou a LER INVESTIGANDO!! 
Primeiro...nós sós!! Individual, en parella, en grupo....
Tocou buscar as PISTAS: 
OLLOS e un ZAPATO e descubrir a súa COR!!



Despois compartindo o DESCUBERTO!! 
Xa tiñamos un montón de DATOS!! 
E criamos que a SOLUCIÓN a esa COR... 

Pero tocaba LER!! 
Seguro que descubriamos máis cousas á vez que nos divertiamos APRENDENDO!! 

E así foi!! Vaia LIBRO máis divertido!! Non paraba de xogar coas LETRAS como dicía o seu TÍTULO!! Mirade, mirade!!

 

Finalmente, decidimos facer un ESQUEMIÑA coas PISTAS que tiñamos!! 

E chegamos a un RAZOAMENTO que tiña toooodo o sentido!! Non credes familias??

 E por se non fose suficiente, mirade como apareceu hoxe a nosa aula!! Cachiños de plásticos transparentes e cartolinas AZUIS (Fixámonos que reutilizado todo, por certo!!) 

Isto máis todo o que aprendemos na SAÍDA á aula de interpretación do marisqueo: "O canto do mar" da OPP20 fixo que estivesemos bastante seguros de que podía ser a AUGA!! 



Agora só nos queda esperar a ver se acertamos!! 
Apertiñas investigadoras!!


4 comentarios:

  1. Ola, son Óscar. Gustoume moito a saída máis a investigación. Apertiñas.

    ResponderEliminar
  2. Ola,son Mariña. Encantoume a saida e a investigación, moitas apertas.

    ResponderEliminar
  3. OLA,SON ALMA E ENCAAAAAAAAAAAAAAAAAA AATOUME A SAIDA UN SAUDO ALMA

    ResponderEliminar
  4. Olaaaa. Son Sira J. Encantoume moooooooootíisimo a saída e tamén a investigación. A ver se o adiviñamos! Quen será????🤔🤔 Mooítisimas apertiñas. Sira J😶😲👀.

    ResponderEliminar

O mundo das máquinas!!

Ola peques e familias!!  Seguindo co estudo do PASO DO TEMPO adentrámonos no cambio que sufriron as MÁQUINAS cos anos!!  E comezamos o seu ...